Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Federico I, tamén coñecido como Federico Barbarroxa, nado en 1122 e finado en Anatolia en 1190, foi elixido rei de Alemaña o 4 de marzo de 1152 en sucesión do seu tío Conrado III, e coroado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1155.
Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1122 |
Weingarten | |
Falecemento | 10 de xuño de 1190 |
Silifke | |
Causa | afogamento |
Soterrado | Espenuca de San Pedro |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político |
Pai | Federico II de Suabia |
Nai | Xudite de Baviera |
Cónxuxe | Adelaida de Vohburg e Beatriz de Borgoña |
Fillos | Filipe de Suabia, Henrique VI, Federico V de Suabia, Federico VI de Suabia, Conrado II de Suabia, Otón I de Borgoña e Beatrice Schwäbische |
Irmáns | Xudite de Hohenstaufen, Berta, duquesa de Lorena, Luitgard van Schwaben e Conrado de Hohenstaufen |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ademais, foi duque de Suabia (Federico III, 1147 - 1190).
TraxectoriaEditar
Fillo de Federico de Hohenstaufen, duque de Suabia, e de Judith de Baviera, da dinastía rival dos Güelfos, Federico era o herdeiro dunha das principais familias de Alemaña, sendo un candidato aceptable para os príncipes electores do Sacro Imperio.
Fixo seis expedicións a Italia; na primeira, foi coroado emperador do Sacro Imperio en Roma polo papa Hadrián IV, despois de obter o control da cidade republicana dirixida por Arnold de Brescia. Por esta causa as relacións entre o emperador e o papa degradáronse, culminando o conflito coa derrota de Federico na batalla de Legnano, preto de Milán, pola Liga lombarda das cidades do norte de Italia.
Despois de facer as paces co papa Alexandre III, Federico embarcou para as cruzadas (1189) con Filipe II de Francia e Ricardo I de Inglaterra (Ricardo Corazón de León). Afogaría atravesando o río Saleph, en Silicia, no sur de Anatolia.
O seu fillo Henrique VI sucedeuno como rei de romanos e emperador do Sacro Imperio.
LendaEditar
Frederico é o protagonista dunha lenda de heroes dormentes, que di que non está morto, senón adormecido cos seus cabaleiros nunha cova nas montañas de Kyffhäuser, en Turinxia (Alemaña), e que cando os corvos deixen de voar ó redor da montaña el acordará e restablecerá a antiga grandeza de Alemaña. Segundo a historia a súa barba roxa empuxaba a mesa ata onde el estaba sentado. Os seus ollos están medio abertos no seu soño, pero de cando en cando envía un rapaz a ver se os corvos deixaron xa de voar.
Na posteridadeEditar
A invasión alemá da Unión Soviética en 1941 recibiu o nome clave de Operación Barbarroxa, en recordo de Frederico I.
Predecesor: Conrado III |
Rei de romanos 1152 - 1155 |
Sucesor: Henrique VI |
Predecesor: Lotario II |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 1155 - 1190 |
Sucesor: Henrique VI |
Predecesor: Federico II |
Duque de Suabia 1147 – 1152 |
Sucesor: Federico IV |
Predecesor: Beatriz I |
Conde de Borgoña 1156 – 1190 |
Sucesor: Otón I |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico |
BibliografíaEditar
- Cardini, Franco (1987): Barbarroja: vida, triunfos e ilusiones de un emperador medieval. Edicions 62. ISBN 978-84-297-2533-9.
- Cardini, Franco e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
- Engels, Odilo (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Hauptseite der Regesta Imperii Friedrichs I (en alemán).
- Die Gelnhäuser Urkunde (Ed. Stuart Jenks ) (Belehnung des Kölner Erzbischofs mit dem Herzogtum Westfalen-Engern 1180) (en alemán).
- Federico I (Barbarossa) (en italiano), (en francés), (en alemán).