Federación de Peñas do Deportivo

A Federación de Peñas do Deportivo é unha organización que pretende aglutinar ao maior número posíbel de peñas de seareiros do Deportivo da Coruña.

Organización e actualidade editar

Na actualidade conta con máis de 90 peñas federadas. Ten a súa sede nos baixos do Estadio Municipal de Riazor e conta con peñas delegadas en toda a Galiza, Europa e prevé facelo tamén en América.

A federación colaborou activamente en diversos congresos de peñas coma os organizados polas peñas 2Mil6 de Negreira e Bodipo Casa Freire de Soñeiro-Sada. Tamén organizou as dúas edicións do Feirón Branquiazul celebrados no O Burgo en 2007 e 2008, os distintivos de Honra (Insignias de Ouro e Prata), así como a I Asemblea de Peñas Federadas (2006) e unha II Asemblea (2008).

Directiva editar

  • Presidencia: Luis Alberto Martínez (Peña La Cuesta)
  • Vicepresidencia: Iván Beceiro (Peña Mazaricos)
  • Secretaría: Anita Guerra (Peña Chamberí Branquiazul)
  • Vicesecretaría: Francisco Fraga (Peña Burela)
  • Tesoureiría: Nidia Feal (Peña Bodipo)
  • Vogalía: José Manuel García Roel (Peña Caña Derbas)
  • Colaborador: Adrián Valcárcel (Peña Noroeste Turco)

Peñas delegadas:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar