Faba de Lourenzá
A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.
Características
editarO seu cultivo está favorecido pola climatoloxía continental da zona, con choivas abundantes (1.200 - 1.400 mm ao ano) e temperaturas suaves (12 a 14 °C anuais). Na zona predominan os solos francos e franco-lamacentos, con valores de acidez cun pH de entre 7 e 5.
Historia
editarA vida económica da zona estivo determinada pola celebración periódica de feiras de gando e produtos agrícolas, os días 9 e 28 de cada mes. O mercado de fabas de Lourenzá está documentado dende o século XVIII[1].
Nas décadas de 1970 e 1980, debido á decadencia do sector lácteo, déuselle pulo á produción da faba e do liño, dada a estacionalidade destes cultivos (duran 6 meses). Desde 1990, ano da creación da festa da faba, cobrou especial relevancia o mercado de fabas por xunto entre outubro e xaneiro. Este mercado consolidouse a comezos do século XXI, acadándose as 600 toneladas de transacción anual.
O concello de Lourenzá fomentou a profesionalización do sector coa construción da Lonxa de Horta, Flor e Faba.
No ano 2000 a Xunta de Galicia apoiou a aprobación da denominación de orixe protexida para as fabas cultivadas na Mariña lucense. O distintivo, á espera da aprobación do Ministerio de Agricultura de España e do departamento correspondente da Unión Europea, abranguirá a leguminosa producida nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Variedades
editarNa actualidade hai dúas variedades principais: a Faba Galaica e a Faba do Marisco, as dúas pertencentes á especie Phaseolus vulgaris L..
Enfermidades
editarO cultivo da faba pode verse afectado por diversas pragas (mosca da semente, pulgóns e gurgullos, que poden chegar a estragar a colleita enteira) e enfermidades (fungos).
Notas
editar- ↑ A produción agrícola é do máis vario e selecto, como corresponde a un terreo tan fértil e ameno. Dende as plantas tropicais ata as propias de climas temperados, e aínda fríos, todo se cultiva aquí, podendo sen esaxeración afirmarse que é o val de Lourenzá o xardín da provincia (...); que en 1787 existían (...) fanegas de fabas (...). Arquivo de Xeografía Xeral do Reino de Galicia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Centro de interpretación da faba de Lourenzá Arquivado 02 de marzo de 2011 en Wayback Machine.