A euxenita[1] ou euxenita-(Y)[2] —o seu correcto nome mineralóxico— é a forma mineral dun óxido múltiple de fórmula química (Y,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6. O seu nome provén do grego εὔξενος ("hospitalario"), en alusión ao gran número de elementos raros que contén.

Euxenita
Fórmula químicaY,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6
Clase4.DG.05 (Óxido)
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorNegra, marrón, verde oliva
BrilloGraxo, aceitoso
Dureza6,5 (escala de Mohs)
FracturaConcoidea, sub-concoide
ExfoliaciónNingunha
RaiaMarrón arroibada
Densidade5,3 a 5,9 g/cm3

Propiedades editar

De cor variable, que vai da negro á verde oliva, a euxenita é un mineral de brillo graxo ou aceitoso que cristaliza no sistema ortorrómbico. Ten dureza 6,5 na escala de Mohs, comparable á da pirita.

Na súa composición son elementos esenciais, ademais do osíxeno, o itrio e o niobio; o contido deste último é do 33,16 %. A euxenita tamén inclúe elementos como calcio, tántalo, cerio e titanio, sendo a súa fórmula empírica Y0.7Ca0.2Ce0.12(Ta0.2)2(Nb0.7)2(Ti0.1)O6. En menor medida pode conter uranio e torio, sendo un mineral altamente radioactivo.

É soluble en ácido fluorhídrico e ácido sulfúrico e disólvese facilmente en hidróxido potásico. Cando se quenta non funde, pero crepita e brilla.

Morfoloxía e formación editar

A euxenita pode presentar morfoloxía granular ou masiva; neste último caso, os cristais, uniformemente indistinguibles, forman grandes masas. Pode sufrir o proceso de metamictización, coa que se destruiría a estrutura cristalina como consecuencia do dano producido por radiación. Atópase en pegmatitas graníticas e en areas negras detríticas.

Depósitos editar

Os depósitos son escasos, localizándose o tipo nomenclatural en Jølster (Sogn og Fjordane, Noruega). Neste mesmo país existen depósitos en Kragerø (Telemark), na illa de Hidra (Vest-Agder) e en Evje og Horness e Iveland (Aust-Agder). Fóra de Europa caben destacar os depósitos que hai en Madagascar —en Ankazobe (Atananarivo)— así como nos Estados Unidos —en Arizona, Colorado, Idaho e Wyoming—.

Outros óxidos editar

Outros óxidos importantes son a casiterita e a magnetita.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. "euxenita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 
  2. "euxenita-(Y)". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.