Eurovision: Europe Shine a Light

Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.

Eurovision: Europe Shine a Light
Datas
Final 16 de maio de 2020
Anfitrión
Presentador(es) Chantal Janzen
Edsilia Rombley
Jan Smit
NikkieTutorials
Televisión anfitrioa

O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]


Antecedentes editar

Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.

Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).

Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.

Formato editar

 
Os presentadores previstos para o Festival de Eurovisión 2020, Chantal Janzen, Jan Smit e Edsilia Rombley.

Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]

Localización editar

O 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]

Contidos editar

Actuacións editar

O programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]

Orde País Artista Canción Lingua Localización
01   Irlanda Johnny Logan «What's Another Year?» Inglés Dublín
  Países Baixos Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit Studio 21, Hilversum
Varios países Seguidores do Festival de Eurovisión Varias localizacións
02   Suecia Måns Zelmerlöw «Heroes» Inglés Londres
03   Israel Gali Atari (de Milk & Honey) «Hallelujah» Hebreo, inglés e neerlandés Xerusalén
  Países Baixos Mannes Bakker, 6Times, Remix, Max & Anne, Moves, Kiya van Rossum, Matheu Hinzen e Anna Grigorian (finalistas de Junior Songfestival 2018 e 2019) Varias localizacións
04   Italia Diodato «Nel blu dipinto di blu» Italiano Milán
05   Serbia Marija Šerifović «Molitva» Serbio Belgrado
06   Países Baixos Orquestra Filharmónica de Rotterdam «Love Shine a Light»
(instrumental)
Varias localizacións
07   Alemaña Michael Schulte «Ein bißchen Frieden» Alemán Palacio da Paz, A Haia
  Países Baixos Ilse DeLange(de The Common Linnets)
08   Israel Netta «Cuckoo» Inglés Tel Aviv
09   Países Baixos Duncan Laurence «Someone Else» Inglés Studio 21, Hilversum
10 Todos os países participantes
(excepto   Bélxica)
Artistas de Eurovisión 2020 (excepto Hooverphonic) «Love Shine a Light» Inglés Varias localizacións
Katrina Leskanich (de Katrina & The Waves)

Mostra das cancións de 2020 editar

O programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:

# País Intérprete(s) Canción
Primeiro bloque
01   Israel Eden Alene «Feker Libi»
02   Noruega Ulrikke «Attention»
03   Rusia Little Big «Uno»
04   Xeorxia Tornike Kipiani «Take Me As I Am»
05   Francia Tom Leeb «Mon Alliée (The Best In Me)»
06   Acerbaixán Efendi «Cleopatra»
07   Portugal Elisa Silva «Medo de Sentir»
08   Lituania The Roop «On Fire»
09   Suecia The Mamas «Move»
Segundo bloque
01   Letonia Samanta Tīna «Still Breathing»
02   Bélxica Hooverphonic «Release Me»
03   Reino Unido James Newman «My Last Breath»
04   Belarús VAL «Da Vidna»
05   Finlandia Aksel Kankaanranta «Looking Back»
06   Macedonia do Norte Vasil «You»
07   Suíza Gjon's Tears «Répondez-moi»
08   Serbia Hurricane «Hasta La Vista»
Terceiro bloque
01   España Blas Cantó «Universo»
02   Albania Arilena Ara «Fall From The Sky»
03   Irlanda Lesley Roy «Story Of My Life»
04   Eslovenia Ana Soklič «Voda»
05   Austria Vincent Bueno «Alive»
06   Bulgaria Victoria Georgieva «Tears Getting Sober»
07   San Marino Senhit «Freaky!»
08   Islandia Daði & Gagnamagnið «Think About Things»
Cuarto bloque
01   Grecia Stefania Liberakakis «Superg!rl»
02   República Checa Benny Cristo «Kemama»
03   Polonia Alicja Szemplińska «Empires»
04   Moldavia Natalia Gordienko «Prison»
05   Chipre Sandro «Running»
06   Romanía Roxen «Alcohol You»
07   Croacia Damir Kedžo «Divlji vjetre»
08   Alemaña Ben Dolic «Violent Thing»
Quinto bloque
01   Malta Destiny «All Of My Love»
02   Estonia Uku Suviste «What Love Is»
03   Australia Montaigne «Don't Break Me»
04   Ucraína Go_A «Solovey»
05   Dinamarca Ben & Tan «Yes»
06   Italia Diodato «Fai Rumore»
07   Armenia Athena Manoukian «Chains On You»
08   Países Baixos Jeangu Macrooy «Grow»

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Granger, Anthony (1 de abril de 2020). "Eurovision: Europe Shine a Light To Be Broadcast Live From Hilversum". Eurovoix (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. "Eurovision: Europe Shine A Light will bring audiences together on 16 May". Eurovision.tv. 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  3. "European Broadcasting Union Announces 'Eurovision: Europe Shine a Light'". Eurovoix (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  4. Muldoon, Padraig (7 de abril de 2020). "2020 Acts To Sing "Love Shine A Light" At Eurovision: Europe Shine A Light". Wiwibloggs. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  5. "Oproep: Eurovision sing-a-long met Johnny Logan's 'What's Another Year'". Songfestival.nl (en neerlandés). 8 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  6. "Hilversum 1958". Eurovision.tv. 
  7. https://escxtra.com/2020/05/06/guests-europe-shine-a-light/

Véxase tamén editar

Outros artigos editar