Eurovisión (rede)
Eurovisión é unha rede iniciada no 1954 que forma parte da Unión Europea de Radiodifusión, xurdida á súa vez no 1950 como un sistema de cooperación internacional de radiodifusión. A rede de Eurovisión foi creada co propósito de intercambiar programas de televisión e, como consecuencia, retransmisións de noticias a través do Eurovision news exchange.
Eurovisión | |
---|---|
Tipo | emisora de televisión |
Data de fundación | 1954 |
Sede | Xenebra |
Na rede | |
http://www.eurovision.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actividades
editarAs principais actividades que realiza a rede de Eurovisión son:
- O intercambio de información entre as distintas cadeas de TV e radio.
- A negociación dos dereitos de retransmisión de eventos deportivos.
- A organización e a retransmisión dos eventos deportivos e culturais, así como do Festival da Canción de Eurovisión.