Eurovision Song Contest's Greatest Hits

O Eurovision Song Contest's Greatest Hits (en galego, Os Grandes Éxitos do Festival da Canción de Eurovisión) foi un espectáculo televisado para conmemorar o 60.º aniversario do Festival de Eurovisión, celebrado na sala Eventim Apollo de Londres, Reino Unido o 31 de marzo de 2015.[1][2]

Eurovision Song Contest's Greatest Hits
Hammersmith Apollo 02.JPG
Datas
Final 31 de marzo de 2015
Anfitrión
Lugar Eventim Apollo
Flag of the United Kingdom.svg Londres, Reino Unido
Presentador(es) Petra Mede
Graham Norton
Supervisor executivo Flag of Norway.svg Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa BBC.svg
Participantes
Participantes 15 artistas
Votacións
Sistema de votación Non é competitivo

A televisión anfitrioa foi a BBC, da man da UER. Os presentadores da gala foron a sueca Petra Mede (presentadora do Festival de Eurovisión 2013) e o irlandés Graham Norton (comentarista de Eurovisión para a BBC desde 2009).[1]

Na gala-concerto actuaron artistas destacados da historia do Festival de Eurovisión.[1] O evento tivo como precedente a gala celebrada en Copenhaguen en 2005 con motivo do 50º Aniversario, Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest, aínda que nesta ocasión tivo un formato distinto, sen votacións.

ParticipantesEditar

Participaron os seguintes quince artistas na gala:[1][3][4][5]

País Ano (Resultado) Artista Canción na gala
  Luxemburgo 1973 (Gañador) Anne-Marie David "Tu te reconnaîtras"
  Reino Unido 1976 (Gañador) Brotherhood of Man "Save Your Kisses for Me"
  Irlanda 1980 (Gañador)
1987 (Gañador)
Johnny Logan "What's Another Year?" e
"Hold Me Now (popurrí)
  Alemaña 1982 (Gañador) Nicole "Ein bißchen Frieden"
  Suecia 1984 (Gañador) Herreys "Diggi-Loo Diggi-Ley"
  Israel 1998 (Gañador) Dana International "Diva"
  Dinamarca 2000 (Gañador) Olsen Brothers "Fly on the Wings of Love"
  Francia 2001 (4º) Natasha Saint-Pier "Je n'ai que mon âme"
  España 2002 (7º) Rosa López Popurrí de cancións de España
  Finlandia 2006 (Gañador) Lordi "Hard Rock Hallelujah"
  Noruega 1985 (Gañador) Bobbysocks! "La det swinge"
  Rusia 2006 (2º)
2008 (Gañador)
Dima Bilán "Never Let You Go" e
"Believe" (popurrí)
  Suecia 2012 (Gañador) Loreen "Euphoria"
  Dinamarca 2013 (Gañador) Emmelie de Forest "Only Teardrops"
  Austria 2014 (Gañador) Conchita Wurst "Rise Like a Phoenix"

Retransmisión e comentaristasEditar

As seguintes canles retransmitiron o evento ben en directo ou en diferido:[1]

Data de emisión País Canal de televisión Comentarista(s)
3 de abril de 2015   Irlanda RTÉ2 Sen comentaristas
  Reino Unido BBC One
4 de abril de 2015   Bélxica
(en flamenco)
één Peter Van de Veire
  Islandia RÚV Sen comentaristas
  Noruega NRK1
  Finlandia
(en sueco)
YLE Fem Sarah Dawn Finer e Christer Björkman
  Suecia SVT 1 e SVT World
5 de abril de 2015   Albania RTSH Sen comentaristas
  Rusia C1R
  San Marino SMRTV
11 de abril de 2015   Finlandia
(en finés)
YLE TV2
  Israel Canal 1
12 de abril de 2015   Romanía TVR
13 de abril de 2015   Bulgaria BNT 1
25 de abril de 2015   Letonia LTV1 Aigars Rozenbergs
26 de abril de 2015   Portugal RTP1 Júlio Isidro
2 de mayo de 2015   Eslovenia RTVSLO Sen comentaristas
12 de maio de 2015   Bélxica
(en francés)
La Une Jean-Louis Lahaye e Maureen Louys
16 de maio de 2015   Dinamarca DR1 Ole Tøpholm
  Alemaña NDR E MDR Peter Urban
  Grecia NERIT subtítulos en grego
  Romanía TVR1 Sen comentaristas
17 de maio de 2015   Austria ORF eins Andi Knoll
19 de maio de 2015   Suíza SRF zwei (parte 1) Sen comentaristas
20 de maio de 2015   Francia France 2 Natasha Saint-Pier
21 de maio de 2015   Suíza SRF zwei (parte 2) Sen comentaristas
  Australia SBS
22 de maio de 2015   Estonia ETV
  Alemaña EinsFestival Peter Urban
23 de maio de 2015   España La 1 José María Íñigo e Julia Varela
  Serbia RTS Sen comentaristas

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar