Soutomaior

concello da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°19′58.8″N 8°34′1.2″O / 42.333000, -8.567000

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Soutomaior
Bandeira de Soutomaior
Escudo de Soutomaior
Situación
Xentilicio[1]soutomaiorense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación7.603 hab. (2023)[2][3]
Área25,0 km²[3]
Densidade304,12 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias[4]
Capital do concelloSoutomaior
Política (2023 [5])
AlcaldeManuel Lourenzo Sobral (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Soutomaior
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes41,61%
Na rede
https://www.soutomaior.gal/
Facebook: ConcellodeSoutomaior Twitter: Soutomaior_ofi Instagram: concellodesoutomaior_oficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Poboación editar

Censo Total (Habitantes) 7.482 (2021)
Menores de 15 anos 1.180 (15,77 %)
Entre 15 e 64 anos 4.926 (65.84 %)
Maiores de 64 anos 1.376 (18.39 %)

Xeografía editar

Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía editar

Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.

Historia editar

A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio editar

O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[8].

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
-Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)
Castelao: "Manter un animal para comelo" (Cousas)

.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Soutomaior

Arcade (Santiago) | Soutomaior (San Salvador)

Lugares de Soutomaior editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Soutomaior".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007

Véxase tamén editar