Son (partido político)

SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida[1] para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.

A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais[2].

As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.

Nas eleccións municipais de 2019 concorreu de novo baixo a marca "Son-En Común".

Resultados obtidos polas candidaturas adscritas editar

Tras as eleccións de maio do ano 2015, as candidaturas coaligadas a SON acadaron as alcaldías de Cangas, Ferrol, Manzaneda, Teo e Val do Dubra, á cal se lle sumou Mugardos tras unha moción de censura en agosto de 2016. A suma de votos recibidos por estas candidaturas foi de 53.205, representando o 3,61% dos votos válidos.

Candidatura Votos % Concelleiros Concello
Son de Abegondo-Foro Veciñal 212 6,34%
1 / 13
Abegondo
Son de Ares 262 7,9%
1 / 13
Ares
Son de Arteixo-ANOVA 621 4,44%
0 / 21
Arteixo
Esquerda Unida-SON 680 11,23%
2 / 17
Baiona
Alternativa para Beariz-SON 70 12,28%
1 / 9
Beariz
Son de Bergondo-ANOVA 599 16,3%
2 / 13
Bergondo
Betanzos Novo-SON 1002 14,58%
2 / 17
Betanzos
Xuntos por Boborás-SON 179 11,42%
1 / 11
Boborás
Boiro Novo-SON 927 9,71%
1 / 17
Boiro
Asemblea Cidadá Bueu-SON 342 5,6%
1 / 17
Bueu
Asemblea Cidadá de Cambre-SON 1271 11,83%
2 / 21
Cambre
Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON 2268 17,14%
4 / 21
Cangas
Alternativa Veciñal do Carballiño-SON 471 6,06%
1 / 17
O Carballiño
Son Carballo 188 1,18%
0 / 21
Carballo
Asemblea Cidadá de Carral-SON 413 12,41%
1 / 13
Carral
Ferrol en Común-SON 7142 21,98%
6 / 25
Ferrol
Esquerda Unida-SON 831 14,11%
2 / 17
O Grove
Esquerda Unida-SON 190 5,68%
0 / 13
A Illa de Arousa
Fai O Irixo-SON 134 11,87%
1 / 9
O Irixo
Son D'aquí 176 4,8%
0 / 13
Malpica de Bergantiños
Son de Manzaneda-ANOVA 485 64,07%
5 / 7
Manzaneda
Marea Veciñal de Marín-SON 1570 13,06%
3 / 21
Marín
Esquerda Unida-SON 212 2,07%
0 / 17
Monforte de Lemos
GañaMos Asemblea Veciñal-SON 1954 22,77%
4 / 17
Mos
Esquerda Unida-SON 614 20,75%
3 / 13
Mugardos
Nigrán Decide-SON 880 10,1%
2 / 17
Nigrán
Son de Oroso-ANOVA 436 10,61%
1 / 13
Oroso
Son de Pereiro de Aguiar 278 8,06%
1 / 13
O Pereiro de Aguiar
Son de Trives 182 12,5%
1 / 11
A Pobra de Trives
Son de Poio 328 3,99%
0 / 17
Poio
Esquerda Unida-SON 586 5,26%
1 / 21
Ponteareas
Agrupación Pondaliana Independente-SON Ponteceso 481 13,98%
2 / 13
Ponteceso
Esquerda Unida-SON 697 6,79%
1 / 17
O Porriño
Son Redondela 320 2,01%
0 / 21
Redondela
Rianxo en Común-SON 695 11,04%
2 / 17
Rianxo
Son de Teo-ANOVA 3651 38,68%
7 / 17
Teo
Son de Toén-ANOVA 168 10,77%
1 / 11
Toén
Son de Tui 741 7,88%
1 / 17
Tui
Son de Val do Dubra-ANOVA 1048 43,2%
5 / 11
Val do Dubra
Son de Verín 311 4,46%
0 / 17
Verín
Marea de Vigo-SON 16227 11,5%
3 / 27
Vigo
Esquerda Unida-SON 2820 15,51%
3 / 21
Vilagarcía de Arousa
Son Viveiro 543 6,42%
1 / 17
Viveiro

En 2019 lograron as alcaldías de Cangas, Mugardos e Teo, se ben perderon a de Mugardos nunha moción de censura en novembro de 2019.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar