Peking Express é un programa de telerealidade creado en Bélxica e os Países Baixos e que ten versións noutros países como Alemaña, Dinamarca, España, Francia, Noruega ou Suecia. Este concurso é á súa vez unha versión do formato orixinal The amazing race, adaptado para non ser acusado de plaxio. En Marrocos, a canle 2M fixo a súa propia versión chamada Dakar-Fez Express, que como o seu nome indica, é unha ruta dende Dakar (Senegal) ata Fez (Marrocos), pasando por Mauritania.

Formato editar

Mecánica do concurso editar

No concurso, dez parellas teñen que percorrer os 10.000 km que separan dúas cidades en 13 etapas de 3 días cada unha; a parella que chegue na última posición en cada etapa é eliminada, a non ser que os salve un sobre que leva a parella gañadora da anterior etapa. Os concursantes teñen un presuposto dun euro por persoa e día para conseguir comida, mentres que o transporte e o aloxamento teñen que conseguilo gratuítamente.

Xogos de inmunidade editar

Á metade de cada etapa os concursantes chegan a un punto no que se encontra un libro vermello no que teñen que asinar, de todos eles, os máis rápidos participan nun xogo que lles pode facer gañar a inmunidade. A parella que gañe este xogo consegue un adhesivo vermello co seu nome que lles impide ser eliminados nesa etapa mesmo.

Eliminación editar

Ao final de cada etapa, o/a director/a de carreira informa ás parellas da súa posición na mesma. A parella que chega na última posición debe abandonar o concurso, a non ser que o sobre lacrado que leva a parella gañadora da última etapa sexa de cor verde. Se o sobre contén unha tarxeta vermella, a parella abandona inmediatamente o concurso.

Nas etapas nas que o sobre lacrado é verde, e que polo tanto non son eliminatorias, pasan á seguinte etapa tódolos concursantes; mais a parella que chegou na última posición e foi salvada polo sobre verde deberá facer o percorrido cun hándicap. O hándicap pode ralentizar a viaxe desta parella, aínda que isto depende en gran parte da pericia dos concursantes.

O kit de supervivencia editar

Os concursantes contan cunha serie de elementos que lles son útiles para cubrir as súas etapas:

  • A mochila: levan a roupa, a comida que puideron mercar e os sacos para durmir á intemperie. Cada aventureiros debe levar a súa mochila obrigatoriamente á hora de chegar ao libro vermello ou á meta.
  • Un busca: con el reciben ordes do programa, como a de que a certa hora a carreira se para e deben abandonar o medio de transport no que se encontren para procurar aloxamento ou proseguir a marcha a pé.
  • Mapa: o mapa márcalles onde teñen que ir e por que zonas poden desprazarse.
  • Fichas de idioma: as fichas de idioma axudan aos concursantes a comunicarse cos habitantes de cada país.

Edicións existentes editar

Nome Países Presentador Ruta Canle Páxina Oficial
Peking Express Países Baixos
Bélxica
Art Rooijakkers & Roos Van Acker
Ernst-Paul Hasselbach (2004)
2004: Moscova - Pequín    
2005: Pequín - Bombai    
2006: Rach Soi - Lhasa     
2006: Gangotri - Cochin  
2007: Río de Xaneiro - Lima    
2008: Cidade de México - Caracas    
NET 5 & VT4 VT4
NET 5
Pékin express Francia Stéphane Rotenberg 2006: París - Pskov - Pequín        

2007: Pequín - Bombai        
2008: Río de Xaneiro - Lima      
2009: Baía de Ha Long - Balí          
2010: Nueva Loja - Ushuaia      
2010: Gangotri - Pondichery  
2011: Giza - Cidade do Cabo          
2012: Seúl - Sydney      
2013: A Habana - Miami      

M6 Páxina Oficial
Peking Express Alemaña Patrice Bouédibéla 2005: Moscova - Pequín     RTL -
Peking Express Dinamarca
Suecia
Noruega
- 2007: Moscova - Pequín     TVNorge, Kanal 5 & Kanal 5 TVNorge
Pequín Express España Paula Vázquez (2008)
Raquel Sánchez Silva (2009-2010)
Jesús Vázquez (2011)
2008: Madrid - Pskov - Pequín     
2009: Pequín - Bombai      
2010: Hanoi - Balí      
2011: Kenya - Cidade do Cabo    
Cuatro Páxina Oficial
Dakar Fès Express Marrocos Hicham Mesrar 2011: Dakar - Fez     2M Páxina Oficial

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar