Ushuaia

Coordenadas: 54°48′26″S 68°18′16″O / -54.80722, -68.30444

Ushuaia é unha cidade arxentina, capital da Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur. Foi fundada o 12 de outubro de 1884 por Augusto Lasserre e atópase nas costas do canal Beagle rodeada pola cadea montañosa do Martial, na baía de Ushuaia. Ademais de ser un centro administrativo, é un nodo industrial, portuario e turístico. É a única cidade arxentina que se atopa do outro lado dos Andes,[1] vista desde o resto do país. Tamén é, de acordo á clasificación dos mares da Organización Hidrográfica Internacional,[2] a única cidade arxentina (e porto) con costas e augas pertencentes ao Pacífico, se ben isto non é recoñecido abertamente polo estado arxentino, que formalmente considera o canal Beagle un paso bioceánico, pois doutra forma contradiría tratados limítrofes asinados con Chile.[3]

Ushuaia
Ushuaia 2009.jpg
Vista da cidade en verán.
Localización
Ushuaia en Arxentina
Ushuaia
Ushuaia
PaísFlag of Argentina.svg Arxentina
ProvinciaTerra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur
DepartamentoDepartamento Ushuaia
Xeografía
Altitude58 msnm
Superficie23 km²
Demografía
Poboación56 593 (2010)
Densidade2 460,5
XentilicioUshuaiense
Outros datos
Código postalV9410
AlcaldeWalter Vuoto (FpV)
Páxina oficial
Ushuaia - End of the World.jpg

NotasEditar

  1. Cecilia Biel, Ignacio Subías, Isabel Fanlo, Ester Mateo, Rogelio Daniel Acevedo (2010). "The Arroyo Rojo volcanic-hosted massive sulphide deposit (Tierra del Fuego, southernmost Argentina): geology, mineralogy, petrography and mineral chemistry" (PDF). Revista Mexicana de Ciencias Geológicas (en inglés). p. 86. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2010. 
  2. International Hydrographic Organization (1953). Imp. Monégasque, ed. "Limits of Oceans and Seas" (PDF) (en inglés) (3ª ed.). Monte Carlo, Mónaco. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2010. 
  3. Protocolo de límites entre Chile y Argentina 1893

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.