Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur

A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur[1][2][3] (en castelán: Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo,[4][5] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010)[Cómpre referencia] e a súa capital é Ushuaia.

Modelo:Xeografía políticaTerra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur
Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°21′43″S 67°38′17″O / -54.362, -67.638
EstadoArxentina Editar o valor en Wikidata
CapitalUshuaia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación185.732 (2022) Editar o valor en Wikidata (0,19 hab./km²)
Lingua usadaLingua yámana
Lingua selk'nam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie987.168 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude144 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Vinciguerra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1990 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of Tierra del Fuego (en) Traducir Editar o valor en WikidataGustavo Melella (en) Traducir (2023–2027) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislature of Tierra del Fuego (en) Traducir , (Escano: 15) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AR-V Editar o valor en Wikidata

Páxina webtierradelfuego.gob.ar Editar o valor en Wikidata
Facebook: findelmundo.gob.ar Twitter: findelmundoar Instagram: findelmundo.gob.ar Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar
  • Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco os fachos dos selk'nam.[6]
  • Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’.[7]
  • Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891.
  • Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.

Xeografía física

editar

Localización

editar

O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.[8]

Superficie

editar
 
Puerto Cook na illa de los Estados.
 
Glaciar Martial.
  • Superficie baixo soberanía efectiva: 21 478 km², incluíndo unicamente o sector arxentino da illa Grande da Terra do Fogo, a illa de los Estados e outras illas menores.
  • Superficie incluíndo os territorios en litixio e os reclamados: 1 002 352 km², súmase á superficie anterior a da Antártida Arxentina e as illas do Atlántico Sur.

As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland do Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), porén, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Xeorxia do Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio coa Arxentina.

Límites

editar

Limita -o seu sector patagónico- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur

Transportes

editar
 
O Tren del Fin del Mundo, orixinalmente construído para servir á prisión de Ushuaia e agora operando para o turismo, é o tren máis austral do mundo en funcionamento.
 
Embarcación navegando no canal Beagle en Ushuaia.
 
Porto de Ushuaia.

Terrestre

editar

A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.

Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).

Marítimo

editar
  • Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto da Arxentina máis próximo á Antártida.
  • Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade.
  • Porto petroleiro de San Sebastián.

Aéreo

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para foguino.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antártico.
  4. Criterios para uso da Lingua da UDC
  5. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1299. ISBN 9788482887524. 
  6. Chapman, Anne (14 de outubro de 2008). "El origen del nombre “Tierra del Fuego”" (en español). Consultado o 19 de febreiro de 2010. 
  7. Canclini, Arnoldo (1984). "Apéndices". En Asociación Hanis. Ushuaia 1884-1984 (en español) (1 ed.). Arxentina: Municipalidad de Ushuaia. p. 529. Debido a lo difícil de la pronunciación nativa (...) la variaciones de la grafía son enormes. (...) En 1938, el libro La nomenclatura geográfica y la terminología técnica, Santiago, Chile, traía dieciocho variantes (...) 
  8. "Declaración da lei da definición da provincia". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2013. 
  9. "Aeroclub Ushuaia". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2013. 
  10. "Aeroclub Río Grande". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar