Lingua yámana

idioma falado polo pobo amerindio dos yamáns

A lingua yámana[2] tamén coñecida como yaghan e Háusi Kúta, é unha das linguas indíxenas da Terra de Fogo, falada tradicionalmente polo pobo yámana. Está considerada unha lingua illada, malia que algúns lingüistas tentaron relacionala co kawésqar e as linguas chon. O yámana tamén foi falado por un breve período na illa Keppel das Illas Malvinas nun asentamento misioneiro.

Yámana
Háusi Kúta
Outros nomes:Yahgan
Falado en: Chile e a Arxentina
Rexións: Terra do Fogo
Extinción: 16 de febreiro de 2022
Familia: Illada
 Yámana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yag
Mapa
Status
Lang Status 20-CR.svg
O yámana está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Despois da morte de Emelinda Acuña ós 84 anos (1921 – 12 de outubro de 2005), e da morte de Cristina Calderón de Villa Ukika na illa Navarino,[3][4] (a miúdo é coñecida sinxelamente como Abuela) o 16 de febreiro de 2022, o yámana é unha lingua morta. Calderón era a cuñada de Acuña.

NotasEditar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de yámana no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Jackie Hailey (14 de outubro de 2005). "Extinction on the horizon for indigenous tribe in Chile: Second-To-Last Yagana Woman Dies Of A Heart Attack". The Santiago Times (Santiago). Consultado o 04 de outubro de 2011. 
  4. EFE (2022-02-18). "Muere la última hablante nativa de la lengua yagán en Chile". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-02-18. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar