O Bolo

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense

O Bolo (do latín bullum, 'outeiro')[8] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O xentilicio é bolés.[9]

O Bolo
Casa do Concello do Bolo.
Situación
Xentilicio[1]bolés/bolesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación806 hab. (2023)[2][3]
Área91,2 km²[3]
Densidade8,84 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias[4]
Capital do concelloO Bolo
Política (2023 [5])
AlcaldeAlberto Vázquez Rodríguez (PSdeG[6] (en alcaldía rotatoria))
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 2
Outros: SOB: 2
Eleccións municipais no Bolo
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes70,02%
Na rede
www.obolo.es
editar datos en Wikidata ]

Demografía editar

Censo rotal 1013 (2014)
Menores de 15 anos 53 (5,23 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (45,31 %)
Maiores de 65 anos 501 (49,45 %)
Evolución da poboación do Bolo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5204 5550 5285 3151 1286 1117
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.

Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.

A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.

Historia editar

Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.

Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.

Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.

Patrimonio editar

A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.

A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.

En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.

Economía editar

Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes do Bolo.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Bolo

O Bolo (Santa María) | Buxán (Santa María) | Cambela (Santa María) | Celavente (San Xoán) | Chandoiro (San Ramón) | Chao de Castro (San Martiño) | As Ermidas (Santa María) | Fornelos (San Bartolomeu) | Lentellais (San Simón) | Paradela (San Sebastián) | San Martiño (San Martiño) | Santa Cruz (Santa Cruz) | O Seixo (Santo Anxo) | Teixido (San Marcos) | Tuxe (San Pedro) | Valdanta (Santa María) | Vilaseco (San Donato) | Xava (San Salvador)

Lugares do Bolo editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "O Bolo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (20/07/22). Viana do Bolo - O Seminario de Onomástica responde (Youtube). 
  9. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar