Torre do Bolo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Torre do Bolo é unha construción fortificada situada no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixe.
Torre do Bolo | |
---|---|
Concello | O Bolo |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°18′28″N 7°05′42″O / 42.307777777778, -7.095Coordenadas: 42°18′28″N 7°05′42″O / 42.307777777778, -7.095 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século XII) |
Estilo actual | mestura (século XV) |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarLocalízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.
No século XIV, o rei Pedro I de Castela concedeu á vila foro de reguengo, en agradecemento á súa fidelidade na guerra civil que o opuña a Henrique de Trastámara. No século XV, o rei Xoán II de Castela confirmou os privilexios da vila, na altura en que concedeu a fortificación aos condes de Benavente.
A fortificación tamén pertenceu aos condes de Lemos, inimigos acérrimos dos de Benavente, que chegaran a posuír o título de condes do Bolo.
Características
editarO castelo medieval posuíu planta rectangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival. A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Non conserva nin o ameado nin o beiril. Distribúese en 3 andares e un soto cuberto con bóveda de canón apuntado, reforzado por 3 arcos. Tense acceso á torre mediante unha porta de acceso en altura, aberta no primeiro andar. No interior, pódense apreciar a entrada do subterráneo, os alxibes e un cuarto.
Ábrese outra torre de arco apuntado que permite o acceso ao patio de armas. A partir da porta de entrada ao patio de honra, presenta un arco de medio punto. Xunto a esta porta consérvase unha torre cilíndrica e parte da cerca defensiva, cun grosor de 2 metros e 25 centímetros, que conserva varios sinais de canteiros.
Alén destes elementos, consérvanse outros como o alxibe e murallas co adarve.
Galería de imaxes
editar-
Torre do Bolo.
-
Torre do Bolo.