Gabriele Falloppio

Gabriele Falloppio, nado en Módena en 1523 e finado en Padua o 9 de outubro de 1562, foi un naturalista, botánico, anatomista e cirurxián italiano, considerado un dos anatomistas e médicos máis importantes do seu tempo.

Infotaula de personaGabriele Falloppio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1523 Editar o valor em Wikidata
Módena Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1562 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Padua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ferrara (pt) Traducir
Universidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Director de teseAntonio Musa Brasavola (pt) Traducir e Realdo Colombo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncirurxián , botánico , biólogo , naturalista , anatomista , profesor universitario , médico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua
Universidade de Ferrara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRealdo Colombo (pt) Traducir, Giovanni Battista da Monte (pt) Traducir e Antonio Musa Brasavola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGirolamo Fabrizi d'Acquapendente, Marcello Capra (pt) Traducir, Antonio Minutoli e Volcher Coiter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Falloppio explicando un dos seus descubrimentos ao Cardeal duque de Ferrara. Pintura ao óleo de Francis Barraud

Traxectoria editar

Gabriele Falloppio estudou medicina na Universidade de Ferrara. A súa foi a época dourada da anatomía [1], pasando dun saber de base a unha disciplina autónoma, co seu propio programa de desenvolvemento [2], as diseccións eran cada volta máis frecuentes seguindo técnicas rigorosas [1]. Entre os contemporáneos de Falloppio atópanse grandes anatomistas como Vesalio, Eustaquio ou Realdo Colombo, a quen sucedeu en Padua.

Ensinou anatomía e cirurxía na Universidade de Ferrara, despois en Pisa (1548) e finalmente a partir de 1551 en Padua, onde foi capaz de disecar ata 7 cadáveres ao ano, algo pouco frecuente na época [3] .

Tamén ensinou botánica na primeira cátedra de farmacognosia fundada en Europa, que foi a de Padua (1533), converténdose no seu segundo titular ao suceder a Francesco Bonafede [4] .

Obra editar

Falloppio foi o primeiro en esclarecer a anatomía do embrión humano, demostrando a ausencia da vesícula alantoide (que só existe en aves e réptiles) [5].Tamén realizou unha descrición da dentición primaria e da súa substitución pola secundaria, cun tecido diferente ao óseo[6]. Así e todo os traballos de Falloppio centráronse fundamentalmente na anatomía dos nervios craniais e no sistema reprodutor feminino.

Sistema nervioso editar

Falloppio corrixiu e concretou a anatomía do ollo realizada por Vesalius, localizando a posición do cristalino e do corpo ciliar, e recoñeceu a orixe dos nervios ópticos preto dos colículos. Describiu detalladamente o tímpano e a súa relación co anel óseo no que se sitúa, así como as estruturas do oído medio e do oído interno; tamén describiu correctamente o curso do nervio auditivo; do mesmo xeito, describiu o nervio facial, o nervio glosofarínxeo e os núcleos do nervio trixémico [7]. Distinguiu o plexo cardíaco, pero estivo equivocado ao ligar o nervio vago co tronco simpático [5].

Aparello xenital feminino editar

Notou a analoxía estrutural entre o clítoris e o pene, recoñecendo que o pene non penetra no útero durante o coito. Deulle o seu nome a un dos seus descubrimentos, as tubas uterinas ou trompas de Falloppio. Así a todo, estes apéndices xa os coñecían escritores antigos, como Rufo de Efesio, aínda que caeron no esquecemento [3]

Propuxo a utilización do que se considera un preservativo [8], "vaíña de pano lixeiro, feito a medida, para protexerse de enfermidades venéreas", como a sífilis en De morbo gallico que se publicou logo da súa morte en 1564 tras testar a súa eficacia en 1.100 homes [9].

Libros editar

  • De Metallis atque Fossilibus, 1557.
  • Observationes anatomicae, Venecia, 1561
  • Secreti diversi et miracolosi ne, Venecia, 1563
  • De medicatis aquis atque de fossilibus, Venecia 1569
  • De morbo gallico, Padoue 1563
  • De partibus similaribus humani corporis, Nuremberg, 1575.
  • De ulceribus, Venecia 1577
  • Opera tam practica quam theorica, Venecia, 1584
  • Opera omnia (1584; 1600; 1606).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 M. Sakka (1997). Histoire de l'anatomie humaine. PUF. p. 78. 
  2. V. Nutton (1985) Humanist surgery, Cambridge University Press, p. 81
  3. 3,0 3,1 N.F.J. Eloy, Dictionnaire historique de la médecine ancienne et moderne, t. 2, 1778, p. 193-196
  4. R. Palmer (1985) Pharmacy in the Republic of Venice in the Sixteenth Century, Cambridge University Press, p. 101
  5. 5,0 5,1 M.D. Grmek e R. Bernabeo (1997) La machine du corps, Seuil, p. 15
  6. José L. Fresquet "Gabrielle Falloppio (ca 1523-1562)" historiadelamedicina.org
  7. "Gabriel FALLOPE ( Fallopio ou Falloppio)". medarus.org. 
  8. (en inglés)Searching for Dr Condom, BMJ, 2008;337:a1166
  9. Ole Daniel Enersen, "Gabriele Falloppio" Who Named It?