Girolamo Fabrizi d'Acquapendente

Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, (en latín, Hieronymus Fabricius; en galego, Xerome Fabricio), nado en Acquapendente en 1537 e finado o 21 de maio de 1619, foi un destacado anatomista italiano.

Modelo:BiografíaGirolamo Fabrizi d'Acquapendente

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Girolamo Fabrici d'Acquapendente Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1533 Editar o valor en Wikidata
Acquapendente, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1619 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Padua, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaItalia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncirurxián, profesor universitario, anatomista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGabriele Falloppio Editar o valor en Wikidata
AlumnosWilliam Harvey, Emilio Parisano (pt) Traducir, Salomon Alberti (pt) Traducir e Thomas Fincke (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoWilliam Harvey e Adrianus Spigelius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Biografía académica

editar

Fabricio estudou en Padua, onde terminou ocupando a cátedra de cirurxía até entón nas mans do seu antigo profesor Gabriele Falloppio (1523-1562). O seu alumno máis soado será William Harvey (1578-1657), con quen lle unirá unha longa amizade e ao que axudará considerablemente nos seus traballos sobre a circulación sanguínea.

 
Operationes chirurgicae, 1685.

Fabricio foi o primeiro en aplicar exhaustivamente o método de Vesalio da observación directa ao estudo dos embrións. Así mesmo, foi pioneiro na publicación de ilustracións baseadas no estudo sistemático do desenvolvemento do pito.

Grazas á disección de animais, Fabricius investigou a formación do feto, a estrutura do esófago, o estómago e o intestino, así como as particularidades do ollo, o oído e a larinxe. A súa principal achega foi o descubrimento das válvulas membranosas no interior das veas.

Fabricio estudou a embrioxénese de varios vertebrados, facendo especial énfase na anatomía dos embrións máis que nos procesos de desenvolvemento. A bolsa de Fabricio das aves (órgano inmunitario e hematopoético) recibe ese nome no seu honor. A súa visión da nova embrioloxía está presente na influencia que exerceu sobre William Harvey.

Bibliografía

editar

Os seus escritos de anatomía e fisioloxía foron reunidos baixo o título de Opera omnia anotomica et phisiologica e os seus tratados de cirurxía na súa Opera chirurgica(1617).

  • William A. Locy (1925). The Story of Biology. Columbia University Press : xiv 495 p.
  • Oppenheimer, J. (1967) Essays in the history of biology and embryology, M.I.T. Press.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar