USA Perpignan: Diferenzas entre revisións

club de rugby francés da cidade de Perpiñán
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de rugby | nome = USA Perpignan | imaxe = | nomecompleto = Perpignanais | alcume = | fundacion = 1902 | localizacion = Perpiñán, Francia | estadio = [[Stade ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2010 ás 00:26

A Union Sportive des Arlequins Perpignanais (en francés) ou Unió Esportiva Arlequins de Perpinyà (en catalán), comúnmente denominado como USAP en ambas linguas, é un equipo franco-catalán de rugby da cidade de Perpiñán, na comarca dos Pirineos Orientais. Na actualidade compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés, defendendo o título gañado na tempada 2008-09 contra o ASM Clermont Auvergne.

USA Perpignan
NomePerpignanais
Fundación1902
SedePerpiñán, Francia
Estadio(s)Stade Aimé Giral
Capacidade14.593 espectadores espectadores
PresidenteFrancia Paul Goze
AdestradorFrancia Franck Azema
Francia Bernard Goutta
CapitánInglaterra Perry Freshwater
Cataluña Nicolas Mas
Liga(s)Top 14
2008-09Campión
Casa
Fóra
Alternativo
Na rede
http://www.usap.fr/
Facebook: USAPOfficiel Twitter: usap_officiel Instagram: usapofficiel LinkedIn: sasp-usap Youtube: UCUZuZFU1VeHD9ZJJ3t3wnsQ Souncloud: usap-officiel Editar o valor em Wikidata
Seareiros da USAP

Historia

Os comezos

O rugby chegou a Perpiñán en 1889, baixo o nome de Union Sportive du Lycée. O primeiro club civil, o Stade Roussillonnais foi fundado pouco despois, mais desaparece en 1902 para deixar paso aos que serían o comezo da USAP, ’Association Sportive Perpignanaise (ASP). Este equipo xogará coas cores vermello e ouro, cores da bandeira de Cataluña. En 1909, o ASP absorbe ao Perpignan Sportif, un club que foi fundado uns anos antes. En 1911, chega o primeiro título nacional, o da segunda división contra o equipo de Dôle. Un ano despois prodúcese unha escisión dentro do club, así se crea o Stade Olympique Perpignanais (SOP). Este contratempo non impide ao ASP facer boas tempadas na liga francesa de rugby, cunha semifinal en 1913 e sobre todo un título ao ano seguinte contra o Tarbes. A transformación que deu a vitoria ao equipo de Perpiñán a poucos instantes do final do partido xorede dun xove de 18 anos, chamado Aimé Giral, que morrerá na fronte durante a Primeira Guerra Mundial, uns meses despois do falecemento, o club a xeito de homenaxe dálle o seu nome ao seu estadio, e se mantén na actualidade.

Por outro lado, o SOP, proclamouse campión de Francia na segunda división en 1913 (contra o AS Française 14-8).

A primeira idade de Ouro

A guerra interrompeu o desenvolvemento do club. En 1919, os duos clubs da cidade fusionáronse creando así a Union Sportive Perpignanaise (USP). O novo club adopta, as cores azul celeste para a camisola, o branco para os pantalóns e o vermello e amarelo nas medias. O motivo deste troco foi coma unha homenaxe aos xogadores mortos do club durante a guerra de 1914-1918, adoptando a cor azul dos uniformes franceses na guerra.

Iníciase unha época de éxito para o club de Perpiñán, que se consolidará como un dos máis importantes do campionato francés. O seu mellor ano foi 1921: os catro equipos que foron campións eran do Languedoc e os equipos I e II foron campións de Francia. Gañou o seu segundo campionato absoluto de Francia ante o Stade Toulousain en Béziers.

O USP desputou tres finais consecutivas (1924, 1925 e 1926), gañando a segunda contra o AS Carcassonne, e perdendo as outras dúas contra o seu grande rival occitano, o Stade Toulousain que durante aquela época, con 3 títulos era o dominador do rugby francés.

Durante aqueles anos, existía un segundo club de rugby en Perpiñán, o Club des Arlequins Perpignanais. O seu nome débese a que o club era moi pobre nos seus inicios, e de cotío os xogadores, propietarios das súas camisolas, non as podían reemprazar cando estaban rotas e as arranxaban con anacos de tecido que non sempre eran da cor desexada, e de ahí un parecido co vestido dun arlequín.

Da fusión USP-Arlequins ao penúltimo título

O 5 de maio de 1933, os dirixentes dos dous clubes deciden fusionarse. É así como nace a Union Sportive Arlequins Perpignan. En 1940, o nome é modificado, denominándose Union des Sports Athlétiques Perpignanais.

O USAP, que sería como se denominaría e se coñece na actualidade, desputa dúas novas finais, unha que perdeu en 1935, e outra que en cambio si gañou en 1938, estas dúas finais foron contra Biarritz. Un quinto título conclúe a etapa dourada do USAP, unha liga gañada contra o Bayona en 1944.

Sen embargo, o Rosellón foi un lugar elixido para desputar partidos de rugby XIII, dende o final da Guerra. Este deporte, prohibido polo Réxime de Vichy, renaceu e atraeu á plantilla da USAP. Dez campións de Francia de 1944 pasaron así a ser profesionais do rugby XIII.

A pesares de todo, o USAP reconstrúese e chega dúas veces máis ás finais. En 1952 foi derrotado polo FC Lourdes, que comezaba o seu período de dominación do rugby francés. Na segunda final, desputada en 1955 obtén o sexto título de liga, e terían que pasar 54 anos para que os seareiros da USAP disfruten do campionato de liga.

A época contemporánea

Salvando unha final perdida durante o ano 1977 contra o AS Béziers, o USAP, convírtese nun clásico do Top 14. Non desenvolve ningún papel importante. O último grande título do club será una Challenge Yves du Manoir en 1994. A partir de 1997, o club volve aos postos importantes do rugby francés, mais sen chegar a impoñerse. En 1998 desputa unha nova final. É a primeira final que se desputa no Stade de France, o USAP foi vestido para a ocasión co amarelo e vermello, mais perdeu contra o Stade Français París. Logo no ano 2000, baixo a dirección de Olivier Saïsset, antigo adestrador e xogador do AS Béziers (o grande rival occitano de proximidade), o club chega sistemáticamente ás fases finais do campionato. Desputa unha nova final, perdida en 2004 unha vez máis, contra o Stade Français París.

O USAP desputa regularmente a Heineken Cup. Logo dunha experiencia na tempada 1998-99, o club participa sistemáticamente dende o ano 2001, a destacar a final perdida no 2003 contra o Stade Toulousain.

Saisset marcha do club logo da derrota na final do campionato de 2004, e é remprazado por Philiphe Boher e Philiphe Ducousso, que levan ao USAP ata a semifinal do campionato contra Biarritz na tempada 2005-06 (perdendo por 9 a 12). En Maio de 2006, Ducousso cede a súa praza a Franck Azéma.

En 2002 o USAP firmou un convenio de colaboración co Barcelona Universitari Club (BUC), a partir do cal o equipo de Barcelona pasouse a denominar USAP-Barcelona, este club estivo 2 tempadas en División de Honra, e na actualidade o club encóntrase en División de Honra B.

O 6 de xuño de 2009, no Stade de France de París, o USAP volveu a alzar o escudo de Brennus logo de gañar a súa sétima liga, desta vez contra o ASM Clermont Auvergne, por 22 a 13. Nun estadio cheo e miles de seareiros cataláns nas bancadas, o equipo de Jacques Brunel rompeu a seca de títulos do club, cunha magnífica segunda parte. O USAP, que quedara primeiro durante a fase regular, xogaba a súa quinceaba final da liga nos máis de cen anos de historia que ten, das cales só gañara seis.

Catalanismo

O catalanismo da USAP queda patente na simboloxía, cancións, peñas, etc do club. Mantén unha forte relación co Fútbol Club Barcelona, con TV3 -patrocinador-, e ten un equipo filial en Barcelona (BUC-USAP-Barcelona), xogando na División de Honra B de rugby. A canción máis popular entre os seus seareiros é L'Estaca, de Lluís Llach, cantada a modo de himno.

Palmarés

Ligazóns