Galicia, un relato no mundo

exposición celebrada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) en 2019
Revisión feita o 22 de xullo de 2019 ás 22:42 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{evento futuro}} {{Coordenadas|42|52|15.19|N|8|31|41.28|W|display=title}} {{Título en cursiva}} Ficheiro:Cidade da Cultura - 20 - Museo Centro Gaias.jpg|miniatura|[[Museo Cent...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Galicia, un relato no mundo foi unha exposición temporal da Xunta de Galicia no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, feita co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo do ano 2021. Inaugurouse en novembro de 2019 e rematou no mes de abril de 2020.

Museo Centro Gaiás.
Mapa da Abadía de Sawley.

Descrición

Comisariada por Manuel Gago Mariño, contou coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Canda Manuel Gago, o comité científico estivo integrado por José Miguel Andrade Cernadas, Beatriz Comendador Rey, José Manuel Costa García, Emilio Grandío Seoane, Juan M. Monterroso Montero e Rafael Rodríguez Martínez, ademais do asesoramento de Pilar Cagiao na área de emigración.[1]

Estivo composta por trescentas pezas, obras clave da cultura galega, algunhas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes de arredor de oitenta institucións, entre elas a Biblioteca Apostólica Vaticana, o Trinity College de Dublín, a Parker Library da Universidade de Cambridge e o Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa.

Pezas da exposición

 
Guerreiro do Castro de Lesenho, Museu Nacional de Arqueologia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas