Gonzalo Allegue
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 5 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Gonzalo Allegue Otero, nado o 9 de setembro de 1946 en Vilanova de Arousa, é un profesor de literatura, ensaísta, editor e escritor galego, residente en Coruxo, Vigo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1946 (78 anos) Vilanova de Arousa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | editor, escritor, profesor de ensino secundario |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
No ano 1991 fundou Nigra, que en 1998 se fusiona cunha editora asturiana dando lugar a Nigratrea, especializada en coidados libros de cultura popular e unha colección de libros de fotografía histórica galega, que constitúe o máis coñecido do seu catálogo.
Colaborou en Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Obras
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Galicia: O oficio de vivir, 1990, tres volumes.
- Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente.[1]
- Los actores ciegos 2000
Notas
- ↑ Premio da Crítica Galicia 1994 (XVII edición) na categoría Ensaio e pensamento.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Allegue Otero, Gonzalo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Allegue Otero, Gonzalo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 18.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 491. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 161. ISBN 84-8288-365-8.