Friedrich Wilhelm Bessel, nado en Minden (Westfalia) o 22 de xullo de 1784 e finado de cancro en Königsberg (actual Kaliningrado) o 17 de marzo de 1846, foi un matemático alemán, astrónomo e sistematizador das funcións de Bessel (as cales, a pesar de levar o seu nome, foron descubertas por Daniel Bernoulli).

Friedrich Bessel
Nome completoFriedrich Wilhelm Bessel
Nacemento22 de xullo de 1784 e 1784
Lugar de nacementoMinden
Falecemento17 de marzo de 1846
Lugar de falecementoKönigsberg
CausaFibrose retroperitoneal
SoterradoCemitério dos Professores
NacionalidadeReino de Prusia
Ocupaciónastrónomo, matemático, profesor universitario, surveyor e físico
CónxuxeJohanna Bessel
Coñecido porFundamenta Astronomiae
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Prêmio Lalande, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Order of the Red Eagle 2nd Class, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Foreign Member of the Royal Society
Na rede
WikiTree: Bessel-60
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Tabulae Regiomontanae reductionum observationum astronomicarum ab anno 1750 usque ad annum 1850 computatae, 1830

Foi un contemporáneo de Carl Gauss, que tamén era matemático e astrónomo. Era fillo dunha criada e aos 14 anos pasou a ser aprendiz nunha compañía mercantil de importacións e exportacións de Bremen. Xa de pequeno converteuse no seu contable e a confianza no seu traballo levouno a cambiar as súas habilidades matemáticas a problemas de navegación; isto levouno a fixar o seu interese na astronomía como unha saída para determinar a lonxitude.

O seu traballo tan concienciudo chamou a atención dunha das maiores figuras da astronomía alemá, Heinrich Wilhelm Olbers, por precisar nos cálculos da órbita do Cometa Halley. Grazas ao seu apoio puido atopar traballo nun observatorio privado instalado preto de Bremen, onde comezou a traballar con total dedicación.

A suxestión de Olbers, analizou e clasificou as observacións e medicións estelares de posición efectuadas anteriormente por James Bradley, dunhas 3.000 estrelas; nesta tarefa demostrou un celo e precisión tal que o káiser Guillerme II de Prusia o nomeou director do Observatorio de Königsberg, onde pasou o resto da súa vida pese á súa constante queixa do clima local.

Despois de efectuar delicadas medicións de certas constantes fundamentais (aberración e refracción atmosférica), que refinou e tabulou, recibiu en 1811 un premio do Instituto de Francia polas súas novas táboas de correccións, que publicou nos seu Fundamentos de Astronomía (1818).

Buscando mellorar a precisión dos seus instrumentos substituíu o vello tránsito meridiano (construído por Dollond) e o círculo de Cary por un novo círculo meridiano construído por Reichenbach-Ertel; en 1841 instalou un círculo de Repsold. Nestas datas o seu Tabulae Regiomontanae (Táboas de Königsberg) estaban en uso xa en case todos os observatorios do mundo, pola súa extensión e exactitude.

Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a paralaxe das estrelas máis próximas, traballando cun heliómetro construído por Joseph von Fraunhofer: elixiu para iso a denominada 61 Cygni que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser unha das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de 1838) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia Terra-Sol. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de Vega e Alpha Centauri, resultando esta última a máis próxima á Terra: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.

En 1844, analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés Nevil Maskelyne (Sirio e Proción), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro corpo moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduciu a órbita do compañeiro de Sirio, a estrela anana branca Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano 1862 por Alvan Graham Clark. A compañeira de Proción sería descuberta en 1895.

Despois de moitos anos de traballo e dedicación publicou un catálogo coas posicións precisas dunhas 75.000 estrelas do hemisferio norte.