Erinaceinae
Ourizos[1]

Ourizo cacho europeo, única especie de ourizos que vive en Galicia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Erinaceomorpha
(ou Eulipotyphla)
Familia: Erinaceidae
Subfamilia: Erinaceinae
G. Fischer, 1814
Xénero

Os Erinaceinae son unha subfamilia de mamíferos cubertos de espiñas chamados comunmente ourizos ou ourizos cachos dos que hai 17 especies distribuídas en 5 xéneros, que viven en partes de Europa, Asia e África e, por introdución, en Nova Zelandia. Só unha desas especies vive en Galicia, o Erinaceus europaeus. Non hai ourizos cachos nativos de Australia nin nigunha especie viva nativa de América (pero o xénero extinto Amphechinus viviu noutrora en Norteamérica). Os ourizos comparten un antepasado común distante coa familia dos sorícidos, mentres que os galericinos son posiblemente un elo intermedio, e cambiaron pouco durante os últimos 15 millóns de anos.[2] Como moitos dos primeiros mamíferos, están adaptados á vida nocturna.[3] A protección espiñosa dos ourizos lembra a dos porcos espiños, os cales non son erinaceidos senón roedores,[4] e aos equidnas australianos, que son monotremos.

Xéneros e especies

editar
 
Hemiechinus auritus
 
Un ourizo cacho europeo urbano buscando comida pola noite.

Subfamilia Erinaceinae (ourizos cachos)[1]

Descrición física

editar

Os Erinaceinae recoñécense doadamente polo seu recubrimento de espiñas, que son pelos ocos duros feitos de queratina ríxida.[5] As súas espiñas non son velenosas nin teñen barbas e, a diferenza das pugas dos porcos espiños, non se poden arrancar facilmente do corpo do ourizo. Porén, as espiñas dos individuos inmaturos normalmente caen para seren substituídas polas espiñas adultas. As espiñas poden caer tamén cando o animal ten unha doenza ou está sometido a un extremo estrés.

 
Esqueleto dun ourizo cacho.
 
Detalle dos últimos 5 mm das espiña dun ourizo vista con microscopio electrónico de varrido.
 
Unha preparación de pel e esqueleto.
 
Detalle dos últimos 0,4 mm dunha espiña de ourizo vista con microscopìo electrónico de varrido.

Unha defensa que posúen todas as especies de ourizos cachos é a capacidade de enrolarse formando unha bóla compacta na que todas as espiñas apuntan cara ao exterior.[5] Como a efectividade desta estratexia depende do número de espiñas, algúns ourizos do deserto evolucionaron para ter menos peso e é máis probable que fuxan ou mesmo ataquen cando están en perigo, arremetendo contra o intruso coas súas espiñas; para estas especies enrolarse en bóla é o seu último recurso. Varias especies son presas de diferentes predadores: mentres que os ourizos dos bosques son presa principalmente de aves (especialmente bufos) e furóns, as especies pequenas como o ourizo orelludo Hemiechinus auritus son presa de raposos, lobos e mangostas. Atopáronse ósos de ourizos nas egagrópilas do bufo Bubo bubo.[6] Tamén son comidos polos teixugos, que nalgúns países é o seu principal depredador.[7][8]

Son animais principalmente nocturnos, aínda que algunhas especies poden estar tamén activas durante o día. Dormen durante unha gran parte do día baixo arbustos, herbas ou rochas ou máis frecuentemente en goridas escavadas no chan, e os seus hábitats varían coa especie. Todos os ourizos silvestres poden hibernar, aínda que non todos o fan, dependendo da temperatura, especie e abundancia de comida.

O dorso dos ourizos ten dous grandes músculos que controlan a posición das espiñas. Un ourizo medio ten de 5.000 a 6.500 espiñas ou pugas que son fortes no exterior pero ocas e cheas de bolsas de aire no interior. Cando o animal se enrola en bóla, as pugas das súas costas protéxenlle a cabeza dobrada, os pés e o ventre, que son partes sen pugas. Esta é unha defensa moi efectiva.

Os ourizos vocalizan bastante e comunícanse por medio dunha combinación de gruñidos, sopridos e chíos, dependendo da especie.

 
Autounción con substancias olorosas

Os ourizos realizan ocasionalmente unha práctica chamada unción con substancias olorosas. Cando o animal encontra un novo cheiro, lambe e morde a fonte do cheiro, despois forma unha escuma olorosa na súa boca e lambe con ela as súas espiñas. Non se coñece a razón deste hábito, pero algúns expertos cren que é unha especie de camuflaxe olorosa para confundirse cos novos cheiros do seu hábitat e proporcionar un posile veleno ou fonte de infección para os predadores aos que lles crave as espiñas. Esta especie de unción é parecida ao baño de formigas que fan algunhas aves.

Como os didélfidos, ratos e toupas, os ourizos teñen certa inmunidade natural contra algúns velenos de serpes grazas á proteína erinacina do sistema muscular do animal, aínda que só dispoñen de pequenas cantidades dela, e unha picadura de víbora para eles pode ser, malia todo, mortal.[9] Ademais, os ourizos son un dos únicos catro grupos de animais coñecidos con mutacións que os protexen contra outro veleno de serpes, a α-neurotoxina. O porco bravo, o ratel, a mangosta e o ourizo teñen mutacións no receptor de acetilcolina nicotínico que impiden que a α-neurotoxina do veleno de serpe se una a el, aínda que estas mutacións se orixinaron independentemente.[10]

Sentido do olfacto

editar

As rexións olfactorias non foron estudadas a fondo nos ourizos. Nos mamíferos a parte olfactoria do cerebro está cuberta polo neopalio, o que fai difícil expoñela. Diversas probas suxeriron que os ourizos teñen unha actividade eléctrica similar á dos gatos.[11]

 
Un ourizo cacho europeo.

Aínda que tradicionalmente foran clasificados na agora abandonada orde Insectivora, os ourizos son omnívoros. Aliméntanse de insectos, caracois, ras e sapos, cobras, ovos de aves, prea, cogomelos, herba, raíces, bagas, melóns e sandías.[5] As bagas constitúen a maior parte da dieta do ourizo de Afganistán (Hemiechinus auritus megalotis) ao inicio da primavera despois da hibernación.

Hibernación

editar

Durante a hibernación a temperatura corporal do ourizo pode decrecer uns 2 °C. Cando o animal desperta da hibernción, a súa temperatura elévase de 2 a 5 °C ata a súa temperatura normal de 30-35 °C.[12]

Reprodución e duración da vida

editar
 
Un ourizo cacho europeo procurando comida.

Dependendo da especie, o período de xestación é de 35 a 58 días. A camada media é de 3 a 4 crías nas especies máis grandes e de 5 a 6 nas máis pequenas. Non é raro que os machos adultos maten as crías masculinas.

Os ourizos teñen unha lonxevidade bastante prolongada para o seu tamaño. As especies máis grandes viven de 4 a 7 anos na natureza (nalgúns casos ata 16 anos), e as máis pequenas de 2 a 4 anos (de 4 a 7 en catividade), o que é moito comparado cos 2 anos que vive un rato ou os 3 ou 4 anos que vive unha rata grande. A ausencia de depredadores e a dieta controlada contribúen a unha maior lonxevidade en catividade (de 8 a 10 anos dependendo do tamaño).

Os ourizos nacen cegos cunha membrana protectora que cobre as pugas, a cal se seca e engurra en poucas horas.[13] As espiñas emerxen a través da pel despois de que a membrana foi limpada ou se desprende.[14]

Especie invasora

editar
 
Ourizo cacho europeo.

En áreas onde foron introducidos os ourizos, como en Nova Zelandia e as illas de Escocia, o ourizo converteuse nunha praga. En Nova Zelandia causa inmensos danos ás especies nativas, como insectos, caracois, lagartos e aves que aniñan no chan, especialmente as aves do litoral.[15] Como adoita pasar cos animais introducidos, alí carece de predadores. Nas illas escocesas de North Uist e Benbecula nas Hébrida exteriores fixéronse campañas para matalos, pero posteriormente foron cambiadas por campañas de captura e liberación noutros lugares.[16]

Doenzas

editar

Os ourizos sofren moitas enfermidades comúns en humanos.[17] Entre elas o cancro, enfermidade do fígado graxo e doenzas cardiovasculares. O cancro é moi común nos ourizos. O máis común é o carcinoma de célula escamosa. As células escamosas cancerosas espállanse rapidamente desde os ósos aos órganos nos ourizos, a diferenza de en humanos. A enfermidade do fígado graxo crese que pode estar causada por unha mala dieta. Os ourizos comen de moi boa gana alimentos que son ricos en graxas e azucres, pero o seu metabolismo está adaptado a dietas baixas en graxa como insectos ricos en proteínas, o que orixina problemas de obesidade, hepáticos e cardíacos.

Os ourizos transmiten en casos raros unha infección da pel fúnxica aos humanos que os manipulan e a outros ourizos. É unha dermatofitose causada por infección polo fungo Trichophyton erinacei.[18]

Influencia humana

editar
 
Ourizo albino debido a que porta unha mutación.

Como ocorre con moitos pequenos mamíferos que viven arredor dos humanos, a circulación de coches é para eles un gran perigo e moitos morren atropelados ao cruzaren estradas, especialmente nas épocas do ano en que procuran parella para reproducirse ou se dispersan.[19]

Un caso curioso foi que en 2006, a compañía McDonald's cambiou o deseño dos recipientes dos seus McFlurry para que os ourizos non quedasen coa cabeza atrapada dentro ao intentar lambelos e morresen.[20] Algúns ourizos domésticados quedan atrapados nos tubos de papel hixiénico ao meteren a cabeza dentro, aínda que non adoita ser perigoso.[21]

Domesticación

editar
 
Atelerix albiventris.

Os ourizos poden terse domesticados como mascotas. A especie máis comunmente usada como mascota é un híbrido da especie centroafricana Atelerix albiventris e a norteafricana Atelerix algirus. É máis pequeno que o ourizo cacho europeo, polo que se lle chama ás veces ourizo africano anano ou pigmeo. Outras especies que se poden ter como mascotas son os ourizos orelludos Hemiechinus auritus e Hemiechinus collaris.

A tenencia destes animais como mascotas é ilegal en moitos países. En España está prohibida. Antes vendíanse en España tendas de mascotas, pero desde 2013 non é legal. En España, segundo a normativa vixente e o establecido no artigo 2 do Real Decreto 630/2013 do 2 de agosto de 2013, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras: "queda prohibida a distribución dos ourizos ananos africanos "Atelerix albiventris" e os seus híbridos, aplicándose tamén a prohibición xenérica da súa posesión, transporte, tráfico e comercio de exemplares vivos ou mortos, dos seus restos ou propágulos, incluíndo o comercio exterior". En Italia está tamén prohibido, así como nos países escandinavos e nalgúns outros países europeos.[22] Nalgúns estados dos Estados Unidos e municipalidades do Canadá está prohibido tamén, e necesítanse licenzas para a crianza.

Uso culinario e medicinal

editar

Os ourizos son un alimento en moitas culturas. Xa os comían os antigos exipcios e algunhas receitas da cociña medieval usaban carne de ourizo.[23] Comérciase con ourizos en partes de Eurasia e África para usalos na medicina tradicional e mesmo na bruxería. No Oriente Próximo, e especialmente entre os beduínos, a carne de ourizo é considerada medicinal, e crese que cura o reumatismo e a artrite.[24] Tamén os partidarios do seu uso din que cura diversas doenzas e trastornos, supostamente desde a tuberculose á impotencia. En Marrocos, a inhalación do fume de queimar a pel e pelos de ourizo considérase un remedio para a febre, impotencia masculina e doenzas urinarias. O sangue de ourizo véndese para curar doenzas dérmicas e verrugas e a carne cómese como remedio para os meigallos.[25] O pobo romaní nalgúns países aínda come ourizo cocido ou asado e utiliza o seu sangue e graxas polo seu suposto valor medicinal.[26]

  1. 1,0 1,1 Hutterer, R. (2005). "Order Erinaceomorpha". In Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 212–217. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  2. Reiter C, Gould GC (1998). "Thirteen Ways of Looking at a Hedgehog". Natural History 107 (6): 52. 
  3. "WildlifeTrust.org.uk". WildlifeTrust.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2013. Consultado o 2013-02-28. 
  4. De todos modos, a palabra porco espiño tamén se usa ás veces co significado de ourizo cacho, aumentando a confusión á hora de distinguilos.
  5. 5,0 5,1 5,2 Attenborough, David (2014). Attenborough's Natural Curiosities 2. Armoured Animals. UKTV. 
  6. Social Behaviour / Territoriality / Predation / Learning: West European Hedgehog. wildlifeinformation.or
  7. Hof, A. R.; Bright, P. W. (2010). "The value of agri-environment schemes for macro-invertebrate feeders: Hedgehogs on arable farms in Britain" (PDF). Animal Conservation 13 (5): 467–473. doi:10.1111/j.1469-1795.2010.00359.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/12/2018. Consultado o 28/12/2016. 
  8. Where have all the hedgehogs gone ? Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. Snufflelodge.org.uk. Retrieved on 2013-09-05.
  9. Omori-Satoha, Tamotsu; Yoshio Yamakawab; Dietrich Mebs (November 2000). "The antihemorrhagic factor, erinacin, from the European hedgehog (Erinaceus europaeus), a metalloprotease inhibitor of large molecular size possessing ficolin/opsonin P35 lectin domains". Toxicon 38 (11): 1561–80. PMID 10775756. doi:10.1016/S0041-0101(00)00090-8. 
  10. Drabeck, D.H.; Dean, A.M.; Jansa, S.A. (June 1, 2015). "Why the honey badger don't care: Convergent evolution of venom-targeted nicotinic acetylcholine receptors in mammals that survive venomous snake bites.". Toxicon (Elsevier) 99: 68–72. doi:10.1016/j.toxicon.2015.03.007. 
  11. Adrian, E. D. (31 de marzo de 1942). "Olfactory reactions in the brain of the hedgehog". The Journal of Physiology (Cambridge: The Physiological Laboratory) 100 (4): 459–473. PMC 1393326. PMID 16991539. doi:10.1113/jphysiol.1942.sp003955. 
  12. Suomalainen, Paavo; Sarajas, Samuli (1951-08-01). "Heart-beat of the Hibernating Hedgehog". Nature 168 (4266): 211. Bibcode:1951Natur.168..211S. ISSN 0028-0836. PMID 14875055. doi:10.1038/168211b0. 
  13. Litter – Burlington and MIDI (04/19/2004) Arquivado 10 de xullo de 2009 en Wayback Machine.. hamorhollow.com
  14. "The Hedghogz Home Page – Babies & Reproduction". Hedghogz.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2013. Consultado o 2009-03-08. 
  15. "Hedgehogs pose prickly problem for native fauna". Landcare Research media release. 17 September 2003. Arquivado dende o orixinal o 2003-10-01. Consultado o 6 December 2011. 
  16. Ross, David (14 January 2009). "18 Trappers Sought for Hebrides to Protect Birds from Hedgehogs". The Herald. Consultado o 12 June 2009. 
  17. "List of Hedgehog diseases". Wildlifeinformation.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 2009-03-08. 
  18. Takahashi, Yoko; Ayako Sano; Kayoko Takizawa; Kazutaka Fukushima; Makoto Miyaji; Kazuko Nishimura (2003). "The epidemiology and mating behavior of Arthroderma benhamiae var. erinacei in household four-toed hedgehogs (Atelerix albiventris) in Japan" (PDF). Japanese Journal of Medical Mycology 44 (1): 31–8. PMID 12590257. doi:10.3314/jjmm.44.31. 
  19. Haigh, Amy; O'Riordan, Ruth M.; Butler, Fidelma (2014). "Hedgehog Erinaceus europaeus mortality on Irish roads". Wildlife Biology 20 (3): 155–160. doi:10.2981/wlb.12126. 
  20. Lean, Geoffrey (2006-09-09). "Hedgehogs saved from death by McFlurry". The Independent (London). Consultado o 2016-07-20. 
  21. "A community for African Pygmy Hedgehog Owners and Breeders – Environmental Enrichment". Hedgehog World. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 2009-03-08. 
  22. "Fauna selvativa e specie protette". Corpo Forestale dello Stato. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2016. Consultado o 31 August 2014. 
  23. Pidd, Helen (14 September 2007). "Roast hedgehog and nettle pud – a slap-up feast for ancient Britons". The Guardian (London). Consultado o 12 June 2009. 
  24. Qumsiyeh, Mazin B. (1996). Mammals of the Holy Land. Texas Tech UP. p. 64. ISBN 978-0-89672-364-1. 
  25. Nijman, V.; Bergin, D. (2015). "Trade in hedgehogs (Mammalia: Erinaceidae) in Morocco, with an overview of their trade for medicinal purposes throughout Africa and Eurasia". Journal of Threatened Taxa 7 (5): 7131–7137. doi:10.11609/JoTT.o4271.7131-7. 
  26. Wood, Manfri Frederick (1979). In the Life of a Romany Gypsy. J.A. Brune. pp. 80–81. ISBN 978-0-7100-0197-9. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar