Elīna Garanča

cantante de ópera letona
(Redirección desde «Elina Garanca»)

Elīna Garanča, nada o 16 de setembro de 1976 en Riga (Letonia), é unha mezzosoprano letoa.

Modelo:BiografíaElīna Garanča

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Riga (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
EducaciónJāzeps Vītols Latvian Academy of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
ProfesoresVirginia Zeani (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano lírica Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDeutsche Grammophon Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKarel Mark Chichon Editar o valor en Wikidata
NaiAnita Garanča Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webelinagaranca.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1988033 Facebook: elinagaranca Twitter: ElinaGaranca Instagram: elina.garanca BNE: XX5039224 Spotify: 74qCFeNvjcO4R0cRXik17C iTunes: 14811252 Last fm: Elīna+Garanča Musicbrainz: cf23a584-d5b6-4259-af6b-3960e2cc6d8b Songkick: 440910 Discogs: 1554211 Allmusic: mn0002335235 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Garanča naceu na cidade letoa de Riga no seo dunha familia de músicos, seu pai director de coro e súa nai unha cantante de lieder e profesora de canto.[1][2][3] Súa nai Anita é profesora na Academia de Música Letoa, e profesora asociada da Academia Letoa de Cultura, unha profesora de música vocal na Ópera Nacional Letoa, así como profesora particular.[4][5] Seu irmán Jānis (aka Jaanis) Garanča, tres anos maior que Elīna, comezou estudos musicais, mais actualmente é informático.[6]

Garanča ingresou na Academia de Música Letoa en 1996 para estudar canto con Sergej Martinov. Continuou os seus estudos en Viena con Irina Gavrilović e nos Estados Unidos con Virginia Zeani.

Garanča comezou a súa carreira profesional no Südthüringisches Staatstheater en Meiningen e posteriormente traballou na Ópera de Frankfurt. En 1999 gañou a Mirjam Helin Singing Competition en Helsinqui (Finlandia).

Comezou a salientar internacionalmente en 2003 no Salzburger Festspiele cando interpretou a Annio nunha produción de La clemenza di Tito de Mozart, dirixida por Nikolaus Harnoncourt. Pronto comezou a recibir importantes papeis, como Charlotte en Werther, Dorabella en Così fan tutte na Ópera Estatal de Viena (2004) e Dorabella nunha produción en París dirixida por Patrice Chéreau (2005). En 2006 cantou de novo La clemenza di Tito, desta volta interpretando o papel de Sesto. O 12 de xaneiro de 2008, Garanča debutou coa súa propia compañía na Metropolitan Opera de Nova York no papel de Rosina en Il barbiere di Siviglia de Rossini. Sobre o seu debut, Bernard Holland escribiu en The New York Times: "A señora Garanča é unha realidade (...) As novas técnicas do canto adáptanse con dificultade ao énfase do Rossini de principios do século XIX en velocidade, brillantez e articulación, e a señora Garanča era a única sobre o escenario que parecía realmente cómoda.[7] Garanča cantou o papel principal de Carmen no produción de 2010 da Metropolitan Opera. No concerto inaugural do Rheingau Musik Festival de 2011 na Abadía de Eberbach cantou os Sieben frühe Lieder de Alban Berg coa hr-Sinfonieorchester, dirixida por Paavo Järvi.[8]

Está casada co director Karel Mark Chichon. A súa primeira filla, Catherine Louise, naceu o 30 de setembro de 2011.[9]

Gravacións

editar

Entre as súas gravación salienta o Premio Grammy gañado coa gravación de Bajazet baixo a dirección de Fabio Biondi, na que interpretou o papel de Andronico. En 2005 asinou un contrato para gravar exclusivamente con Deutsche Grammophon. Entre as súas gravación sobresaen ademais:

Temas en galego

editar

Por suxestión de César Wonenburger da Asociación Amigos da Ópera da Coruña incluíu dous temas en galego no seu repertorio, a tradicional "Vai lavar a cara" e "Lela" de Castelao. Finalmente os temas, arranxados por Juan Durán, foron gravados por encarga de Deutsche Grammophon.[10]

  1. Gurewitsch, Matthew (28 de xuño de 2009). "A Mezzo Kicks Up Her Heels in High Style". The New York Times. 
  2. Loomis, George (10 de xaneiro de 2008). "Opera's Switch Hitter". The New York Sun. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. 
  3. "Elina Garanca - Biography". Deutsche Grammophon. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. 
  4. Kuusisaari, Harri (22 de xullo de 2009). "Latvian blonde is eager to alter her image". The Mirjam Helin International Singing Competition. Finnish Cultural Foundation. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 03 de agosto de 2012. 
  5. "Anita Garanča". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. Consultado o 03 de agosto de 2012. 
  6. "Jaanis Garancs". www.garancs.net. 
  7. Holland, Bernard (January 14, 2008). "Barreling Through Rossini With a ‘Noises Off’ Rhythm". The New York Times. 
  8. Klaus Ackermann (27 June 2011). "Magische Momente". op-online.de.  (en alemán)
  9. "Garanča Baby « The Eyes Have It". 2011-11-15. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2011. Consultado o 2011-12-10. 
  10. "«Vai lavar a cara», con música clásica". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-18. Consultado o 2022-07-18. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar