Heitor Villa-Lobos

compositor brasileiro
(Redirección desde «Villa-Lobos»)

Heitor Villa-Lobos, nado o 5 de marzo de 1887 en Río de Xaneiro e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1959, foi un compositor brasileiro.

Heitor Villa-Lobos
Nome completoHeitor Villa-Lobos
Nacemento5 de marzo de 1887
 Río de Xaneiro
Falecemento17 de novembro de 1959
 Río de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
PaiRaul Villa-Lobos
Parella/sArminda Villa-Lobos
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade de Miami e comandante da Lexión de Honra
Na rede
IMDB: nm0897660 Allocine: 103291 Allmovie: p170902 IBDB: 12529
Spotify: 01UzgUtDa2NqWuvUjrrl3p iTunes: 2422910 Last fm: Heitor+Villa-Lobos Musicbrainz: a8dbf22f-9788-4cf6-a0df-c9244384f295 Discogs: 691665 IMSLP: Category:Villa-Lobos,_Heitor Allmusic: mn0000820274 WikiTree: Villa-Lobos-1 Find a Grave: 6909 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Heitor Villa-Lobos naceu o 5 de marzo de 1887 na cidade de Río de Xaneiro no seo dunha familia de clase media. O seu pai, Raúl Villa-Lobos era de ascendencia española e a súa nai, Noemia Umbelina, de ascendencia indíxena[1][2]. Seu pai era historiador e ensinou ó seu fillo a tocar a frauta e o clarinete. Na casa era habitual a música clásica, e o propio Heitor, sendo neno reuníase cos músicos da rúa para improvisar sobre instrumentos locais partindo de melodías de moda. Deste xeito, o mozo Villa-Lobos de seguida converteuse nun gran guitarrista[2]. Instrumento no que tocaba ós clásicos, adaptándo as súas composicións. De seguida pasou ó violocello, que tocaba na orquestra do Teatro Recreio cun repertorio variado de zarzuelas, óperas e operetas[2]. No 1905, antes de cumprir os vinte anos, decidiu abandonar a formación académica e comezou a traballar en bandas de música que percorrían o Brasil, entrando en contacto cos ritmos e melodías dos indios, os ritmos nos negros de Baía e as cancións populares urbanas e rurais[2]. Posteriormente asentouse en Río de Xaneiro, onde proseguiu a súa formación co estudo dos grandes clásicos. Así recibiu formación de Vincent d'Indy e estudou con frecuencia a compositores clásicos coma Wagner, Puccini, Dukas, Debussy e especialmente Bach[2].

Traxectoria europea editar

Na década de 1920, marca o inicio dunha etapa de exaltación nacionalista, onde moitos artistas brasileiros tentan facer internacional a súa obra. Deste xeito do 1923 ó 1930, Villa-Lobos trasládase a París, apoiado por diferentes grupos de vangarda[2]. Aquí entrou en contacto con músicos coma o pianista Artur Rubinstein ou o compositor de vangarda Edgar Varèse. Nesta época, o compositor atopábase na súa etapa máis orixinal. Así, nos concertos na capital francesa, combinaba os instrumentos tradcionais coas percusións brasileiras surxidas do mundo negro e indio. Desta época xorde Chôros, considerada por algúns coma a maior achega do Brasil á música mundial[2].

Madurez e últimos anos editar

Na súa volta ó Brasil no 1930, foi encargado de organizar o sistema educativo musical do país e posteriormente levou a cabo a fundación do conservatorio nacional. Non obstante, seguiu compondo a un ritmo incesante. Desta época son as populares Bachianas Brasileiras e O Descubrimento do Brasil[2]. Pouco a pouco acada unha fama mundial e dirixe as súas obras perante orquestras e filharmónicas de todo o mundo. Da a coñecer os seus últimos cuartetos, a ópera Yerma, a obra Os bosques do Amazonas e os poemas sinfónicos Erosión e Xénese. Cando morre, no 1959, estaba a compoñer a súa sinfonía número 13[2].

Obra editar

A obra de Villa-Lobos e moi prolífica, acadando as 1 000 composicións, das que son especialmente coñecidas as súas Bachianas Brasileiras No. 5 ou as súas composicións para guitarra.[3] A obra de Villa-Lobos caracterízase pola combinación de elementos melódicos e rítmicos da música indíxena coa tradición musical clásica.[4]

Legado editar

 
Villa-Lobos no billete de 500 cruzados brasileiros de 1987.

Dende 2006 a data do seu nacemento é celebrada no Brasil como o "Dia Nacional da Música Clássica".[5]

O billete de 500 cruzados brasileiros tiña no seu reverso ao compositor como protagonista.[6]

Notas editar

  1. Tedders, p. 5
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Meneses A. e Pablo Pérez V. (1999). Auvidis France, ed. Cello Concertos Nos 1 & 2, Fantasía for Cello and Orchestra - Orquestra sinfónica de Galicia. 
  3. Russomanno, Stefano (17 de novembro de 2019). "Las 10 mejores composiciones de Heitor Villa-Lobos". Scherzo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  4. "Heitor Villa-Lobos. Brazilian composer". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  5. Massalli, Fabio, ed. (5 de marzo de 2015). "Dia Nacional das Música Clássica é comemorado em praça pública no centro do Rio". Agência Brasil (en portugués). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  6. Sánchez Rodríguez, Virginia (2018). "La historia de la música occidental a través del papel moneda". ArtyHum. Revista Digital de Artes y Humanidades (en castelán) (Vigo) (51): 92. ISSN 2341-4898. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar