Edward Snowden
Edward Joseph "Ed" Snowden, nado en Elizabeth City, Carolina do Norte, o 21 de xuño de 1983[1] é un analista informático ex traballador da CIA e a NSA.[2][3] En xuño de 2013, Snowden fixo públicos, a través dos xornais The Guardian e The Washington Post, documentos clasificados como alto secreto sobre varios programas da NSA, incluíndo os programas de vixilancia masiva PRISM e XKeyscore.[3][4][5][6][7]
Crese que Snowden fuxiu de Hong Kong (China) cara a Rusia; Snowden solicitou a Ecuador que lle conceda asilo.[8] O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos clasificou a participación de Snowden no programa de vixilancia PRISM como un «asunto criminal», polo que non está clara a sorte que terá.[9]
Tamén solicitou asilo a España, Venezuela, Bolivia ou Cuba entre un total de 21 países.[10] O 5 de xullo de 2013 o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, ofreceu asilo humanitario a Snowden,[11] pero ó mesmo tempo, o presidente da República de Nicaragua, Daniel Ortega, dixo no Acto do 34 aniversario do repregamento táctico a Masaya (Nicaragua) que se consideraría ofrecerlle asilo a Snowden e afirmou que Nicaragua xa recibira a carta de petición de asilo na súa embaixada en Moscova.
Notas
editar- ↑ Ackerman, Spencer (10 de xuño de 2013). "Edward Snowden failed in attempt to join US army's elite special forces unit" (en inglés). The Guardian. Consultado o 10 de xuño de 2013.
The army did confirm Snowden's date of birth: June 21, 1983.
- ↑ "Edward Snowden says motive behind leaks was to expose “surveillance state”". The Washington Post (en inglés). 9 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 Gellman, Barton; Blake, Aaron; Miller, Greg (9 de xuño de 2013). "Edward Snowden comes forward as source of NSA leaks" (en inglés). The Washington Post. Consultado o 10 de xuño de 2013.
- ↑ Smith, Matt (9 de xuño de 2013). "NSA leaker comes forward, warns of agency's 'existential threat'.". CNN (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2013.
- ↑ Calderone, Michael (7 de xuño de 2013). "Washington Post Began PRISM Story Three Weeks Ago, Heard Guardian's 'Footsteps'.". The Huffington Post (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2013.
- ↑ Gellman, Barton; Blake, Aaron; Miller, Greg (9 de xuño de 2013). "Edward Snowden identified as source of NSA leaks". The Washington Post (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2013.
- ↑ Greenwald, Glenn; MacAskill, Ewen; Poitras, Laura (9 de xuño de 2013). "Edward Snowden: the whistleblower behind the NSA surveillance revelations". The Guardian (en inglés) (Hong Kong). Consultado o 9 de xuño de 2013.
- ↑ Robertson, Robert (10 de xuño de 2013). "Iceland may not be the haven U.S. leaker hopes" (en inglés). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ "Called a defector, NSA leaker defends his decision" (en inglés). CNN. Consultado o 10 de xuño de 2013.
- ↑ "Canciller Patiño anunciará mañana (07:h00) si Ecuador le dará el asilo político o no a Edward Snowden". El Telégrafo. 23 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ "Venezuela ofrece asilo humanitario a Edward Snowden “para protegerlo de la persecución imperial”". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2017.