National Security Agency

(Redirección desde «NSA»)
National Security Agency
Establecida: 4 de novembro do 1952
Axencia anterior Armed Forces Security Agency
Director Tenente Xeneral Keith B. Alexander (US Army)
Cuartel Xeral Fort Meade, Maryland
Presuposto: Clasificado
Empregados: Clasificado
Dependente do Departamento de Defensa dos Estados Unidos

A National Security Agency (en galego «Axencia de Seguridade Nacional»), máis coñecida polas súas siglas en inglés NSA, é unha axencia de intelixencia estadounidense.

Historia e características editar

Foi fundada oficialmente o 4 de novembro de 1952 e é responsable de obter e analizar información transmitida por calquera medio de comunicación (SIGINT), e de garantir a seguridade das comunicacións do goberno estadounidense con outras axencias similares doutros países. Pertence ó Departamento de Defensa. As súas actividades de espionaxe inclúen a radiodifusión, tanto de organizacións como de individuos, Internet, e outras formas de comunicación, sobre todo confidenciais. A interceptación de comunicacións seguras inclúe militares, diplomáticos, e outras comunicacións sensibles, confidenciais ou secretas do goberno. A pesar de ser considerada como a organización que máis doutores matemáticos emprega, como propietaria do maior número de superordenadores, e tendo un orzamento moito maior có da CIA, tivo un perfil notablemente baixo ata os últimos anos. Durante moito tempo a existencia desta axencia non foi admitida polo goberno dos EUA. Chegóuselle a coñecer coma No Such Agency (non hai tal axencia).

Por mor do seu labor de espionaxe mediante escoitas, a NSA está fortemente implicada na investigación da criptoanalítica, seguindo o traballo das axencias precursoras que foran responsables de romper moitos códigos e claves durante a segunda guerra mundial (mirar, por exemplo, Código Púrpura, Venona, e JN-25).

 
Instalacións xerais da NSA en Fort Meade, Maryland.

A oficina central da Axencia de Seguridade Nacional está en Fort Meade (Maryland), aproximadamente a 16 km ó noroeste de Washington. A NSA ten a súa propia saída na autoestrada Baltimore-Washington, sinalizada como "Só para empregados da NSA". A escala das operacións da NSA é difícil de determinar a partir dos datos desclasificados, pero unha pista é o uso de electricidade da oficina central. O orzamento da NSA para electricidade excede os 21 millóns de US$ por ano, facéndoo o segundo maior consumidor de electricidade do estado de Maryland. As fotos da sede central amosan que hai aproximadamente 18.000 prazas de aparcadoiro no lugar, aínda que se cre que o número de empregados na NSA pode dobrar este número; os empregados están esparexidos por todo o mundo.

O seu programa de comunicacións seguras para o goberno dos Estados Unidos, implicou a NSA na produción de hardware e software de comunicacións e de semicondutores (hai unha planta de fabricación de chips en Fort Meade), na investigación da criptografía, e ten contratos coa industria privada para subministrarlle produtos, equipos tecnolóxicos e até investigación.

Programas da NSA editar

ECHELON editar

 
Un dos presuntos radomos da rede ECHELON.

ECHELON, como tal, é un programa informático. A Rede Echelon en cambio sería un entramado de antenas, estacións de escoita, radares e satélites, apoiados por submarinos e avións espía, unidos todos eses elementos a través de bases terrestres. O seu obxectivo é espiar as comunicacións mundiais, teoricamente, para loitar contra o terrorismo internacional e o tráfico de drogas. Entre as comunicacións espiadas atópanse os correos electrónicos, fax, comunicacións por cable, por satélite, radio, conversacións telefónicas etc.

Na constitución estadounidense establécese que a NSA non pode espiar dentro dos Estados Unidos, pero como a rede ECHELON participan outros países, a NSA pode pedirlle a información a outros servizos de intelixencia que formen parte de UKUSA, como Gran Bretaña, e sería totalmente legal. Hoxe en día a rede ECHELON é un dos proxectos principais aos que se dedica a NSA.

Escoitas telefónicas baixo o goberno de George W. Bush editar

O 16 de decembro de 2005, o xornal The New York Times deu a coñecer que o presidente George W. Bush dera orde á NSA, nun intento de frear o terrorismo, de realizar escoitas telefónicas a individuos que chamasen fóra dos EUA Esta orde executouse sen a aprobación da autoridade competente, o United States Foreign Intelligence Surveillance Court, un tribunal secreto creado para tal fin baixo a ley de vixilancia de intelixencia exterior (Foreign Intelligence Surveillance Act) do 1978.

Escoitas baixo o goberno de Barack Obama editar

No 2009 The New York Times divulgou que a NSA estaba a interceptar comunicacións de cidadáns americanos, incluso de membros do congreso aínda que o departamento de xustiza americano cría que a NSA corrixira os seus erros pasados. O fiscal xeral americano, Eric Holder vólvese ocupar da investigación das escoitas telefónicas de acordo coa lei de vixilancia de intelixencia exterior, pero sen dar explicación do acontecido.

Directores da NSA editar

 
O xeneral Keith B. Alexander, actual director da NSA.

USA, USAF, e USN son os acrónimos de United States Army, United States Air Force, e United States Navy, respectivamente.

Sistemas de encriptación da NSA editar

A NSA é responsable dos seguintes sistemas de encriptación:

  • EKMS; Sistema electrónico de administración de claves.
  • FNBDT; Future Narrow Band Digital Terminal (Futuro terminal dixital de banda estreita).
  • Fortezza; encryption based on portable crypto token in PC Card format.
  • KL-7; ADONIS off-line rotor encryption machine (post-WW II to 1980s).
  • KW-26 ROMULUS electronic in-line teletype encryptor (1960s–1980s).
  • KW-37 JASON fleet broadcast encryptor (1960s–1990s).
  • KY-57 VINSON tactical radio voice encryptor (Encriptor táctico de voz por radio).
  • SINCGARS radio táctica con frecuencia de saltos criptografiada.
  • STE Equipamento de seguridade telefónica.
  • STU-III antiga unidade de seguridade telefónica.

Supercomputadores editar

Super ordenadores da NSA (no 2002)
Tipo de Ordenador Potenxia (en Xigaflops)
Cray T3E-1200E LC1900 2.280
Cray T3E-900 LC1324 1.191,6
Cray SVI-18/576 (-4Q02) 1.152
SGI 2800/250-2304 1.152
HP SuperDome/552-512 1.130,5
Cray T3E-1350 LC800 1.080
SGI 3800/400-1064 851,2
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200 LC404 484,8
Cray T3E-1200 LC284 340,8
Cray X1-6/192 (+1Q03) 1.966,08
Total 13,572,98

Dado a alta confidencialidade da NSA é difícil controlar a veracidade desta información.

Orzamentos editar

Comparativa dos orzamentos das axencias de seguridade dos Estados Unidos en 2013 en miles de millóns de dólares americanos[1]:

A NSA e o Software Libre editar

A NSA, no marco da seguridade informática dos ordenadores do goberno dos EUA contribuíu co software libre creando varios modificacións de seguridade para Linux baixo o nome de SELinux (Security-Enhanced Linux).

Na ficción editar

Dende que se revelou a existencia da NSA converteuse, especialmente dende a década dos 1990, en parte da ficción da espionaxe. Moitas das representacións esaxeran as actividades e participación da axencia en distintos eventos. Aparece en libros como Digital Fortress de Dan Brown, Red Storm Rising de Tom Clancy, en series de televisión como Chuck ou Jack 2.0, en películas como xXx, Good Will Hunting, Die Another Day ou The Simpsons Movie e en videoxogos como a saga de Splinter Cell onde é parte fundamental do xogo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar