Digital Fortress
Digital Fortress ("fotaleza dixital"), é a primeira novela de ciencia ficción escrita polo norteamericano Dan Brown, publicada en 1998.
Digital Fortress | |
---|---|
Tipo | obra literaria ![]() |
Forma artística | novela ![]() |
Xénero artístico | techno-thriller (en) ![]() ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | Dan Brown ![]() |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América e Reino Unido ![]() |
Editorial | St. Martin's Press, Transworld Publishers (en) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
Número de | |
Páxinas | 544 ![]() |
Edicións | |
Edicións
| |
Identificadores | |
Goodreads | 40195 ![]() |
Open Library | OL76836W ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | danbrown.com ![]() |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarSusan Fletcher é unha criptógrafa estrela da NSA, unha axencia de intelixencia estadounidense especializada na interceptación de información. Susan e chamada polo xefe do departamento de criptografía para que lle axude cunha emerxencia; un ex-membro da NSA, Ensei Tankado desenvolveu un algoritmo que nin o maior ordenador do mundo especializado na desencriptación o deu conseguido, o ordenador é o TRANSLTR en poder da NSA obviamente. Ensei Tankado colgou o programa criptográfico na súa web, pero estaba autocifrado e tiña a intención de vender o contrasinal que o descifraba a empresa que lle pagara máis por el. A única forma de que non publique o contrasinal é que a NSA recoñeza a existencia do TRANSLTR; se Tankado morrese asasinado pola NSA un compañeiro sería o encargado de revelarlle a todo o mundo o contrasinal. A NSA esta en crise, xa que se o programa se distribúe non poderán descifrar as mensaxes.
Ensei Tankado aparece morto en Sevilla, supostamente por un ataque o corazón, a NSA debe atopar o amigo de Tankado que ten o contrasinal, pero sen que este se entere de que morreu xa que podería dar a coñecer o contrasinal do programa e entón sería a ruína para a NSA.
Mentres Trevor Strathmore envía a David Becker a España para que leve todas as pertenzas de Ensei Tankado a NSA para atopar algunha pista.
Código criptográfico
editarÓ remate do libro aparece o seguinte código: 128 - 10 - 93 - 85 - 10 - 128 - 98 - 112 - 6 - 6 - 25 - 126 - 39 - 1 - 68 - 78
Para descifralo debemos anotar a primeira letra do capítulo correspondente a cada número. Unha vez feito sae a luz a mensaxe We are watching you, que significa Estamoste observando, referíndose ó lema da NSA que o controla todo.
- Nota: O código só ten sentido na versión inglesa do libro.
Personaxes
editar- Susan Fletcher: Criptógrafa da NSA
- David Becker: Mestre de idiomas na universidade de Georgetown e prometido de Susan Fletcher
- Trevor Strathmore: Subdirector da NSA e xefe do departamento de criptografía
- Ensei Tankado: Ex-criptógrafo da NSA, creador do programa Fortaleza Dixital
- Greg Hale: Criptógrafo da NSA, ex-marine
- Leland Fontaine: Director da NSA
- Midge Milken: Analista de seguridade internaNSA
- Hulohot: Asasino enviado por Strathmore para matar David Becker e a todos os que viran o anel de Ensei Tankado.
- Chad Brinkerhoff: Oficinista de Fontaine
- Phil Chartrukian: Empregado do Dpt. de Sys-sec da NSA
- Tokugen Numataka: Empresario xaponés dono dunha gran multinacional, e pai de Ensei Tankado
- Jabba: Experto en seguridade informática
Polémica
editarA novela provocou unha polémica sobre todo nos cidadáns de Sevilla xa que o autor reflicte esta cidade como corrupta e terceiromundista.