Abrir o menú principal

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español é un telefilme (película para a televisión ou TV Movie na xerga do cine) producida por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista.

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español
Barreiros Azor.jpg
Ficha técnica
Título orixinalEduardo Barreiros, o Henry Ford español
DirectorSimón Casal de Miguel
ProdutorContinental Producciones
GuiónJosé Luis Acosta
IntérpretesManuel Regueiro, Cristián Escuredo, Manolo Solo, Brais Varela, María Tasende
MúsicaAntonio Meliveo
FotografíaIñigo Zubicaray
Estrea2011
Duración99 min
OrixeGalicia Galicia
XéneroLongametraxe para televisión

Rodada en Galicia, dirixida por Simón Casal e protagonizada por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros.

Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).

Índice

SinopseEditar

O empresario ourensán Eduardo Barreiros, fundador da marca de motores e camións que levaba o seu apelido, chegou a erixirse como o sexto empresario máis importante de Europa en 1964. Por aqueles anos case a metade dos camións que circulaban por España levaban o seu nome.

A carreira profesional de Barreiros, un rapaz de pobo, comezou coa xenial idea de converter motores de gasolina en motores diésel, creando un imperio industrial con case 25.000 traballadores.

O motor diésel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. En 1963, a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos estadounidenses en España, lanzouno a un protagonismo internacional.

Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo ao español nas ampliacións de capital, até que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969.

Tras perder o control da súa propia empresa a mans da multinacional, Barreiros abandonou a súa fábrica, e a súa marca desapareceu das estradas. Pero a obra de Barreiros segue presente na gran factoría de Villaverde (Madrid), no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos. A súa historia é o escaparate da vida dun traballador, dun neno de orixe humilde, que loitou pola vida que lle tocou vivir, e que chegou até cumios inimaxinábeis sen perder nunca o espírito emprendedor, nin sequera nos momentos máis duros.

Galardóns e nomeamentosEditar

  • Na 45ª edición do Festival Internacional World Fest de Houston (2012),[1] recibiu o máximo galardón, o platino, seleccionada entre títulos de todo o mundo, distinción que lle permite acceder automaticamente á selección oficial do Festival de Seúl.[2]

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Receptor Resultado
2011 Mellor director Simón Casal de Miguel Nomeado
Mellor filme para televisión Continental Producciones, Salero Films e TVG Gañador
Mellor dirección de produción Carlos Amoedo Nomeado
Mellor dirección artística Antonio Pereira e Ángel Amaro Nomeados
Mellor maquillaxe e peiteado Cristina Couto Nomeada
Mellor deseño de vestiario María Fandiño Nomeada

NotasEditar

  1. 45th Wordlfest-Houston Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Palmarés do 45th Wordlfest-Houston. (en inglés)
  2. No Festival de Houston, o máis antigo dos que se dedican ao cine e ao vídeo independente, foron descubertas figuras do nivel de Steven Spielberg ou George Lucas, e onde hai tal grao de competitividade que a edición pasada recibiu 4.500 solicitudes procedentes de máis de 37 países.

Véxase taménEditar