Deshidroepiandrosterona

composto químico
(Redirección desde «DHEA»)

A deshidroepiandrosterona ou DHEA [1][2][3] (tamén ás veces escrita dehidroepiandrosterona) é unha hormona esteroide endóxena de 19 carbonos [4]. É o principal produto esteroide producido polas glándulas adrenais[5] e tamén se produce nas gónadas e o cerebro, e a partir del sintetízanse outros esteroides.[6] A DHEA é o esteroide circulante máis abundante nos humanos.[7]

Deshidroepiandrosterona (esta é a 5-DHEA).
Número CAS: 53-43-0.
Modelo 3D da deshidroepiandrosterona.
Nome IUPC:(3S,8R,9S,10R,13S,14S)-3-hidroxi-10,13-dimetil-1,2,3,4,7,8,9,11,12,14,15,16
-dodecahidrociclopenta[a]fenantren-17-ona.
Outros nomes: 3β-hidroxiandrost-5-en-17-ona.
5-DHEA

A DHEA está implicada en gran número de efectos fisiolóxicos nos humanos e outros animais. Actúa sobre o receptor de andróxenos tanto directamente coma por medio dos seus metabolitos, como o androstenediol e androstenediona, que poden sufrir unha transformación ulterior ao andróxeno testosterona e a estróxenos, como a estrona, estradiol, e estriol.[8] A DHEA é tamén un potente agonista do receptor sigma-1.[9] Considérase un neurosteroide.[8]

Produción

editar
 
Produción de DHEA a partir de colesterol.
 
Esteroidoxénese coa DHEA á esquerda entre os andróxenos.

A DHEA prodúcese a partir do colesterol pola acción de dous encimas citocromo P450. O colesterol convértese primeiro en pregnenolona por acción do encima P450 scc (córtase a cadea lateral); e despois o encima CYP17A1 converte a pregnenolona en 17α-hidroxipregnenolona e despois en DHEA.[10] A DHEA convértese encimaticamente en dihidroepiandrosterona sulfato (DHEAS), que é a forma circulante predominante no sangue.

Incremento da produción endóxena

editar

O exercicio regular incrementa a produción de DHEA no corpo.[11][12] A restrición calórica tamén se viu que incrementa a produción de DHEA nos primates.[13] Algúns teorizan que o incremento de DHEA endóxena orixinado pola restrición calórica é parcialmente responsable da maior expectativa de vida asociada coa restrición de calorías.[14]

Modo de acción

editar

A DHEA pode considerarse unha prohormona dos esteroides sexuais. A dihidroepiandrosterona sulfato (DHEAS) pode considerarse un tampón e un reservorio. Como a maioría da DHEA se produce na zona reticular do córtex adrenal, suxeriuse que podería xogar un papel nas respostas ao estrés e inmune.

Como case toda a DHEA se forma nas glándulas adrenais, a medición da DHEAS/DHEA sanguínea é útil para detectar o exceso de actividade adrenal como se observa en casos de cáncer adrenal ou hiperplasia, incluíndo certas formas de hiperplasia adrenal conxénita. As mulleres con síndrome de ovario poliquístico tenden a ter niveis elevados de DHEAS.[15]

Deshidroepiandrosterona sulfato

editar

A deshidroepiandrosterona sulfato (DHEAS) é a versión sulfatada da DHEA. Esta sulfatación é reversible e é catalizada por unha sulfotransferase (SULT2A1) principalmente nas adrenais, fígado, e intestino delgado. No sangue, a maioría do DHEA atópase en forma de DHEAS, xa que chega a ter niveis aproximadamente 300 veces máis grandes cós da DHEA libre. A DHEA inxerida por vía oral é convertida no seu sulfato cando pasa polos intestinos e fígado. Aínda que os niveis de DHEA chegan ao seu pico máximo nas primeiras horas da mañá, os niveis de DHEAS non mostran variacións diúrnas. Desde un punto de vista práctico, a medición da DHEAS pode ser preferible nalgúns casos á da DHEA, porque os seus niveis son máis estables.

Isómeros

editar
 
A 4-DHEA (ou 3beta-hidroxiandrost-4-en-17-ona) é un isómero da 5-DHEA (ou 3beta-hidroxiandrost-5-en-17-ona). Obsérvese a posición do dobre enlace comparado coa da molécula do principio da páxina.

O termo "deshidroepiandrosterona" é ambiguo quimicamente porque non inclúe as posicións específicas nas que a epiandrosterona perdeu os seus átomos de hidróxeno (por iso é deshidro). A DHEA ten varios isómeros que aparecen naturalmente que poden ter un efecto farmacolóxico similar. Algúns isómeros da DHEA son: 5-deshidroepiandrosterona (ou 5-DHEA, o máis importante), 1-deshidroepiandrosterona (1-DHEA) e 4-deshidroepiandrosterona (4-DHEA). Todos estes isómeros son tecnicamente DHEA, xa que son deshidroepiandrosteronas formadas por eliminación de hidróxenos do esqueleto da molécula de epiandrosterona.

Efectos e usos

editar

Insuficiencia adrenal e anciáns

editar

Nas mulleres con insuficiencia adrenal e nas persoas anciás con boa saúde as evidencias son insuficientes para apoiar o uso da DHEA.[16][17]

As probas non son conclusivas en relación cos efectos da DHEA sobre a forza nos anciáns.[18]

Nos homes máis novos, a suplementación con DHEA non ten efectos estatisticamente significativos sobre a masa muscular, forza, ou niveis de testosterona nos ensaios controlados aleatorios con placebo.[19]

Memoria e alzhéimer

editar

A suplementación con DHEA non parece ser útil para as funcións da memoria en adultos normais de mediana idade ou vellos.[20] Foi estudada tamén para o tratamento do alzhéimer, pero non se atopou evidencia de que fose efectiva.[21]

Saúde reprodutiva feminina

editar

Desde o ano 2000, a suplementación con DHEA é utilizada en medicina reprodutiva en combinación con gonadotropinas para tratar a infertilidade feminina.[22]

Enfermidades cardiovasculares e mortalidade

editar

Unha revisión de 2003 encontrou evidencias suficientes que suxerían que os baixos niveis séricos de DHEAS podían estar asociados con enfermidades cardíacas coronarias nos homes, pero os datos eran insuficientes para determinar se a suplementación con DHEA podería ser beneficiosa para o funcionamento cardiovascular.[23]

Un estudo de 1986 encontrou que un nivel alto de DHEA endóxena, determinado no estudo por unha soa medición, se correlacionaba cun menor índice de mortalidade ou de enfermidades cardiovasculares.[24] Porén, un estudo máis recente de 2006 non encontrou correlación entre os niveis de DHEA e o risco de padecer enfermidades cardiovasculares ou de mortalidade nos homes.[25] Un estudo de 2007 encontrou que a DHEA restablecía o equilibrio oxidativo en pacientes diabéticos, reducindo os niveis tisulares de pentosidina, un biomarcador de produtos da glicación avanzada.[26]

Hai algunhas evidencias de beneficios a curto prazo en pacientes de lupus eritematoso sistémico, pero poucas evidencias de beneficios a longo prazo ou da súa seguridade.[27]

Suplemento dietético

editar

Nalgúns países, como EEUU, a DHEA véndese como suplemento dietético e está especificamente excluído da Lei de Control de Esteroides Anabólicos de 1990 e 2004, pero noutros países só se pode comprar con prescrición médica.[28][29][30][31]

Dopaxe deportiva

editar

Nos deportes a DHEA está considerada substancia dopante. Está prohibida polo Código Antidopaxe Mundial da Axencia Antidopaxe Mundial,[32] que xestiona as probas antidopaxe dos Xogos Olímpicos e outros deportes. Desde 1999 en que se empezaron a facer probas varios xogadores de baloncesto da NBA (National Basketball Association) foron suspendidos por utilizar esta substancia.[33][34]

Seguridade

editar

A 5-DHEA prodúcese naturalmente no corpo humano e ten un historial de seguridade no seu uso nos últimos 15 anos. Nun estudo de Chang et al, a 5-DHEA (ou 3β-hidroxiandrost-5-en-17-ona) foi administrada a unha dose de 200 mg/día durante 24 semanas con só lixeiros efectos androxénicos observados [35]. Outro estudo utilizou unha dose de ata 400 mg/día durante 8 semanas con poucos efectos adversos [36] . Un estudo a longo prazo con doses de 50 mg de 5-DHEA durante 12 meses informou de poucos e leves efectos secundarios.[37] Noutro estudo no que se administraba unha dose de 50 mg de 5-DHEA durante 10 meses non se informou de efectos secundarios de importancia.[38] Moitos outros estudos con doses de 25 mg e máis diarios durante 24 meses de terapia en homes, mulleres e nenos demostraron que a 5-DHEA é ben tolerada e ten numerosos efectos beneficiosos, sen que se observasen efectos secundarios adversos de importancia.

Como precursor hormonal, houbo algúns informes de efectos secundarios causados polos metabolitos hormonais da DHEA.[39][40]

Investigación

editar

Cancro

editar

Algúns estudos in vitro encontraron que a DHEA ten efectos antiproliferativos e mesmo tamén apoptóticos sobre as liñas de células canceríxenas.[41][42][43] O significado clínico disto, se o ten, é descoñecido. Niveis máis altos de DHEA e outras hormonas sexuais endóxenas están fortemente asociados cun incremento do risco de desenvolver cancro de mama en mulleres pre- e posmenopáusicas.[44][45]

  1. PubChem compound Dehydroepiandrosterone
  2. ChemSpider Dehydroepiandrosterone Arquivado 29 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  3. CHEBI Dehydroepiandrosterone
  4. The NIH National Library of Medicine — Dehydroepiandrosterone http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/druginfo/natural/patient-dhea.html
  5. The Merck Index, 13th Edition, 7798
  6. Schulman, Robert A., Dean, Carolyn (2007). Rodale, Inc. - New York City, ed. Solve It With Supplements. p. 100. ISBN 978-1-57954-942-8. a DHEA (deshidroepiandrosterona) é unha hormona común producina nas glándulas adrenais, as gónadas e o cerebro. 
  7. William F Ganong MD, 'Review of Medical Physiology', 22nd Ed, McGraw Hill, 2005, page 362.
  8. 8,0 8,1 Mo Q, Lu SF, Simon NG (2006). "Dehydroepiandrosterone and its metabolites: differential effects on androgen receptor trafficking and transcriptional activity". J. Steroid Biochem. Mol. Biol. 99 (1): 50–8. PMID 16524719. doi:10.1016/j.jsbmb.2005.11.011. 
  9. Romieu, P.; Martin-Fardon, R.; Bowen, W. D.; and Maurice, T. (2003). Sigma 1 Receptor-Related Neuroactive Steroids Modulate Cocaine-Induced Reward. 23(9): 3572.
  10. Harper's illustrated Biochemistry, 27th edition, Ch.41 "The Diversity of the Endocrine system"
  11. Eur. J. Appl. Physiol. Occup. Physiol. 1998 Oct; 78(5):466-71
  12. J. Gerontol. A. Biol. Sci. Med. Sci. 2002 Apr; 57(4):B158-65
  13. Mattison, Julie A.; Lane, Mark A.; Roth, George S.; Ingram, Donald K. (2003). "Calorie restriction in rhesus monkeys". Experimental Gerontology 38 (1–2): 35–46. PMID 12543259. doi:10.1016/S0531-5565(02)00146-8. .
  14. Roberts, E. (1999). "The importance of dehydroepiandrosterone sulfate in the blood of primates: a longer and healthier life?". Biochemical Pharmacology 57 (4): 329–346. PMID 9933021. doi:10.1016/S0006-2952(98)00246-9. .
  15. Roczniki Akademii Medycznej w Białymstoku · Vol. 48, 2003 Annales Academiae Medicae Bialostocensis Incidence of elevated LH/FSH ratioin polycystic ovary syndrome women with normo- and hyperinsulinemiaBanaszewska B, Spaczyński RZ, Pelesz M, Pawelczyk L
  16. Arlt, W (2004 Sep). "Dehydroepiandrosterone and ageing.". Best practice & research. Clinical endocrinology & metabolism 18 (3): 363–80. PMID 15261843. 
  17. Alkatib, AA; Cosma, M, Elamin, MB, Erickson, D, Swiglo, BA, Erwin, PJ, Montori, VM (2009 Oct). "A systematic review and meta-analysis of randomized placebo-controlled trials of DHEA treatment effects on quality of life in women with adrenal insufficiency.". The Journal of clinical endocrinology and metabolism 94 (10): 3676–81. PMID 19773400. 
  18. Baker, WL; Karan, S, Kenny, AM (2011 Jun). "Effect of dehydroepiandrosterone on muscle strength and physical function in older adults: a systematic review.". Journal of the American Geriatrics Society 59 (6): 997–1002. PMID 21649617. 
  19. Wallace, M. B.; Lim, J.; Cutler, A.; Bucci, L. (1999). "Effects of dehydroepiandrosterone vs androstenedione supplementation in men". Medicine and Science in Sports and Exercise 31 (12): 1788–92. PMID 10613429. doi:10.1097/00005768-199912000-00014. 
  20. Grimley Evans, J; Malouf, R, Huppert, F, van Niekerk, JK (2006 Oct 18). "Dehydroepiandrosterone (DHEA) supplementation for cognitive function in healthy elderly people.". Cochrane database of systematic reviews (Online) (4): CD006221. PMID 17054283. 
  21. Fuller, SJ; Tan, RS, Martins, RN (2007 Sep). "Androgens in the etiology of Alzheimer's disease in aging men and possible therapeutic interventions.". Journal of Alzheimer's disease : JAD 12 (2): 129–42. PMID 17917157. 
  22. Casson PR, et al. Dehydroepiandrosterone supplementation augments ovarian stimulation in poor responders: a case series. Hum Reprod, 2000;15:2129-2132.
  23. Thijs L, Fagard R, Forette F, Nawrot T, Staessen JA. Are low dehydroepiandrosterone sulphate levels predictive for cardiovascular diseases? A review of prospective and retrospective studies. Acta Cardiol. 2003 Oct;58(5):403-10. PMID 14609305
  24. Barrett-Connor, E.; Khaw, K. T.; Yen, S. S. (1986). "A prospective study of dehydroepiandrosterone sulfate, mortality, and cardiovascular disease". N. Engl. J. Med. 315 (24): 1519–24. PMID 2946952. doi:10.1056/NEJM198612113152405. 
  25. Arnlöv, J.; Pencina, M. J.; Amin, S.; et al. (2006). "Endogenous sex hormones and cardiovascular disease incidence in men". Ann. Intern. Med. 145 (3): 176–84. PMID 16880459. 
  26. Boggs, Will. "DHEA Restores Oxidative Balance in Type 2 Diabetes". Medscape. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2008. Consultado o 2007-12-14. 
  27. Crosbie, D; Black, C, McIntyre, L, Royle, PL, Thomas, S (2007 Oct 17). "Dehydroepiandrosterone for systemic lupus erythematosus.". Cochrane database of systematic reviews (Online) (4): CD005114. PMID 17943841. 
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de marzo de 2012. 
  29. Colgin, Michael. "The Deal With the D.H.E.A.". www.food.ca. Consultado o 2021-02-18. [Ligazón morta]
  30. Calfee, R.; Fadale, P. (2006). "Popular ergogenic drugs and supplements in young athletes". Pediatrics 117 (3): e577–89. PMID 16510635. doi:10.1542/peds.2005-1429. In 2004, a new Steroid Control Act that placed androstenedione under Schedule III of controlled substances effective January 2005 was signed. DHEA was not included in this act and remains an over-the-counter nutritional supplement. 
  31. Tokish, J. M.; Kocher, M. S.; Hawkins, R. J. (2004). "Ergogenic aids: a review of basic science, performance, side effects, and status in sports". The American Journal of Sports Medicine 32 (6): 1543–53. PMID 15310585. doi:10.1177/0363546504268041. 
  32. World Anti-Doping Agency
  33. Memphis Grizzlies' O.J. Mayo gets 10-game drug suspension - ESPN. January 27, 2011.
  34. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2012. 
  35. Chang DM, Lan JL, Lin HY, Luo SF. Dehydroepiandrosterone treatment of women with mild-to-moderate systemic lupus erythematosus: a multicenter randomized, double-blind, placebo-controlled trial. Arthritis Rheum. 2002 Nov;46(11):2924-7.
  36. Rabkin JG, McElhiney MC, Rabkin R, McGrath PJ, Ferrando SJ. Placebo-controlled trial of dehydroepiandrosterone (DHEA) for treatment of nonmajor depression in patients with HIV/AIDS. Am J Psychiatry. 2006 Jan;163(1):59-66.
  37. Brooke AM, Kalingag LA, Miraki-Moud F, Camacho-Hübner C, Maher KT, Walker DM, Hinson JP, Monson JP. Dehydroepiandrosterone improves psychological well-being in male and female hypopituitary patients on maintenance growth hormone replacement. J Clin Endocrinol Metab. 2006 Oct;91(10):3773-9. Epub 2006 Jul 18.
  38. Villareal DT, Holloszy JO. DHEA enhances effects of weight training on muscle mass and strength in elderly women and men. Am J Physiol Endocrinol Metab. 2006 Nov;291(5):E1003-8.
  39. Medline Plus. "DHEA". Drugs and Supplements Information. National Library of Medicine. Consultado o 18 February 2010. 
  40. Medscape (2010). "DHEA Oral". Drug Reference. WebMD LLC. Consultado o 18 February 2010. 
  41. Yang, N. C.; Jeng, K. C.; Ho, W. M.; Hu, M. L. (2002). "ATP depletion is an important factor in DHEA-induced growth inhibition and apoptosis in BV-2 cells". Life Sci. 70 (17): 1979–88. PMID 12148690. doi:10.1016/S0024-3205(01)01542-9. 
  42. Schulz, S.; Klann, R. C.; Schönfeld, S.; Nyce, J. W. (1992). "Mechanisms of cell growth inhibition and cell cycle arrest in human colonic adenocarcinoma cells by dehydroepiandrosterone: role of isoprenoid biosynthesis". Cancer Res. 52 (5): 1372–6. PMID 1531325. 
  43. Loria, R. M. (2002). "Immune up-regulation and tumor apoptosis by androstene steroids". Steroids 67 (12): 953–66. PMID 12398992. doi:10.1016/S0039-128X(02)00043-0. 
  44. Tworoger, S. S.; Missmer, S. A.; Eliassen, A. H.; et al. (2006). "The association of plasma DHEA and DHEA sulfate with breast cancer risk in predominantly premenopausal women". Cancer Epidemiol. Biomarkers Prev. 15 (5): 967–71. PMID 16702378. doi:10.1158/1055-9965.EPI-05-0976. 
  45. Key, T.; Appleby, P.; Barnes, I.; Reeves, G. (2002). "Endogenous sex hormones and breast cancer in postmenopausal women: reanalysis of nine prospective studies". J. Natl. Cancer Inst. 94 (8): 606–16. PMID 11959894. 

Ligazóns externas

editar