A zona reticular (zona reticularis) é a capa máis interna do córtex adrenal, e está situada debaixo da zona fasciculada e sobre a superficie da medula adrenal. As súas células están dispostas en cordóns que se proxectan en diferentes direccións, dándolle unha aparencia reticulada á que debe o seu nome.[1]

Zona reticular
Capas do córtex adrenal
Latín Zona reticularis
Gray's pág.1278
Dorlands/Elsevier 12869721

As células da zona reticular producen os precursores dos andróxenos, como a deshidroepiandrosterona (DHEA) e a androstenediona a partir de colesterol.[2] A DHEA é despois convertida en DHEA-sulfato pola acción do encima sulfotransferase, SULT2A1.[3] Estes precursores non sofren máis transformacións nas células do córtex adrenal se estas carecen do encima 17beta hidroxiesteroide deshidroxenase (como ocorre en humanos), senón que son liberadas ao torrente sanguíneo e captadas polos testículos e ovarios para producir testosterona e estróxenos, respectivamente.

A hormona hipofisaria ACTH regula parcialmente a secreción de andróxenos adrenal,[4] e tamén o fai a CRH.[5][6]

Nos humanos a capa reticular non contén o encima 17 alfa-hidroxilase; este encima hidroxila a pregnenolona, que é despois convertida en cortisol por unha oxidase de función mixta. En roedores, a falta de 17alfa-hidroxilase ten como resultado a síntese de corticosterona en vez de cortisol.

Corte do córtex adrenal. Opunteiro sinala a zona glomerulosa, debaixo está a capa fasciculada e a última capa é a capa granulosa.
  1. Histology: A Text and Atlas, 5th ed. Ross and Pawlina.
  2. Wheater's Functional Histology, 5th ed. Young, Lowe, Stevens and Heath.Modelo:Pn
  3. Rainey WE, Nakamura Y (February 2008). "Regulation of the Adrenal Androgen Biosynthesis". J. Steroid Biochem. Mol. Biol. 108 (3–5): 281–6. PMC 2699571. PMID 17945481. doi:10.1016/j.jsbmb.2007.09.015. 
  4. EMedicine, article 919077. Pediatric Adrenal Insufficiency (Addison Disease) [1]
  5. Ibáñez L, Potau N, Marcos MV, de Zegher F (September 1999). "Corticotropin-releasing hormone as adrenal androgen secretagogue". Pediatric Research 46 (3): 351–3. PMID 10473054. doi:10.1203/00006450-199909000-00018. 
  6. Coppola, Christopher P.; Merrell, Ronald C. (2001). "Neoplasms of the Adrenal and Endocrine Pancreas in the Elderly". En Rosenthal, Ronnie A.; Zenilman, Michael E.; Katlic, Mark R. Principles and Practice of Geriatric Surgery. Springer. pp. 301–21. ISBN 978-1-4757-3432-4. doi:10.1007/978-1-4757-3432-4_22. 

Véxase tamén

editar

ligazóns externas

editar