Abrir o menú principal

Unha oxidase é un encima que cataliza unha reacción de oxidorredución que implica ao oxíxeno molecular (O2) como aceptor de electróns. Nestas reaccións, o oxíxeno redúcese a auga (H2O) ou peróxido de hidróxeno (H2O2).[1]

As oxidases son unha subclase de encimas oxidorredutases.

ExemplosEditar

Un importante exemplo é a citocromo c oxidase, que é un encima clave para que o corpo poida utilizar o oxíxeno na xeración de enerxía na cadea de transporte de electróns. Outros exemplos son:

Proba da oxidaseEditar

Artigo principal: Proba da oxidase.

En microbioloxía, a proba ou test da oxidase é moi utilizada como unha característica fenotípica para a identificación de especies e cepas de bacterias. A proba determina se unha bacteria dada produce citocromo oxidases, e, por tanto, utiliza o oxíxeno nunha cadea de transporte de electróns.

NotasEditar

  1. The Free dictionary Oxidase

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar