Década de 730
Primeiro milenio | |||||
Século VIII | |||||
| |||||
|
730
- Artigo principal: 730.
- Carlos Martel, mordomo de palacio dos reis francos, derrota aos alamáns, que mantiñan un ducado independente, e lanza ataques sobre os saxóns, alén do río Rin.
- O emperador bizantino, León III o Isaurio, prohibe o culto á imaxes.
- Anastasio sucede a Xermano I como Patriarca de Constantinopla, ao ser aquel deposto polo emperador por oporse ao seu decreto contra a s imaxes.
731
- Artigo principal: 731.
- Marzo - Comezo do pontificado de Gregorio III, papa da Igrexa católica (até 741).
732
- Artigo principal: 732.
- Adelais de Benevento convértese en duque de Benevento.
- 25 de outubro - Batalla de Poitiers: o mordomo franco Carlos Martel derrota a expedición árabe que se internara cara ao corazón de Francia.
Arte e cultura
- Construción da mesquita Zaytunah, en Tunisia.
733
- Artigo principal: 733.
Europa:
- Inicio do reinado de Aed Ailand en Irlanda (até 742).
- Gregorio de Benevento convértese en duque de Benevento.
Asia:
734
- Artigo principal: 734.
- Liutprando, coa colaboración do seu neto e sucesor Hildeprando, cerca a cidade de Rávena, capital do exarcado homónimo.
735
- Artigo principal: 735.
736
- Artigo principal: 736.
737
- Artigo principal: 737.
Asia
- Creación do reino de Nanzhao por Piluoge, na China, no que hoxe é a provincia de Yunnan.
Europa
- Transamundo II, duque de Spoleto ocupa a cidade de Gallese, cortando o paso entre Roma e Rávena.
- Os árabes toman a cidade de Avignon, no sur da Galia, coa axuda de Maucontio; desde aí estenden as súas correrías por Aquitania e até Lión.
- Carlos Martel sitia Avignon, tómao dos árabes e masacra a poboación que é saqueada. Asedia posteriormente Narbona, tamén en mans musulmás, mais non é quen de tomala. Os seus exércitos saquean outras cidades antes de tornar para Austrasia.
- O mordomo de palacio franco, Carlos Martel, morto o rei Teodorico IV, goberna sen rei a quen render contas (até 741).
- Fávila accede ao trono do nacente reino de Asturias, sucedendo a seu pai Paio.
738
- Artigo principal: 738.
- Campaña do mordomo franco Carlos Martel contra os saxóns.
739
- Artigo principal: 739.
Asia
- Os musulmáns toman a cidade de Samarcanda.
Oriente Próximo
- Batalla de Akroinon — Tropas bizantinas impiden a penetración dos omeias (Umayyad) en Asia Menor.
Europa
- Afonso I, fillo do duque de Cantabria, accede ao trono do reino de Asturias. Neste mesmo ano debeu sufocar unha rebelión na Gallaecia.
- Liutprando, rei dos longobardos asocia no trono ao seu sobriño Hildeprando.
- Os árabes toman Arles, no Sur da Galia, sendo desaloxados por Carlos Martel. A expulsión non será definitiva.