Cianobacterias

(Redirección desde «Cyanobacteria»)
Algas azuis
Anabaena sphaerica
Anabaena sphaerica
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo ou División: Cyanobacteria
Clases e Ordes

Clase Cyanophyceae
    Orde Chroococcales
    Orde Pleurocapsales
    Orde Oscillatoriales
    Orde Nostocales
    Orde Stigonematales
Clase Prochlorophyceae
    Orde Prochloroales

O filo Cyanobacteria (cianobacterias, cianófitas[1] ou cianófitos) inclúe as algas azuis, organismos acuáticos procariontes e fotosintéticos en forma de filamento, mais formando capas de materia verde-azulada en augas paradas e eutróficas. A maioría das especies atópanse en auga doce, mais algunhas son mariñas ou de solo húmido. Outras especies son endosimbiontes en liques ou en varios protistas, fornecendo enerxía aos seus hospedeiros.

Foron durante moito tempo clasificadas como algas, ben na división Cyanophyta, ben na clase Cyanophyceae (por iso se lles chamou cianofíceas) e estudadas polos botánicos. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación filoxenética con ningún dos grupos de algas, a non ser como probábeis antepasados bacterianos dos cloroplastos —ver teoría da endosimbiose— e atópanse clasificados como un filo co nome Cyanobacteria (ou división, para os botánicos) dentro do dominio Bacteria.

O rexistro fósil das cianobacterias indica que estes seres fotosintéticos apareceron no eón Arqueano e deben ter sido responsábeis da aparición do osíxeno na atmosfera terrestre —o que parece ter acontecido hai preto de 2.500 millóns de anos—, permitindo así a orixe da vida eucarionte (e a aparición dos organismos heterótrofos) —ver estromatólito— e dando lugar ao que se chama actualmente o eón Proterozoico (que significa aproximadamente dos “animais primitivos”).

Existen cianobacterias unicelulares, coloniais e filamentosas. Algunhas especies producen células diferenciadas:

A parede celular é unha estrutura con catro constituíntes, que se tinxe como unha bacteria gramnegativa:

As cianobacterias non posúen flaxelos, mais algunhas poden moverse coa axuda de fibras en espiral na parede celular. Na maior parte das especies, a “maquinaria” fotosintética atópase en pregamentos da membrana celular, chamadas tilacoides. Algunhas poden sintetizar materia orgánica usando sulfuro de hidróxeno, como fan outras bacterias autotróficas.

Respecto aos pigmentos fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe clorofila xuntamente con varias proteínas chamadas ficobilinas, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen clorofila b ademais da a e son verdes (ver Proclorófitas máis abaixo).

Algunhas cianobacterias segregan cianotoxinas, entre as cales a anatoxina, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, ácido domoico, microcistina LR, nodularina R e saxitoxina.

Proclorófitas

editar

Uns poucos xéneros de cianobacterias carecen de ficobilisomas e teñen clorofila b no seu lugar, o que lles dá coloración verde brillante. Son: Prochloron, Prochlorococcus, Prochlorothrix. Estes xéneros foron orixinariamente agrupados no grupo das proclorófitas ou cloroxibacterias (Chloroxybacteria), pero parece que cada xénero evolucionou de diferentes liñas de cianobacterias, polo que hoxe se considera que forman parte das cianobacterias. Indicouse que poden compartir un antepasado común cos cloroplastos, aínda que isto non está apoiado polos estudos filoxenéticos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cianófitas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar