Anabaena

Anabaena sphaerica
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Cyanobacteria
Orde: Nostocales
Familia: Nostocaceae
Xénero: Anabaena
Bory de Saint-Vincent ex Bornet & Flahault, 1886[1]
Especies

A. aequalis
A. affinis
A. angstumalis angstumalis
A. angstumalis marchita
A. aphanizomendoides
A. azollae
A. bornetiana
A. catenula
A. cedrorum
A. circinalis
A. confervoides
A. constricta
A. cyanobacterium
A. cycadeae
A. cylindrica
A. echinispora
A. felisii
A. flos-aquae flos-aquae
A. flos-aquae minor
A. flos-aquae treleasei
A. helicoidea
A. inaequalis
A. lapponica
A. laxa
A. lemmermannii
A. levanderi
A. limnetica
A. macrospora macrospora
A. macrospora robusta
A. monticulosa
A. nostoc
A. oscillarioides
A. planctonica
A. raciborskii
A. scheremetievi
A. sphaerica
A. spiroides crassa
A. spiroides spiroides
A. subcylindrica
A. torulosa
A. unispora
A. variabilis
A. verrucosa
A. viguieri
A. wisconsinense
A. zierlingii

Anabaena é un xénero de cianobacterias filamentosas da orde das nostocales e familia das nostocáceas que forma parte do plancto.

Anabaena flosaquae.
Anabaena spiroides

Etimoloxía editar

O nome científico Anabaena é un substantivo feminino do latín científico derivado do verbo do grego antigo ἀναβαίνω anabaínō, "subir", facendo referencia a que ás súas especies saen á superficie a intervalos.[2]

Características editar

Anabaena é coñecida pola súa capacidade de fixar o nitróxeno, e pode ter relacións simbióticas con certas plantas, como as do xénero Azolla. É un dos xéneros de cianobacterias que produce neurotoxinas, que son nocivas para a as especies da súa contorna local, e para animais de granxa e mascotas. A produción destas neurotoxinas crese que é unha contribución que fai nas súas relacións simbióticas, protexendo a planta da presión dos herbívoros.

Crecen de modo intercalar por división de calquera célula do filamento. A súa división celular só se produce perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do filamento. Multiplícanse por hormogonios (cachos do filamento formados por células novas non especializadas). Forman células perdurantes (acinetos) para resistir períodos adversos, que ao xerminaren dan hormogonios. Os filamentos non son ramificados e presentan heterocistos (células grandes non pigmentadas que fixan o nitróxeno).[3]

En 1999 levouse a cabo un proxecto de secuenciación do ADN destas bacterias, no que se mapeou o xenoma completo dunha especie de Anabaena, que ten 7,2 millóns de pares de bases. O estudo centrouse no funcionamento dos heterocistos, que converten o nitróxeno en amoníaco. Certas especies de Anabaena foron utilizadas en campos de arroz, e demostraron funcionar como un efectivo fertilizante natural.

Fixación do nitróxeno en Anabaena editar

En condicións limitantes de dispoñibilidade de nitróxeno, as células vexetativas diferéncianse en heterocistos en intervalos semi-regulares ao longo dos filamentos. Os heterocistos son células que están especializadas terminalmente na fixación do nitróxeno. O interior destas células é microóxico como resultado dun aumento da respiración, a inactivación do fotosistema II produtor de O2, e a formación dunha envoltura engrosada por fóra da parede celular. O encima nitroxenase, secuestrado nestas células, transforma o dinitróxeno (N2) en amonio con gasto de ATP e poder redutor, ambos os dous xerados no metabolismo dos carbohidratos, un proceso que é suplementado, en presenza de luz, pola actividade do fotosistema I. Os carbohidratos, probablemente en forma de sacarosa, sintetízanse nas células vexetativas e móvense aos heterocistes. Á súa vez, o nitróxeno fixado nos heterocistes móvese ás células vexetativas, polo menos en parte en forma de aminoácidos.[4]

Pigmentos da visión primitivos estudados en Anabaena editar

Anabaena utilizaouse como organismo modelo para estudar a visión simple. O proceso polo cal a luz cambia a forma das moléculas na retina, impulsando así as reaccións celulares e sinais que causan a visión en vertebrados, estudouse en Anabaena. As investigacións céntranse na Rodopsina Sensorial de Anabaena, que é unha proteína de membrana sensible á luz.[5]

Notas editar

  1. Anabaena Bory de Saint-Vincent ex Bornet & Flahault, 1886: 180, 224
  2. Anabaena en educalingo.com (en inglés).
  3. Strasburger. Botánica. 7ª edición. Ed. Marín. Páxinas 571-573. ISBN 84-7102-990-1.
  4. Herrero, Antonia; Flores, Enrique, eds. (2008). The Cyanobacteria: Molecular Biology, Genomics and Evolution (1st ed.). Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-15-8. 
  5. Schapiro, Igor (May 2014). "Ultrafast photochemistry of Anabaena Sensory Rhodopsin: Experiment and theory". Biochimica et Biophysica Acta 1837 (5): 589–597. doi:10.1016/j.bbabio.2013.09.014. Consultado o 2014-06-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mishra, Yogesh; Bhargava, Poonam; Chaurasia, Neha; Rai, Lal Chand (2009). "Proteomic evaluation of the non-survival of Anabaena doliolum (Cyanophyta) at elevated temperatures". European Journal of Phycology 44 (4): 551–65. doi:10.1080/09670260902947001. 
  • Eduardo Romero-Vivas, Fernando Daniel Von Borstel, Claudia Perez-Estrada, Darla Torres-Ariño, Francisco Juan Villa-Medina, Joaquin Gutierrez (2015) On-water remote monitoring robotic system for estimating patch coverage of Anabaena sp. filaments in shallow water ; Environ. Sci.: Processes Impacts 04/2015; DOI:10.1039/C5EM00097A

Ligazóns externas editar