Anabaena azollae

especie de cianobacteria

Anabaena azollae

Anabaena azollae cun heterocisto de Azolla sp.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Cyanobacteria
Orde: Nostocales
Familia: Nostocaceae
Xénero: Anabaena
Especie: A. azollae
Nome binomial
Anabaena azollae
Strasburger, 1884

Anabaena azollae é unha especie de cianobacteria da orde das nostocales, familia das nostocáceas, unha das comprendidas no xénero Anabaena.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1884 polo botánico alemán Eduard Strasburger.[1]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Anabaena.

O epíteto específico, azollae, refírese á coñecida relación simbiótica das especies do xénero Anabaena coas dos fieitos do xénero Azolla.[2]

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse polo sinónimo Trichormus azollae (Strasburger) Komárek & Anagnostidis.[3]

Características editar

Anabaena azollae, presente en rexións temperadas, tropicais e subtropicais, é unha cianobacteria filamentosa fototrófica que ten a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico. Esta bacteria vive en simbiose mutualista con fieitos acuáticos de auga doce do xénero Azolla aos que subministran o nitróxeno así fixado a cambio de moléculas sintetizadas polas plantas.

A asociación simbiótica entre fieitos do xénero Azolla e Anabaena azollae é utilizada polos humanos para fertilizar campos de arroz, principalmente en Asia. Os fietos cultívanse como fertilizante verde e incorpóranse ao solo antes da sementeira, ou como cultivo combinado co arroz en campos de arroz inundados.[4]

É capaz de fixar de 100 a 200 kg/ha/ano de nitróxeno. Utilizase sobre todo na China, en Vietnam e na India para fertilizar os arrozais.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Roskov Y. et al. 2020: Anabaena azollae Strasburger, 1884 en Species 2000 & ITIS. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  2. Anabaena azollae en glosbe.com (en inglés).
  3. Anabaena azollae Strasb. no GBIF. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  4. Stefano Bocchi & Antonino Malgioglio (2010): "Azolla-Anabaena as a Biofertilizer for Rice Paddy Fields in the Po Valley, a Temperate Rice Area in Northern Italy". International Journal of Agronomy 2010: 1–5. (Texto completo).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Purushottam Subedi & Jiban Shrestha (2015): "Improving soil fertility through Azolla application in low land rice: A review". Azarian Journal of Agriculture 2 (2): 35-39. (Texto completo) Arquivado 16 de setembro de 2021 en Wayback Machine..

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar