Eduard Adolf Strasburger

Eduard Adolf Strasburger, nado en Varsovia o 1 de febreiro de 1844 e finado en Bonn o 18 de maio de 1912, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e algólogo alemán de orixe polaco, dos máis famosos do século XIX.

Eduard Adolf Strasburger
Eduard Adolf Strasburger (1908)
Datos persoais
Nome completoEduard Adolf Strasburger
Nacemento1 de febreiro de 1844
LugarVarsovia
Falecemento18 de maio de 1912
LugarBonn
SoterradoPoppelsdorfer Friedhof
ResidenciaAlemaña
NacionalidadeAlemán
CónxuxeAleksandra Julja Wertheim
FillosJulius Strasburger
Actividade
CampoBotánica, Pteridoloxía, Micoloxía e Algoloxía
Alma máterRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Universidade de Jena
Contribucións e premios
PremiosMedalla Linneana en 1905, e medalla de prata Darwin-Wallace en 1908.
editar datos en Wikidata ]

Era fillo de Edward Bogumil Strasburger (1803-1874). En 1870 casa con Aleksandra Julja Wertheim (1847-1902), tendo dous fillos: Anna (1870) e Juliusz (1871-1934).

Despois dos seus estudos en Bioloxía en París, Jena, e Bonn, finalmente obtén o seu doutoramento en Jena en 1866.

En 1868, comeza a ensinar na Universidade de Varsovia.

En 1869, ten un posto de profesor de botánica na Universidade de Jena, ata 1880; cando pasa á Universidade de Bonn, ata a súa morte.

Realiza exploracións con Ernst Haeckel (1834-1919).[1]

Conságrase ó estudo da embrioloxía vexetal, facendo observacións novidosas sobre a embrioloxía das ximnospermas. A súa obra sobre a citoloxía vexetal é igualmente pioneira.

Xunto a Walther Flemming, e Edouard van Beneden dilucida a distribución cromosómica durante a división celular. O seu estudo sobre o movemento do zume das plantas polo xilema e polo floema probou que o proceso era físico e non fisiolóxico.

Strasburger é designado membro estranxeiro da Royal Society o 26 de novembro de 1891, recibindo a Medalla Linneana en 1905, e a Medalla Darwin-Wallace en 1908.

Obra editar

  • Über Zellbildung und Zellteilung, 1875
  • Die Angiospermen und die Gymnospermen, 1879
  • Chromosomenzahlen, Plasmastrukturen, Verebungsträger und Reduktionstellung, 1909

Foi membro fundador do grupo que redactou a famosa obra Lehrbuch der Botanik de 1894, que dende aquela vén sendo traducido, reimprimido e reeditado, para ser utilizado como libro de texto por estudantes de botánica en todo o mundo.

Honores editar

Epónimos editar

Notas editar

  1. cf. Kaoru Harada (2001). Pilgrimage through the History of German Natural Science, University City Bonn, Viva Origino, 29 : 143-154. ISSN 0910-4003
  2. Adansonia 11: 372. 1876 (IK)