Ximnospermas

plantas con sementes non recubertas por un froito

As ximnospermas son plantas vasculares e produtoras de sementes, nas que estas non están recubertas por un froito (semente espida). O nome provén do grego γυμνός, espido, e σπέρμα, semente. A razón deste termo é debido a que as sementes destas plantas non se forman nun ovario pechado (ou sexa, un pistilo cun ou máis carpelos que evolucionan a un froito, como nas anxiospermas), senón que están espidas nas escamas dos conos.

Piñeiro Albar

Características

editar

Son plantas leñosas, case sempre arbóreas, ás veces arbustivas ou de biotipo palmeroide. As súas flores son sinxelas, pouco chamativas, de polinización case sempre anemófila, coas flores dispostas case sempre en estróbilos.

A produción de sementes distingue ás ximnospermas (xunto coas anxiospermas) do resto das plantas vasculares. As ximnospermas son heterospóreas, producindo micrósporas que se presentan como grans de pole e macrósporas que conteñen unha oosfera ou gameto feminino (nun gametófito feminino, ou óvulo). Como resultado da fecundación (ó unírense os gametos masculino e feminino derivados das esporas), fórmase o embrión. Este, acompañado polas envoltas e outros tecidos do óvulo, remata por formar a semente, que é unha fase esporofítica con repouso (diapausa).

A diferenza das anxiospermas, non teñen a semente totalmente cuberta pola folla fértil ou carpelo, polo que tamén é chamada semente espida.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar