Coruxo Fútbol Club
O Coruxo Fútbol Club é un equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga no grupo I da Segunda Federación. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.
Coruxo | |||
---|---|---|---|
Nome | Coruxo Fútbol Club | ||
Fundación | 1930 | ||
Estadio | O Vao, Vigo, Galicia | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Gustavo Falque | ||
Adestrador | David de Dios | ||
Liga | 2ª RFEF – Grupo 1 | ||
2023/24 | 10º | ||
Vestimenta | Zico | ||
Patrocinador | Deputación de Pontevedra[1][2] | ||
Na rede | |||
http://www.coruxofc.com/ | |||
| |||
Historia
editarO club naceu en 1930 tras fusionarse con outro equipo da zona, o Mirambel, para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en Vigo e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de Coruxo e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a Liga do Val Miñor.
O club sufriu unha parada durante a guerra civil española e non regresará ata 1945, cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En 1947, o equipo pasa a estar federado pola Federación Española de Fútbol e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.
Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende 1959 ata 1967, e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre 1984 e 1990, nas tempadas 1991-92 e 1995-96 e dende 2003 ata 2009. O seu mellor resultado foi na tempada 2006-07, cando quedou subcampión da categoría.
Disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B en tres ocasións:
- En 2005, cando perdeu contra o Real Oviedo por 0-0 e 1-0, en primeira rolda.
- En 2007, cando perdeu contra o Toledo por 2-0 e 2-2, en primeira rolda.
- En 2008, cando perdeu contra o Alzira por 0-2 e 2-2, en primeira rolda
Finalmente, na tempada 2009-10 logra o seu primeiro ascenso a Segunda División B tras gañar a AD Parla, SD Oyonesa e La Roda CF nas respectivas eliminatorias sendo Josiño Abalde adestrador. Na súa primeira tempada na nova categoría consegue a permanencia na última xornada acabando na 14ª posición, logo dunha tempada regular na que só ocupou posicións de descenso na 2ª xornada. Na tempada 2011-12 acaba en 11ª posición. Nas seguintes tempadas mantívose na zona media da táboa sendo as súas mellores clasificacións os dous oitavos postos logrados na 2014/15 e na 2016/17. Con todo, na tempada 2017/18 rematou en 16º lugar, o que obrigou ao equipo a xogar a promoción de permanencia contra o Mérida AD, logrando superar a eliminatoria pola regra do gol en campo contrario tras empatar 2-2 no Estadio Romano e 0-0 no Vao.[3]
O conxunto viuse afectado pola vaga de incendios do 2017, que o 15 de outubro dese ano consumiu o 85 % da masa forestal da parroquia, ademais das instalacións deportivas de de Fragoselo. Para previr a entrada de animais no Campo do Vao tívose que atar o valado publicitario. Segundo as palabras de Javier Maté exadestrador, e daquela director deportivo, o Coruxo botou en falla máis asistencia por parte do RC Celta, conxunto dominante do fútbol vigués que estivo moi pouco implicado na traxedia.[4]
En novembro de 2019, con Míchel Alonso como adestrador,[5] o Coruxo conseguiu por primeira vez a clasificación para a Copa do Rei,[6] ao lograr meterse nas semifinais da Copa Federación, tras eliminar no Estadio Helmántico ao Salamanca na quenda de penaltis cunha actuación estelar do porteiro xuvenil de 18 anos Pablo Brea, que parou tres dos lanzamentos dende os nove metros.[7] A eliminatoria da Copa do Rei, correspondente á primeira rolda, xogouse a partido único o 17 de decembro no Campo do Vao, fronte ao CD Mirándés, de Segunda División. No minuto 92 o Coruxo gañaba por 4-3, cando o árbitro sinalou un polémico penalti a favor do Mirandés, co que estes empataron o partido e forzaron a prórroga.[8][9] Acto seguido o colexiado expulsou a José Barril e Borja Yebra, polo que o equipo local tivo que afrontar o tempo extra con 9 xogadores. Finalmente o Mirandés marcou o 4-5 no minuto 118 e apeou ao Coruxo da competición.[10] A actuación arbitral foi duramente criticada tanto polo adestrador como polo propio club.[11][9]
A tempada 2019/2020 sería parada indefinidamente dadas as circunstancias da pandemia do Covid19. O Coruxo acadaría nesta competición deixada a medias o mellor resultado da súa historia na categoría quedando na 5° posición a 4 puntos da Peña Deportiva. Sería a incerteza de tantos encontros por xogar pola pugna da cuarta posición o que levaría o Coruxo a apelación da conclusión forzada da tempada co obxectivo de que a súa posición na táboa da liga fose avalada e de que o equipo puidera disputar o play off a Segunda do mesmo ano.[12]
Coa entrada da tempada 2020/21 tamén marcada pola Covid o que levou por conseguinte a reforma competición, o Coruxo xogaría nun dos 2 subgrupos nos que se dividía a Segunda División B Grupo 1, concretamente no Subgrupo A formado por 10 conxuntos galegos e castelán leoneses.
Dado os bos resultados da anterior tempada, o Coruxo acadou unha clasificación automática ás fases previas da Copa do Rei de fútbol está sendo a súa terceira participación na competición, a proba de lume produciría o 16 de decembro do 2020 ante o Málaga no campo do Vao no cal os locais serían superados polos andaluces nun contundente 0-4, sendo para o conxunto vigués o punto final no seu camiño na copa.[13]
A pesar do mal comezo atribuído tanto polo corpo técnico coma os xogadores ao rápido formato de competición, esta liga de rachas tamén levaría a ledicia as bocas dos seareiros cando os de Míchel Alonso acadaron o 7 de febreiro unha vitoria histórica ante o xigante galego acabado de descender, o Deportivo da Coruña no campo do Vao por 2-0.[14]
Quedando fóra tanto da clasificación para o play off a Segunda División coma a certificación á nova Primeira División RFEF, cos 20 puntos acadados ó Coruxo non lle quedou outra que buscar a permanencia na nova Segunda División RFEF na que entraba como o terceiro conxunto con mellores datos de competición por detrás do Pontevedra Club de Fútbol e o Real Oviedo B ademais de estar empatado a puntos co Lealtad Villaviciosa, a vista por abaixo non era moito mellor só levando un punto de dianteira do Salamanca.
Aínda así, o Coruxo soubo sacar todo o seu potencial cando máis facíalle falta, acumulando un total de 16 puntos nesta fase rendas resultado de 4 empates e 4 vitorias, saíndo invicto da fase, clasificándose como primeiros de grupo con 36 puntos asegurando a continuidade na 2 División RFEF xunto co Pontevedra Club de Fútbol e o Salamanca.
Na última rolda de prensa da tempada o adestrador Míchel Alonso faría oficial ante os medios despois de que especulacións sobre o seu futuro estiveran presentes na actualidade informativa, que ese sería o seu último ano no club, recadando na conseguinte tempada na SD Formentera.
A imposibilidade de xogar no campo do Vao dadas as obras comezadas no verán, renovacións do céspede de herba natural e sistema de alumeado, que marcarían profundamente toda a tempada 2021/2022, xa que os encontros pasarían a disputarse no campo de Pardellas en Ponteareas e despois en Fragoselo.[15]
O sucesor de Míchel Alonso sería Gonzalo Fernández Álvarez 'Gonza' que lideraría o Coruxo por un total de 13 xornadas colleitando resultados moi dispares (11 puntos dos 39 posibles por aquel entón) e por debaixo das ambicións que a entidade tiña para esta tempada, moitos efectos condicionarían está mala racha como o cambio de xogo a un sistema máis ofensivo descoidando a defensa ou o desterro a Ponteareas para cada partido coma locais.Isto trataríase de corrixir coa mudanza a Fragoselo pero sen moito éxito, un dobre empate ante o filial do Leganés e co Bergantiños Fútbol Club nas Eiroas sen unha melloría real marcarían o remate da xestión do técnico.[16][17]
Ata o final da tempada volverían a dirixir o Coruxo uns vellos coñecidos coma os irmáns Montes, Jacobo Montes establecería cambios na forma de xogo esa consistencia ademais de facer Fragoselo algo máis ca un lugar de adestramento serían os maiores revulsivos para unha revolución total do Coruxo na segunda volta da competición. Recadando 19 puntos no seu segundo campo, o Coruxo chegaría a ser recoñecido coma o mellor conxunto do que ía de segunda volta. O derbi ante o Pontevedra Club de Fútbol do 22 de marzo sendo a volta definitiva ao Vao rematando cun 2-2.[18][19]
Pese a estar de volta no Vao con 38 puntos no marcador os tropezos chegarían coas visitas a campos rivais xa que aínda quedaba moito que ollar por arriba e por abaixo, empates e derrotas ante rivais directos coma o SD Compostela, Leganés B ou sorpresas coma o debutante Clube Deportivo Arenteiro, deixaron ao Coruxo con moito que facer sendo nas derradeiras xornadas da competición onde acadando 9 puntos podería ratificar a súa presenza tanto na seguinte tempada coma no Playoff a Primeira RFEF.[20][21]
Coma confirmaría o capitán Antón de Vicente, o esforzo colectivo do conxunto permitiu darlle un xiro total a tempada, saír dunha situación dramática e recobrar aqueles obxectivos e ideas descartados por moitos.[22]
Todas as cartas estaban na mesa para a fase de promoción de ascenso, o sorteo en Las Rozas coa ominosa caída ao chan da bóla do Coruxo confirmaría o reencontro coa Peña Deportiva adestrada polo técnico de Folgoso do Courel Manolo González.[23]
O partido tomaría lugar en terras alacantinas exactamente no campo da Nucía Club de Fútbol sendo terreo neutral a horario unificado, o Coruxo dominou o encontro chegando a dar dúas veces cos paus da Peña Deportiva, o encontro decidiuse de forma rigorosa coa expulsión no minuto 88 dun xogador chave para o Coruxo o dianteiro marroquí Youssef Al Watani, a estratexia dos verdes desamparada polo colexiado derivando nos dous goles da Peña Deportiva na prórroga rematando o periplo da promoción.[24][25]
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
- Uniforme alternativo: Camiseta braquivermella, pantalón vermello e medias vermellas.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ª RFEF: 15
- Tempadas en 3ª: 23
- Mellor posto na Segunda B: 5º (tempada 2019-20)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 4 (1 ascenso)
- Promocións de ascenso a Primeira RFEF: 1
- Participacións na Copa do Rei: 4
Historial na liga
editar
|
|
|
|
Adestradores
editar- Pedro Ferreira (2002–04)
- Fonsi Valverde (2004–07)
- Javier Maté (2007–09)
- Josiño Abalde (2009–12)
- Antonio Gómez (2012–13)
- Rafa Sáez (2013–18)
- Jacobo Montes (2018–19)
- Míchel Alonso (2019–2021)
- Gonzalo Fernández Álvarez 'Gonza' (2021)
- Jacobo Montes (2021–2023)
- Javier Maté (2023)
- David de Dios (2023-
Palmarés
editar- Subcampión da Terceira División de España (1): 2006–07
- Copa Galicia (1): 1958-59
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (3): 2005/06, 2008/09, 2011/12
- Copa Deputación (2): 2008-09, 2009-10
Notas
editar- ↑ Tras conseguir el empate, el Celta fue de menos a más en un partido entretenido Arquivado 18 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Web do Coruxo FC, 11/8/2010.
- ↑ Coruxo F.C. que jugó ante el Caselas en el campo sintético de Salvaterra[Ligazón morta permanente], Web do Coruxo FC, 1/8/2010.
- ↑ "El Coruxo despierta de su pesadilla" (en castelán). 27 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "JAVIER MATÉ, DIRECTOR DEPORTIVO DEL CORUXO: “FUE EL DÍA MÁS DURO DE MI VIDA”". Wordpress. 11 de decembro 2017. Consultado o 24 de Marzo de 2024.
- ↑ "Míchel Alonso, novo adestrador do Coruxo". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "O Coruxo apela á ilusión ante a súa histórica cita de Copa". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "O Coruxo logra unha histórica clasificación para a Copa do Rei". TVG. 7 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "Acusan de tongo en el Coruxo-Mirándés al árbitro que suspendió el Rayo-Albacete" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ 9,0 9,1 "El árbitro de la suspensión del Rayo-Albacete, en el ojo del huracán por dos penaltis en el Coruxo-Mirandés de Copa" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Agónico triunfo del Mirandés que necesitó de la prórroga en Vigo... y gracias". Marca (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Michel Alonso: "Soy claro, el Mirandés pasó gracias al árbitro"". Faro de Vigo (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Apelación desestima o recurso do Coruxo". La Voz de Galicia. 30 de Maio 2020. Consultado o 23 de Maio de 2021.
- ↑ "Os Erros condenan ao Coruxo". La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2020. Consultado o 23 de Maio de 2021.
- ↑ "El Coruxo disfruta ante un Deportivo ridículo". Diario As (en castelán). 7 de febreiro 2021. Consultado o 23 de Maio de 2021.
- ↑ "Fragoselo, de estreno para acoger al primer equipo del Coruxo". Atlántico (en castelán). 21 de xullo 2021. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "O Coruxo busca solucións á súa crise mudándose a Fragoselo". 16 de novembro 2021. Consultado o 30 de Maio de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ "O Coruxo recorre á substitución no banco para endereitar o rumbo". La Voz de Galicia. 2 de decembro 2021. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "Paseo do Coruxo no adeus a Fragoselo: 3-1". La Voz de Galicia. 6 de marzo 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "O Coruxo, líder da segunda volta, a un paso da zona de play off". La Voz de Galicia. 22 de marzo 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "O Coruxo, ante o tramo crave". La Voz de Galicia. 21 de abril 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "O Coruxo golea á Segoviana (4-1) e loitará polo ascenso a Primeira RFEF". La Voz de Galicia. 15 de maio 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "Antón de Vicente: «Poucos son quen de voltear unha situación tan dramática»". La Voz de Galicia. 13 de maio 2022. Consultado o 30 de maio de 2022.
- ↑ "Manolo González: « A Peña Deportiva está ben como club, é máis do que di o nome»". La Voz de Galicia. 20 de maio 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "Unha vermella no 88 fulmina ao Coruxo". La Voz de Galicia. 22 de maio 2022. Consultado o 30 de Maio de 2022.
- ↑ "Resumen, Peña Deportiva 2-0 Coruxo FC, Playoff a Primera RFEF Semifinal". Youtube (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coruxo Fútbol Club |