Zico España é unha empresa galega especialista en roupa deportiva, con sede no Porriño, coñecida pola súa marca Zico.

Zico
TipoSociedade limitada
FundaciónAnos 80
LocalizaciónO Porriño, Galicia
Persoas claveJosé González
IndustriaTéxtil
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fundada nos anos oitenta como empresa mixta co xogador brasileiro de fútbol Zico, posteriormente este apartouse da empresa e quedou o nome para a compañía porriñesa.

Produce roupa deportiva propia, e ademais viste equipos de diversos deportes, pero especialmente fútbol e ciclismo. Zico vestiu durante os tres primeiros anos (2005–2007) a selección galega de fútbol, e tamén ao Karpin Galicia.

A marca tamén patrocinou os premios anuais do deporte galego en 2006, que se chamaron Premios Zico.