Corey Taylor

cantante estadounidense

Corey Todd Taylor , nado en Des Moines (Iowa) o 8 de decembro de 1973,[1][2] é un cantante, músico, compositor, actor e escritor estadounidense, coñecido por ser o vocalista principal e compositor dos grupos Slipknot e Stone Sour.[3]

Corey Taylor
Corey Taylor nunha actuación de Stone Sour en 2018.
Nome completoCorey Todd Taylor
Alias#8, The Great Big Mouth, The Sickness, Neck
Data nacemento8 de decembro de 1973 (50 anos)
Nado enDes Moines, Iowa, Estados Unidos de América Estados Unidos
FillosGriffin Taylor
OcupaciónCantante, músico, compositor, actor, escritor
Xénerometal alternativo, heavy metal, nu metal, groove metal, hard rock, rock alternativo
Instrumento(s)Voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner, Great Big Mouth
Relacionado conSlipknot, Stone Sour
Tempo en activo1990–presente
Pseudónimo
  1. 8, The Sickness, Todd Tigger, The Boogie Knight e Big Neck
Na rede
https://www.thecoreytaylor.com/
IMDB: nm0852173 Rottentomatoes: celebrity/corey_taylor TV.com: people/corey-taylor
Facebook: TheCoreyTaylor Twitter: CoreyTaylorRock Instagram: coreytaylor Youtube: UCLQ1zmTPoqXZ6Vk0LVtQvkg Vimeo: thecoreytaylor Spotify: 0nhDd1RWjZ6SDV1Vg1Ku2Q iTunes: 1182900937 Musicbrainz: 15e02679-7a5f-4dd2-850c-5aa6e49d0878 Songkick: 876291 Discogs: 253187 Allmusic: mn0000098693 Deezer: 4145 Genius: Corey-taylor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Taylor é un dos membros fundadores de Stone Sour, grupo co que leva publicados cinco álbums de estudio, e uniuse a Slipknot en 1997 substituíndo ao vocalista orixinal Anders Colsefni, grupo co que leva publicado outros cinco álbums. Tamén colaborou en temas doutros artistas e grupos musicais, como Apocalyptica, Anthrax, Soulfly e Aaron Lewis entre outros. Segundo Hit Parader, foi clasificado no posto número 86 da súa lista Top 100 Metal Vocalists of All Time.[4]

Vida persoal editar

Corey Todd Taylor naceu en Des Moines, Iowa o 8 de decembro de 1973.[2] A súa nai, solteira, encargouse del na súa residencia de Waterloo, Iowa, lugar descrito por Taylor como "un furado no chan con edificios ó seu redor".[2] A súa familia ten ascendencia alemá e nativo-americana por parte do seu pai e irlandesa e holandesa por parte da súa nai.[5]

En 1979 Taylor viu un avance do filme de terror de 1978 Halloween, o que nas súas propias palabras "desenvolveu unha parte de Slipknot nel".[2] A súa avoa introduciuno a música rock, grazas a súa colección de discos de Elvis Presley, dos que Taylor se fixo afeccionado a escoitar. En declaracións propias, afirmou que os temas que recordaba con máis aprecio foran "Teddy Bear", "In the Ghetto", e "Suspicious Minds".[2] Por aquel entón tamén comezou a escoitar a grupos de heavy metal, afeccionándose en particular ós primeiros discos de Black Sabbath.[2]

Taylor vivía xunto coa súa nai e a súa irmá nunha vella casa rural, que no outono "semellaba unha capa dun álbum de Black Sabbath".[6][7] Ós quince anos de idade Taylor fíxose adicto as drogas e sufriu unha sobredose de cocaína en dúas ocasións.[6][8] Nesta época mudouse a vivir coa súa avoa en Iowa, que se fixo cargo da súa custodia legal e axudoulle a comprar equipamento musical.[7] O cumprir os 18 anos de idade marchou da casa da súa avoa e residiu en varios lugares do estado, pasando a maior parte do tempo en Des Moines.[9] Poucos anos despois, vivindo de novo coa súa avoa, tentou suicidarse por medio dunha sobredose. A súa antiga moza levouno en coche ata o hospital de Des Moines onde os médicos puideron reanimalo. Segundo a súa propia descrición, este foi o peor momento da súa vida.[10]

Taylor e o seu pai coñecéronse por primeira vez cando Taylor tiña 30 anos, momento dende o que mantiveron contacto, aínda que segundo el mesmo non adoitan coincidir habitualmente.[11] O 17 de setembro de 2002 a daquela prometida de Taylor, Scarlett Stone, deu a luz ó seu fillo Griffin Parker.[12] Este era o seu segundo fillo, xa que ten outra filla dunha relación anterior, Angeline.[12] Taylor e Stone casaron o 11 de marzo de 2004, e divorciáronse tres anos despois[13]

Ó longo da súa vida tivo problemas de alcoholismo, recibindo a axuda da súa muller Scarlett para superalos, incluso chegando a evitar que se suicidase.[14] No 2006 Taylor afirmou nunha entrevista coa MTV que tentara saltar dun balcón do oitavo piso do Hotel Hyatt en Sunset Boulevard no ano 2003, pero que a súa muller conseguira evitalo. Nunha entrevista posterior con Kerrang!, afirmou que en realidade fora o seu amigo Thom Hazaert o que lle parara nesa nesa ocasión.[15] Tralo incidente a súa muller deulle un ultimato para deixara o alcohol, e que se non o facía ela anularía o matrimonio.[14] Taylor deixou a bebida pouco antes de que Stone Sour comezara a gravación do álbum Come What(ever) May, en xaneiro de 2006.[14][16]

O 3 de agosto de 2009 presentou a gala de premios "2009 Kerrang! Awards" xunto a Scott Ian de Anthrax.[17][18] O seguinte ano volveron a presentar a gala de premios, na que Taylor recolleu o premio "K! Services to Metal" en nome de Paul Gray, que falecera tras unha sobredose accidental de morfina e fentanyl.[19][20] Posteriormente en novembro de 2009, Taylor casou de novo, esta vez con Stephanie Luby no the Palms Hotel de Las Vegas.[13]

Carreira musical editar

Slipknot editar

 
Taylor nunha actuación de Slipknot no 2005
Artigo principal: Slipknot.

Na súa cidade natal de Des Moines, Joey Jordison, Shawn Crahan e Mick Thomson contactaron a Taylor para pedirlle que se unise ó seu recentemente creado grupo, chamado Slipknot.[21] Acordou asistir a unha das súas prácticas, pasando a formar parte do grupo dende ese momento, o sexto en unirse dos nove membros orixinais. Adoptou o alcume de "Número oito", seguindo o esquema de números que adoptou o grupo para referirse ós seus membros. Segundo Crahan, Taylor quixo o número oito xa que para el simbolizaba o infinito.[22]

Aínda membro de Stone Sour naquel momento, Taylor deixou este grupo de forma temporal para centrarse en Slipknot, malia atoparse no proceso de gravación dun álbum con Sean McMahon como produtor.[23] A súa primeira actuación con Slipknot tivo lugar o 22 de agosto de 1997, que segundo os membros do grupo non foi ben. Nesta primeira actuación Taylor non levaba unha máscara, pero para o seu segundo concerto un mes despois levou unha máscara semellante á do seu álbum de estrea co grupo.[24] A súa máscara foi evolucionando, ata chegar a última descrita por Chris Harris da MTV como "se estivese feita de pel humana seca, coma Leatherface".[25]

Taylor leva actuando e gravando con Slipknot dende que gravaron a súa segunda demo, empregada polo grupo para facer promoción perante varios selos e produtores.[26] Como vocalista permanente do grupo formou parte da gravación que fixeron en Indigo Ranch, en Malibú (California), para a publicación do seu álbum de estrea, que chegou ó número un da lista Top Heatseekers de Billboard,[27][28] e conseguiu a certificación dobre de platino nos Estados Unidos.[29] Taylor foi acusado de infrinxir os dereitos de autoría nas letras do tema "Purity", pero non chegou a recibir unha denuncia legal.[30] A gravación do seu segundo álbum Iowa comezou no 2001 no estudio Sound City and Sound Image de Van Nuys, Os Ánxeles.[31] O álbum publicouse o 28 de agosto de 2001, acadando o número un das listas do Reino Unido,[32] e o número tres na lista Billboard 200.[33] Para a composición de Vol. 3: (The Subliminal Verses), Taylor decidiu escribir letras sen obscenidades nin blasfemias para que o disco non recibise a clasificación de explícito, tralas críticas recibidas nos seus álbums anteriores.[34] O álbum chegou ó número dous da lista Billboard 200.[35] All Hope Is Gone foi o primeiro álbum de Slipknot que chegou ó número un desta mesma lista, en setembro do 2008.[36]

Stone Sour editar

Artigo principal: Stone Sour.

Taylor é membro fundador do grupo de hard rock Stone Sour. Tras comezar o grupo xunto ó batería Joel Ekman, Shawn Economaki uniuse ó baixo e Josh Rand na guitarra. Stone Sour gravou dúas demos, unha no 1993 e outra no 1994. Tras unirse a Slipknot en 1997 deixou temporalmente Stone Sour, malia estar nese momento gravando un disco con Sean McMahon.[21][23] Non retornou co grupo ata pasados cinco anos, cando gravaron o seu álbum de estrea homónimo Stone Sour. Tanto Taylor coma Josh Rand puxéronse en contacto con Jim Root, guitarrista de Slipknot, e Shawn Economaki, o baixista orixinal do grupo, para comezar a gravar os temas deste álbum de estrea,[37] xunto a Joel Ekman de novo á batería.[38][39]

 
Actuación de Stone Sour no 2013

O seu primeiro álbum publicouse finalmente o 27 de agosto de 2002, debutando no número 46 da lista Billboard 200.[40] O seu segundo álbum, Come What(ever) May estrearíase no número catro desta mesma lista,[40] publicado o 1 de agosto de 2006.[40][41][42] Live in Moscow foi o único álbum que publicaron soamente en formato de descarga dixital.[43] Durante a gravación o batería Joel Ekman deixou o grupo por motivos persoais, sendo substituído por Roy Mayorga.[44] O seu terceiro álbum de estudio, Audio Secrecy, publicouse o 7 de setembro de 2010.[45]

Posteriormente Taylor afirmou que o grupo estaba a producir un novo álbum, con plans de que fose un álbum dobre ou conceptual, describíndoo como unha mestura de "The Wall de Pink Floyd con Dirt de Alice in Chains".[46] Finalmente o grupo publicou dous álbums, House of Gold & Bones – Part 1 o 23 de outubro de 2012,[47] e House of Gold & Bones – Part 2 o 9 de abril de 2013.[48] Este proxecto foi acompañado dunha banda deseñada de catro partes escrita por Taylor e o grupo e publicada por Dark Horse Comics, na que se conta a historia linear entre as letras destes dous álbums.[49]

Outros traballos editar

Taylor participou como músico invitado en álbums de Soulfly, Apocalyptica e Damageplan. Estivo involucrado na gravación do álbum Worship Music de Anthrax, pero as súas sesións de gravación non foron nunca publicadas.[50] Tamén contribuíu no álbum Roadrunner United de 2005, coas voces do tema "Rich Man",[51] así como nos sinxelos de Steel Panther "Death to All but Metal", "Eyes of a Panther" e "Asian Hooker".[52] No 2006 Taylor fundou o selo discográfico Great Big Mouth Records,[53] co que produciu dous álbums, entre eles o EP de Walls of Jericho titulado Redemption.[54][55]

 
No Graspop Metal Meeting de 2011

O 30 de marzo de 2009 confirmouse que Taylor e o seu grupo Junk Beer Kidnap Band actuarían na edición do Rockfest dese ano.[56] Actuaron o 24 de abril dese mesmo ano no People's Court de Des Moines, Iowa, sendo esta a primeira actuación en solitario de Taylor.[57]

Como artista en solitario gravou o sinxelo titulado "X-M@$" para unha fundación benéfica, que se publicou en formato de descarga dixital o 12 de decembro de 2010,[58] e acadou o número 37 das listas de vendas do Reino Unido.[59] En xullo de 2011 Taylor colaborou con Aaron Lewis na promoción do álbum en solitario deste último, titulado Town Line, nun concerto acústico único,[60] e nese mesmo ano colaborou co batería de Blink-182 Travis Barker no seu álbum en solitario Give the Drummer Some, no tema titulado "On My Own".[61]

Estilo e influencias editar

Os dous primeiros álbums de Slipknot con Taylor nas voces, Slipknot e Iowa, conteñen letras explícitas e palabras malsoantes. Moitos críticos afirmaron que Taylor baseábase nestas blasfemias para as súas letras, polo que o terceiro álbum do grupo Vol. 3: (The Subliminal Verses) está libre destas, (con dúas excepcións), e non recibiu a clasificación de contido explícito.[34] En comparación co vocalista orixinal do grupo Anders Colsefni, Taylor ten un estilo vocal cualificado por Joey Jordison como "unha voz melódica realmente boa".[62] Este estilo vocal inclúe voces cantadas, voces guturais, gritos e rap, e acadou a posición número 86 na lista Top 100 Metal Vocalists of All Time de Hit Parader.[63]

Os dous proxectos musicais principais de Taylor presentan temperamentos contrastados.[38] Slipknot está considerado un grupo de heavy metal, nu metal e metal alternativo, con letras que expresan depresión, hostilidade, ira, misantropía e rebelión.[64] Pola súa parte, Stone Sour adoita clasificarse como metal alternativo ou hard rock, con letras de temáticas desoladoras e pesimistas, así como de ira e rebelión.[65]

Discografía como artista acreditado editar

Ano Artista Álbum Tema(s) Contribución Ref.
1998 Sister Soleil Soularium "Liar" Coros [66]
[67]
1998 Smakdab Smakdab "Shadowed" Voz [68]
2000 Soulfly Primitive "Jumpdafuckup" Voz [69]
[70]
[71]
2000 Snot Strait Up "Requiem" Voz [72]
[73]
2001 Biohazard Uncivilization "Domination" Coros [74]
2001 Slitheryn Snake
Slitheryn
"Lost", "Get Up", "Come + Go", The Same Voz, coros, produción [75]
[76]
2002 Rollins Band Rise Above "Rise Above", "Room 13", "TV Party", "Six Pack", "Annihilate This Week" Voz, coros [77]
[78]
2004 Damageplan New Found Power "Fuck You" Voz [79]
[80]
2005 Roadrunner United The All-Star Sessions "The Rich Man" Voz [81]
[82]
[83]
2006 Korn Family Values Tour 2006 "Freak on a Leash (Live)" Coros [84]
[85]
2006 FaceCage III Produción [86]
[87]
2007 Dream Theater Systematic Chaos "Repentance" Contribución falada [88]
[89]
2007 Apocalyptica Worlds Collide "I'm Not Jesus" Voz [90]
[91]
2008 Walls of Jericho Redemption "Ember Drive", "My Last Stand", "Addicted" Coros, produción [92]
[93]
2009 Steel Panther Feel the Steel "Death to All But Metal", "Asian Hooker", "Eyes of a Panther" Voz, coros [94]
[95]
[96]
2010 Johnny Aloha Lavapalooza (Tiki Music Versions of Rock And Rap Hits!) Almost Paradise Voz [97]
[98]
2010 Corey Taylor X-M@$ X-M@$ Voz, guitarra, baixo, batería, produción [97]
[98]
2011 Travis Barker Give the Drummer Some "On My Own" Voz, guitarra, Produción [61]
2013 Corey Taylor, Dave Grohl, Rick Nielsen, Scott Reeder Sound City: Real to Reel "From Can to Can't" Voz [99]
2014 Corey Taylor, Jason Christopher, Christian Martucci, Roy Mayorga, Satchel This Is Your Life – A Tribute to Ronnie James Dio "Rainbow in the Dark" Voz [100]
2015 Tech N9ne Special Effects "Wither" Voz [101]
2015 Teenage Time Killers Greatest Hits Vol. 1 "Egobomb" Voz [102]
2016 Zakk Wylde Book of Shadows II "Sleeping Dog" Voz [103]
2016 Korn The Serenity of Suffering "A Different World" Voz [104]

Filmografía editar

Ano Filme Personaxe Director
2001 We Sold Our Souls for Rock 'n Roll[105] - Penelope Spheeris[106]
2002 Rollerball[107][108] John McTiernan
2006 Voliminal: Inside the Nine[109][110] Shawn Crahan
2008 Nine: The Making Of All Hope Is Gone
Get Thrashed Rick Ernst
2009 Of the (sic): Your Nightmares, Our Dreams[111][112] Shawn Crahan
2010 Audible Visions of (sic)nesses
2011 Goat
2013 Sound City Dave Grohl
2014 Fear Clinic Bauer Robert Green Hall
2015 Doutor Who - Before the Flood[113] Fisher King (voz) Daniel O'Hara

Obra literaria editar

Notas editar

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. "Corey Taylor Information, Photos, and Trivia at MovieTome". Movietome.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 1 de abril de 2010-04-01. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Arnopp 2001, p. 26
  3. "Corey Taylor Overview". Allmusic (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  4. "Hit Parader’s Top 100 Heavy Metal Vocalists of All Time". Hit Parader (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  5. "Slipknot’s Corey Taylor on Paul Gray, the new tour, and staying in for the long haul". The Irish Times. 9 de xaneiro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Arnopp 2001, p. 27
  7. 7,0 7,1 Arnopp 2001, p. 28
  8. Arnopp 2001, p. 25
  9. Arnopp 2001, p. 29
  10. "Corey Taylor Opens Up About Depression + Attempted Suicide". Loudwire. 
  11. Voliminal: Inside The Nine. Roadrunner Records. 
  12. 12,0 12,1 Come What(ever) May (libreto). Stone Sour. Roadrunner Records. 2006. 
  13. 13,0 13,1 "Corey Taylor married Stephanie Luby: Taylor & Luby wedding". Celebgalz.com. Consultado o 1 de abril de 2010. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Wiederhorn, Jon (15 de xuño de 2006). "Corey Taylor Hits Rock Bottom On Way To New Stone Sour LP". MTV. Consultado o 1 de abril de 2010. 
  15. "Slipknot Frontman: This Is Who I Am - Blabbermouth.net". BLABBERMOUTH.NET. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2016. 
  16. "Stone Sour: Producer Announced; Recording To Begin In January". Blabbermouth.net. 20 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  17. "Corey Taylor Pictures – The Kerrang! Awards 2009". Zimbio. Consultado o 29 de abril de 2010. 
  18. "Slipknot's Corey Taylor and Scott Ian will co-host". Kerrang!. 30 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  19. "Scott Ian and Corey Taylor to present The Relentless Energy Drink Kerrang! Awards 2010". Kerrang. 22 de xuño de 2010. Consultado o 5 de agosto de 2010. 
  20. Crumb, Michael J. (21 de xuño de 2010). "Slipknot bassist died of morphine overdose". MSNBC. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2010. 
  21. 21,0 21,1 Arnopp 2001, p. 71
  22. Childers, Chad (28 de xullo de 2012). "Slipknot’s Shawn Crahan Explains How Band Member Numbers Came to Be". Loudwire. 
  23. 23,0 23,1 Arnopp 2001, p. 72
  24. Arnopp 2001, p. 77
  25. Harris, Chris (1 de xullo de 2008). "Slipknot Unveil Creepy New Masks Reminiscent of Dr. Doom, Frankenstein, Leatherface". MTV. 
  26. Arnopp 2001, pp. 82–86
  27. "Slipknot Billboard Albums Charts". Allmusic. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  28. Buckley, Peter (2003). The Rough Guide Rock: The Definitive Guide to More than 1200 Artists and Bands (3ª ed.). Rough Guides. p. 954. ISBN 1-84353-105-4. 
  29. "Gold & Platinum". RIAA. 29 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  30. Arnopp 2001, pp. 159–61
  31. Iowa (CD). Slipknot. Roadrunner Records. 2001. 
  32. "Chart Log UK". Zobbel. 16 de xuño de 2007. Consultado o 7 de maio de 2010. 
  33. "Iowa – Slipknot". Billboard. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  34. 34,0 34,1 Thomson, Mick. "NAMM 2008 Report". On Track Magazine. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 14 de xullo de 2008. 
  35. "Vol. 3: The Subliminal Verses – Slipknot". Billboard. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  36. "All Hope Is Gone is #1!!". Sparkart. 3 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  37. "Stone Sour > Overview". Allmusic. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2002. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  38. 38,0 38,1 "Corey Taylor Insists His Other Band Is No Slipknot Jr.". MTV. 11 de xullo de 2002. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  39. "Stone Sour > Credits". Allmusic. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  40. 40,0 40,1 40,2 "Stone Sour > Charts & Awards > Billboard Albums". Allmusic. Consultado o 7 de decembro de 2009. 
  41. "Discography Stone Sour". australian-charts.com. Consultado o 7 de decembro de 2009. 
  42. "Chart Stats – Stone Sour". Chart Stats. Consultado o 7 de decembro de 2009. 
  43. "Live In Moscow – Stone Sour". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  44. "COREY TAYLOR – Revolver Magazine". Revolver. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  45. "Audio Secrecy – Stone Sour". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2010. Consultado o 1 de xullo de 2010. 
  46. "BLABBERMOUTH.NET – New STONE SOUR Album Will Be Like PINK FLOYD's 'The Wall' Meets ALICE IN CHAINS' 'Dirt'". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  47. Heaney, Corey. "Stone Sour - The House of Gold & Bones, Pt. 1". Allmusic. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  48. "STONE SOUR: 'House Of Gold & Bones - Part 2' Release Date Confirmed, More Details Revealed". BlabberMouth. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  49. "HOUSE OF GOLD & BONES TPB". Dark Horse Comics. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  50. "Corey Taylor". Metal Storm. Consultado o 29 de novembro de 2009. 
  51. ""The Rich Man"". The All-Star Sessions (CD). Roadrunner United. Roadrunner Records. 2005. 
  52. "STEEL PANTHER To Play London Club Show". Blabbermouth. 14 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  53. "For The Record: Quick News On Notorious B.I.G., Angelina Jolie, Brad Pitt, Lindsay Lohan, Jessica Alba, Danger Mouse & More". MTV. 7 de xuño de 2006. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  54. "Slipknot Frontman Partners With Facecage To Launch Great Big Mouth Records". Blabbermouth. 6 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  55. "WALLS OF JERICHO, COREY TAYLOR Talk About 'Redemption'". Blabbermouth. 22 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  56. "SLIPKNOT Singer's COREY TAYLOR AND THE JUNK BEER KIDNAP BAND To Play 'Secret' Show". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  57. "Taylor Solo". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  58. "COREY TAYLOR: Video For Christmas Single Released". Roadrunnerrecords.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  59. "STONE SOUR Frontman's Holiday Single Fails To Topple SIMON COWELL". Blabbermouth. 21 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  60. "A Conversation Between Aaron Lewis of Staind and Corey Taylor of Stone Sour and Slipknot about "It Takes A Community"". Artist direct. 27 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  61. 61,0 61,1 "Travis Barker ‎– Give The Drummer Some". Discogs. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  62. Arnopp 2001, p. 73
  63. "Hit Parader’s Top 100 Metal Vocalists of All Time". Hearya. 4 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  64. Huey, Steve. "Slipknot > Overview". Allmusic. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2002. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  65. Torreano, Bradley. "Stone Sour > Overview". Allmusic. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  66. "Soularium > Credits". Allmusic. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  67. "Sister Soleil – Soularium (CD)". Discogs. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  68. "Smakdab – The Secret History of the Cedar Valley". Thesecrethistory.org. 20 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  69. "Soulfly – Prophecy (CD, Album, Ltg, Dig)". Discogs. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  70. "Jumpdafuckup". Allmusic. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  71. "Primitive by Soulfly". iTunes. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  72. "Strait Up > Credits". Allmusic. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  73. "Requiem - Corey Taylor Song". Yahoo!. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  74. "Biohazard - Uncivilization". Sputnik Music. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  75. "Slitheryn > Credits". Allmusic. Consultado o 16 de maio de 2010. 
  76. Slitheryn (Libreto de notas). Slitheryn. Bad News Records. 2007. 
  77. "Various – Rise Above (CD, Comp)". Discogs. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  78. "Room 13 - Corey Taylor Song". Yahoo!. Consultado o 17 de maio de 2010. [Ligazón morta]
  79. allmusic ((( New Found Power > Credits ))) Allmusic. Retrieved 2010-04-24.
  80. Damageplan -New Found Power (CD, Enh) at Discogs Discogs. Retrieved 2010-05-17.
  81. "Rich Man - Corey Taylor". Yahoo!. 23 de outubro de 2007. Consultado o 18 de abril de 2010. [Ligazón morta]
  82. "Roadrunner United: The All Star Sessions > Overview". Allmusic. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  83. "ROADRUNNER UNITED Concert: Complete Details Revealed!". Blabbermouth.net. 16 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2006. Consultado o 1 de xullo de 2010. 
  84. "Korn feat. Corey Talyor – Freak on a Leash". MySpace Videos. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 16 de maio de 2010. 
  85. "Family Values Tour 2006 (2006) (V)". IMDb. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  86. "Facecage Taps Slipknot's Corey Taylor For Upcoming Album". Blabbermouth.net. 9 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  87. "Facecage To Open For Soulfly in Des Moines". Blabbermouth.net. 10 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  88. Systematic Chaos (Libreto de notas). Dream Theater. Roadrunner Records. 2007. 
  89. "Systematic Chaos > Credits". Allmusic. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  90. "I'm Not Jesus (feat. Corey Taylor)". iTunes. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  91. "APOCALYPTICA With COREY TAYLOR: 'I'm Not Jesus' Video Posted Online". Blabbermouth.net. 11 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  92. "Slipknot/Stone Sour frontman producing new Walls of Jericho EP". 17 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 14 de xaneiro de 2009. 
  93. "Redemption > Credits". Allmusic. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  94. "Feel the Steel > Credits". Allmusic. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  95. "Feel the Steel [PA] – CD – Steel Panther]". Best Buy. Consultado o 7 de maio de 2010. 
  96. Feel the Steel (Libreto de notas). Steel Panther. Universal Records. 2009. 
  97. 97,0 97,1 "Slipknot/Stone Sour frontman producing new Christmas 2010 single for the charity "Teenage Cancer Trust"". 10 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2010. 
  98. 98,0 98,1 "Redemption > Credits". Allmusic. Consultado o 13 de decembro de 2010. 
  99. "Dave Grohl, Corey Taylor Debut 'Sound City' Collaboration, 'From Can to Can't'". Rolling Stone. 15 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  100. Fanelli, Damian (26 de marzo de 2014). "Exclusive Premiere: Corey Taylor Covers Dio’s “Rainbow In The Dark”". Revolver. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  101. Hartmann, Graham (29 de abril de 2015). "Tech N9ne Feat. Slipknot’s Corey Taylor, ‘Wither’ – Exclusive Song Premiere". Loudwire. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  102. "COREY TAYLOR, RANDY BLYTHE, NEIL FALLON Set For TEENAGE TIME KILLERS Special One-Off U.S. Performance". Blabbermouth.net. 12 de agosto de 2015. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  103. "Video Premiere: ZAKK WYLDE's 'Sleeping Dogs'". Blabbermouth.net. 29 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  104. Lach, Stef (13 de xullo de 2016). "Slipknot's Corey Taylor to guest on new Korn album". Teamrock. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  105. "We Sold Our Souls for Rock 'n Roll". Internet Movie Database. Amazon.com. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  106. Pendleton, Reece. "We Sold Our Souls for Rock 'n' Roll". Chicago Reader. Consultado o 11 de maio de 2010. 
  107. D'Angelo, Joe (10 de abril de 2001). "Slipknot To Perform In 'Rollerball' Remake". MTV (MTV Networks). Consultado o 28 de abril de 2010. 
  108. "Rollerball". Internet Movie Database. Amazon.com. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  109. "Voliminal: Inside the Nine". Internet Movie Database. Amazon.com. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  110. "Voliminal: Inside the Nine > Credits". Allmusic. All Media Guide. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  111. Marcus, Bianca (28 de xullo de 2009). "Slipknot Creating "Sic" Reissue". ChartAttack. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2010. 
  112. "Slipknot [10th Anniversary Edition CD/] > Credits". Allmusic. All Media Guide. Consultado o 29 de abril de 2010. 
  113. "SLIPKNOT's COREY TAYLOR Explains How He Came To Voice Alien Overlord On 'Doctor Who'". Blabbermouth. 9 de outubro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnopp, Jason (2001). Slipknot: Inside the Sickness, Behind the Masks (en inglés). Ebury Publishing. ISBN 0-09-187933-7. 

Ligazóns externas editar