Scott Reeder

músico estadounidense

Scott Reeder, nado en Barstow (California) o 16 de maio de 1965, é un baixista estadounidense. Foi o baixista da banda de stoner rock Kyuss e agora toca en Bütcher e edita traballos en solitario tamén.[1][2]

Infotaula de personaScott Reeder
Biografía
Nacemento(en) Scott Thomas Reeder Editar o valor em Wikidata
16 de maio de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Barstow, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoDesert rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0715793 MySpace: scottreeder Musicbrainz: e91b25fd-9dc0-472a-b828-fb2b620f0b9d Discogs: 311948 Allmusic: mn0000836114 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Uniuse a Kyuss despois da saída de Nick Oliveri e estivo na banda ata a súa disolución en outubro de 1995. Reeder reuniuse co antigo cantante da banda, John Garcia, en Unida, un grupo de stoner rock que só editou un traballo antes de separarse por problemas legais.

En 2002, foi un dos oito baixistas que fixeron unha proba para unirse a Metallica, da que saíu elixido Rob Trujillo. Tres anos despois, en 2005, uniuse á banda Bütcher.

Reeder editou un álbum en solitario, TunnelVision Brilliance, o 24 de xaneiro de 2006. Todas as cancións foron compostas e interpretadas por el.

Notas editar

  1. "Black Math Horseman | Tee Pee Records Webstore". teepeerecords.com. Consultado o 2019-02-05. 
  2. Linn, Robin. "Desert Rock Chronicles: Bassist/Producer Scott Reeder Helps Spread Desert Rock Around the World". www.cvindependent.com (en inglés). Consultado o 2019-02-05.