Benvido á Galipedia, Yavanno!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 20:26, 1 abril 2009 (UTC)

Ola, Yavanno. Acabo de borrar o artigo que creaches co título O Altísimo. Independentemente de que nunhas relixións se lles chame Altísimo a un deus ou a outro, o artigo debe ser o do deus (neste caso Odín, e non o dun dos seus epítetos. Altísimo non é máis ca un cualificativo dun deus —ou deuses— que recibe outro nome e debe ter un artigo de seu. --Xabier Cid Conversa 20:44, 27 maio 2009 (UTC)

Tin Whistle editar

Boas, Yavanno. Corrixin o artigo que creaches sobre o Tin whistle. Bótalle un ollo cando queiras. Unha cousiña: vexo que tes algunha eiviña no referido á lingua. Así, por exemplo, puxeches silbido ou soer, que non son palabras galegas. Déixoche un par de ligazóns por se queres apuntalar o teu galego. Unha é Wikipedia:Erros de ortografía e a outra Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles para galipedistas. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 21:16, 14 xuño 2009 (UTC)

Eu corrixo gustoso, para iso estamos. Amais, sempre é un pracer ver que un novo usuario se achega á Galipedia así como tamén escoitar que xa hai un galegofalante concienzado máis. Veña, Yavanno, duro aí coa lingua, que verás que gaña enteiros en cousa de semanas. Pásao ben e velái che van moitas máis ligazóns para te converteres nun experto galipedista. Saúdos e ao choio.--Atobar (conversa comigo) 21:32, 14 xuño 2009 (UTC)

Violacións de licencia editar

Ola Yavanno.

Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia.

Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Non esquezas tampouco, cando traduzas un artigo doutra wiki, poñer as Ligazóns interlingüísticas.

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 15:07, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Verificabilidade editar

Son eu outra vez.

Vin que levas creados uns 40 artigos. Algúns curtos de máis. O caso é que nin en un so deles citas nin unha soa fonte ou referencia que apareza nunha publicación acreditada que poida verificar o contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Isto é básico na wikipedia.

Quen lle vai dar crédito a algo que escribiu un descoñecido se non aportas probas?

Recoméndoche encarecidamente que leas Wikipedia:Verificabilidade, comprobarás que teoricamente todolos artigos que creaches poderían ser borrados en calquera momento.

Ten todo isto en conta e anímote a que aportes referencias os artigos xa creados.

Gracias por colaborares e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 15:26, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Dulzaina editar

Boas Yavanno, o artigo Dulzaina, que fixeches ti, ten o marcador de investigación orixinal, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 11:52 (UTC)Responder

Colaboración neopagana editar

Ola! Vin todos os artigos que redactaches na Galipedia e seguramente che gustaría saber qye no Facebook existe un grupo galego de "neopaganismo Galaico" onde tentamos recompoñer o panteón dos castrexos Galaicos por se vostede quere unirse. Saúde e terra! --Titvs (conversa) 8 de novembro de 2019 ás 10:01 (UTC)Responder