Benvido(a) á Galipedia, Xermánico!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 17:51, 28 decembro 2007 (UTC)

país vascoEditar

Ola. Nada, non te preocupes, ao comezar sempre se toman as cousas doutro xeito. O que pasa é que tes que supoñer a premisa máis boa: non é que haxa un "contubernio" para implantar certas politicas, aqui hai xente de todas as ideoloxias, o que si pasa é que somos poucos para revisar todos os artigos en base a todos os puntos de vista e conseguir algo que sexa o máis "aseptico" posible, tamén chamado "punto de vista neutral". Un saúdo, benvido á Galipedia e ánimo, revisa canto podas e edita todos os artigos que podas e coñezas o tema, que se necesitan todas as mans posibeis e todas a máxima variedade de formas de pensar.---- Maañón00 (o que ho?) 19:07, 30 decembro 2007 (UTC)


  • non es chorimiqueiro, tes toda a razón en que se che revirten os cambios deberían polo menos explicalo na pax de conversa ... pero non digo nada máis, vexo que ti te defendes ben. Saúdos e espero que botes unha man noutros artigos e non te desanimes por certas actitudes que non son xerais---- Maañón00 (o que ho?) 19:26, 30 decembro 2007 (UTC)
  • Ola Xermánico. Ó ser este un tema polémico devolvín á versión anterior porque facías un cambio no concepto, e creo que para iso había que pasar pola páxina de conversa. Como o que estaba, estaba antes e entran en colisión devolvino. Eu por exemplo non considero absurso, a risco de que me califiques a min como tal. Pra min Páis Vasco non é máis ca tradución ó galego de Euskal Herria, e o concepto que entendo como tal é o que dá o artigo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:28, 30 decembro 2007 (UTC)
  • Vale, coido que teño a solución que pode contentarnos ós dous. Vou editar recuperando o teu. Logo pregúntoche que te parece. AlberteSi, digame? 19:36, 30 decembro 2007 (UTC)

Vale, de acordo. Perdoa por parecer brusco ó principio, quizais o fun. De todos xeitos cando se borran textos non se perde o traballo que fai un, xa que queda gardado no historial e sempre se pode recuperar, quizais non o sabías e por iso pareceuche unha actitude brusca. Síntoo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:22, 30 decembro 2007 (UTC)

País VascoEditar

Estaria ben que, antes de facer cambios nunha páxina de contido bastante polémico, fosen discutidos na súa correspondente páxina de discusión. Un saúdo. --Norrin_strange (Talk) 12:10, 31 decembro 2007 (UTC)

  • Como xa poño enriba, antes de facer eses cambios deberían ser discutidos un por un. Unha aperta. --Norrin_strange (Talk) 13:51, 31 decembro 2007 (UTC)

argumentum ad hominemEditar

Efectivamente, "tódolos" é perfectamente correcto. Desculpa, foi un lapsus ao corrixir, xa que eu sempre emprego "todos os".

Cando fagas traducións lémbra poñer no comentario que é unha tradución e da wiki da que procede. Saúdos. --Xas (fálame) 17:53, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Galiza-GaliciaEditar

Ola, fai tempo eu tamén preguntara o porque desta duplicidade nun artigo tan fundamental. Indicóuseme que xa fora debatido e que a causa fundamental da decisión final de manter esta dualidade de artigos era a de evitar a tensión entre as alternativas e posbiles vandalismos, co compromiso de que ambos artigos tivesen o mesmo contido. A min chegoume a explicación, lin o debate e considereino razoable polo que non reabrin o debate na taberna, xa que sería un cambio sustancial que debe ser presentado a opinión dos máis que se poda. O final do debate telo en Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo/Marzo 2006. Creo que se coidas que debes presentar unha nova alternativa o fagas. Parabéns polo teu traballo e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 16:31, 3 xaneiro 2008 (UTC)

REEditar

Perdoa que sexa breve, ando "febroso". Entendo que penses en que o tema deba ser reaberto, polo que o ser desa "embergadura" propon a alternativa na taberna, na parte de políticas Wikipedia:A Taberna (políticas) e alí máis poderán ver o tema e opinar. Senóon houbese moita participación co tempo podes pasalo a materias en proceso de consenso ou propolo a votación e dese xeito optar entre o que hai ou polo froito do iniciado por ti e consensuado.

No caso de Galiza Nación, que non recordo ter mencionado, entendo o que dis e a importancia da redación e maior obxectividade do paragrafo introdutorio. Tamén teño a miña propia idea de que é nación, pero tamén o vexo como un tema de bastante "embergadura" para o seu cambio directo polo que a taberna, tamén debe ser o paso para ter as opinións. O problema destes termos é valor político co que se adoita a traballar o que fai que sexan obxecto de moita polémica polo que moitos tendemos a separarnos bastante de este tipo de conversas ou discusións, e máis se ainda non coñecemos ao editor, o seu traballo, de ahí que as opinións sexan máis preguiceiras neses temas. En canto vaiamos coñecendote polas túas edicións máis confianza haberá. Polo pronto animarte a expor as alternativas que presentas na Wikipedia:A Taberna (políticas). Un saúdo e ata pronto. Lansbricae (Ti dirás) 23:05, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e GalizaEditar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:30, 9 febreiro 2008 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e GaliciaEditar

Bos días Xermánico. Procedín anular o teu voto en Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia porque non cumpre cos requisitos de votación para poder emitir un voto válido. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:51, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Xermánico. Antes de responder cos datos quixera facer unha reflexión previa refirida á Wikipedia, o obxectivo principal da Wikipedia non é votar nin sequera é un obxectivo. Na maior parte das votacións os requisitos son 150 edicións válidas nos artigos e dous meses de antigüidade. 150 edicións válidas significa que aquelas edicións que foran desfeitas non son consideradas válidas, as edicións deben ser en artigos. Edicións en páxinas de conversa ou de usuario entre outras non contan. Sistemas para aumentar as edicións como gardar repetidas veces sen utilizar a vista previa ou calquera outro medio para inchar o número de edicións entrarían no campo das edicións non válidas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:25, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Xermánico. Á marxe das interpretacions persoais que calquera usuario che poida dar, as condicions obxectivas e válidas para poder votar atópanse no seguinte apartado: Wikipedia:Votacións#Quen pode votar?. Para calquera dubida, aqui nos tes. Saúdos.----Maañón 16:38, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola outra vez. A explicación dos datos non se refería a nada en concreto senón que era unha explicación xeral. Neste momento non cumpres os dous tipos de requisitos: edicións minímas en artigos menos de 150 nin antigüidade no wiki. O rexistro do teu nome de usuario é do 28 de decembro de 2007. Non pasaron dous meses desde aquel momento. Non creo que deba incomodarte non poder votar, eses límites pretenden garantir un certo coñecemento do wiki e o seu funcionamento antes de entrar en votacións. Na miña opinión é moito máis importante colaborar axudandolle á comunidade dun xeito desinteresado. Claro que é unha reflexión persoal. Anímote, se queres, a facer contribucións sobre Banda deseñada tal e como anuncias na túa páxina de usuario e adiar os temas de fondo para cando leves máis tempo aquí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:06, 10 febreiro 2008 (UTC)