Benvido(a) á Galipedia, Varperalta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 06:51, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Varperalta. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 20 de marzo de 2017 ás 14:12 (UTC)Responder[responder]

demografía editar

Ola, Varperalta!

Moitas grazas por actualizar os datos de poboación. Non obstante, sempre é interesante conservar os datos vellos, pois son útils para comparar o crecemento ou decrecemento demográfico. Por exemplo, podes ver no artigo de Mañufe os datos de 2019, 2014, 2004 e 1999. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de maio de 2020 ás 17:01 (UTC)Responder[responder]

artigos patrimonio parroquia editar

Ola, Varperalta! Que ben que a xente contribúa sobre o patrimonio local. O ideal é que a información achegada estea referenciada con publicacións, xa sexa a propia web do Concello, páxinas especializadas (Patrimonio Galego...) ou material impreso. Tamén son de utilidade os paneis indicativos.

Respecto ás imaxes: que ben que te animes a subir. Unha das recomendacións que fago á hora de subir fotos a Commons (o repositorio de arquivos para a Wikipedia) é indicar as coordenadas xeográficas, para axudar as outras persoas a atopar o elemento fotografado. Quizais Commons non é o máis intuitivo do mundo, especialmente coas categorías para as fotos, pero se tes algunha dúbida, non teñas medo a preguntar.

En paralelo aos artigos de Wikipedia, están os elementos de Wikidata. Por exemplo, a Mañufe correspóndelle d:Q12393129. Cos lugares pasa o mesmo: a O Campo das Bestas correspóndelle d:Q20548006.

Recapitulando, que me perdo: eu diríache de irmos aos poucos. Se queres comeza por mellorar algún dos artigos xa existentes sobre as aldeas de Mañufe, ou anímate a crear algún novo empezando de cero. Ou mesmo mellorar o propio artigo da parroquia!

Un saúdo!--Estevo(aei)fálame aquí 3 de maio de 2020 ás 02:20 (UTC)Responder[responder]

Nota sobre Commons: as categorías das fotos non son tan complicadas de poñer, se son dun lugar de Galcia, o único que tes que poñer na categoría é o nome do concello, con iso xa chega. Se fas fotos de Gondomar, tes que poñerlle a categoría Gondomar, logo xa se lle irán engadindo outras, pero polo menos con iso xa está nunha categoría axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2020 ás 11:32 (UTC)Responder[responder]

Ortografía e estilo editar

Ola, Varperalta! Que ben que vaias creando artigos dos lugares de Mañufe! Coméntoche varias cuestións ortográficas e de estilo.

As abreviaturas, como km, non fan plural; o correcto é escribir "a 4,2 km", por exemplo. Lembra tamén que os artigos dos topónimos tamén contraen: así, debemos escribir "na Coruña" e non "en A Coruña", ou "polo Barco" e non "por O Barco".

Doutra banda, os modelos de lugares e parroquias van só nos artigos de lugares e parroquias; xa que logo, vounos quitar do artigo do pazo de Fontán. Ao engadilos nun artigo, procura que sigan o formato xa existente no resto de artigos; podes facer copia-pega se che é máis cómodo.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 9 de maio de 2020 ás 21:51 (UTC)Responder[responder]

Ola de novo! Bótalle un ollo ao Modelo:Coordenadas; se queres podes facer copia-pega desde algún artigo que o utilice e modificar os datos. Por exemplo, eu sempre copio-pego o modelo que aparece en San Xurxo de Sacos; alí aparece {{Coord|42|30|36|N|08|31|01|W|display=title}}, e o que fago é mudar os graos, minutos e segundos para adaptalo ao lugar correspondente. Por convención, este modelo vai na parte superior dos artigos, para facilitar a navegación.
Respecto a Wikidata: cando creas un artigo novo na Galipedia, o que fago é crear o elemento correspondente en Wikidata, para cruzar os datos. Aos poucos imos aprendendo :)
Por último: lembra asinar as túas mensaxes nas páxinas de conversa doutros usuarios, porfi, para saber a quen responderlle. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de maio de 2020 ás 11:39 (UTC)Responder[responder]

Ferramenta de utilidade editar

Ola Varperalta.

Quizais che resulte de utilidade a seguinte ferramenta: GeoLocator

Serve para obter doadamente as coordenadas dun lugar, en formato wiki. Sabendo chegar a el, navegando polo mapa, cando coloques o punteiro no sitio só tes que copiar o código wiki que aparece á esquerda (por exemplo {{Coord|42|52|49.77|N|8|32|44.33|W|display=title}} ) e pegalo no artigo que queiras.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2020 ás 15:06 (UTC)Graciñas! Inda estou a familiarizarme con todas as ferramentas dispoñibles. Apertas! Varperalta (conversa) 31 de maio de 2020 ás 11:22 (UTC)Responder[responder]

Categoría:Mañufe editar

Ola, Varperalta! Efectivamente, os artigos sobre o patrimonio da parroquia deben ir na Categoría:Mañufe, Gondomar. En ocasións esquézoo pola falta de costume; hai categoría de cada concello, pero hai categorías de moi poucas parroquias, por iso o habitual adoita ser empregar a categoría do municipio. Grazas polo aviso! Non te estreses, que ninguén naceu aprendendo, e mesmo a xente que levamos un tempo sabemos cada día algo novo, que isto do coñecemento libre nunca deixa de medrar. Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de xuño de 2020 ás 19:26 (UTC)Responder[responder]

Ola de novo! Polo xeral adoita haber xente revisando as edicións recentes e completando información, pero se vas engadindo ti xa as categorías, pois estupendo! Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2020 ás 13:05 (UTC)Responder[responder]

interwikis editar

Ola, Varperalta!

Deixoume facelo sen problemas desde a Wikipedia en castelán. Outra opción é facelo en Wikidata (d:Q96538748). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de xuño de 2020 ás 22:26 (UTC)Responder[responder]

estrutura dos artigos editar

Ola, Varperalta! Que delicia ver que se achega bibliografía aos artigos xa existentes!

Os artigos na Galipedia levan a seguinte estrutura: o penúltimo apartado é o das referencias explicadas con notas a pé; co modelo {{listaref}}, xa aparecen todas; despois diso, no apartado final "Véxase tamén", hai tres subapartados: "Outros artigos", "Bibliografía" e "Ligazóns externas". Debaixo diso, iría {{Control de autoridades}}.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xullo de 2020 ás 19:19 (UTC)Responder[responder]

Ola!! No caso de que nos artigos haxa información non contrastable, o correcto é borrar esa información. No caso de que haxa datos que aparecen en referencias pero que non se correspondan con outra bibliografía, o correcto é indicar as diverxencias (a autora A defende esta visión, mentres que a autora B defende esta postura), sempre buscando a neutralidade. Un saúdo, e de novo parabéns polo traballo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de xullo de 2020 ás 11:14 (UTC)Responder[responder]

dereitos de imaxes editar

Ola, Varperalta! Non entendín moi ben a que tipo de imaxes, ilustracións ou gráficas te refires. O ideal é que as imaxes sexan subidas a Commons pola propia persoa que as creou. Existe tamén a opción do Commons:OTRS, pero non o controlo moi ben; nese caso, as persoas creadoras indicarían o seu permiso para que as imaxes sexan usadas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de xullo de 2020 ás 08:10 (UTC)Responder[responder]

Grazas Estevo! Vou falar con eles. Apertas

Varperalta (conversa) 16 de xullo de 2020 ás 09:13 (UTC)Responder[responder]

ponte de Mañufe editar

Ola, Varperalta! Como vai o outono?

Lin estes días na prensa esta nova sobre a ponte de Mañufe. Vaiche ben ir tomar unha foto similar, para documentar o proceso de reparación?

Unha aperta!! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de decembro de 2020 ás 13:45 (UTC) / Ola Estevo(aei) nestes días vou por ali. Apertas!Responder[responder]