Benvido(a) á Galipedia, Taboada!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

ParabénsEditar

Ola Taboada. Estiven vendo algunhas das túas contribucións. Sinceramente, se moita xente traballase co criterio co que ti o fas, o valor da Galipedia sería enorme.

Non dubides en contactar comigo cando o desexes, estou á túa disposición.

Por se non o sabes (supoño que si o sabes), quero indicarche que podes incluír nos artigos -cando o desexes- imaxes de Commons. Póñoche a continuación a ligazón á categoría das imaxes relacionadas coa Física: http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Physics.

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:55, 7 xullo 2006 (UTC)

Pequeno problemaEditar

Hai un problema de doada solución coa imaxe Image:Ciclo Born-Haber para NaCl.jpg e quizais con algunha outra que subiras. A licenza que lle engadiches é correcta. pero, ademais da licenza, é necesario para que as imaxes se poidan manter (non ser borradas) neste proxecto que se indique a súa orixe. Supoño que dita imaxe a fixeches ti. Se é así, debes indicalo editando a imaxe e expresando simplemente que ti es o autor da mesma.

En caso de que a imaxe sexa dunha páxina web, tes que poñer o enlace á páxina orixinal en que dita imaxe aparece para que poida ser comprobable a licenza. Se é dun libro que non teña dereitos de autor (por porexemplo ser publicado fai máis de 70 anos) debes expresar con detalle os datos de dito libro.

En caso de carecer dos datos de orixe, as imaxes deben ser borradas seguindo a política existente en tódalas wikipedias.

Evidentemente, sería absurdo que iso pasase coa imaxe que estamos a falar, polo que se, polo motivo que sexa, non lle incorporas ti os datos da autoría, abondaría con que me dixeses que ti es o autor para o facer eu.

Reitero que se tes calquera circunstancia, dúbida ou o que fose, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:39, 7 xullo 2006 (UTC)

Espero que estes pequenos problemas non afecten o excelente traballo que estás desenvolvendo na Galipedia. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:50, 7 xullo 2006 (UTC)

RespostaEditar

Ola Taboada, chegoume como ves a mensaxe. Cando queiras borrar unha imaxe duplicada, non tes máis ca indicarmo. Ó rematar esta mensaxe, procedo a borrar Ciclo de Born-Haber para a entalpía de formación do cloruro de sodio..jpg por ser duplicado de Image:Ciclo Born-Haber para NaCl.jpg

Non me dou conta agora mesmo de onde aparece o de non subir ficheiros de 35K, pero lembro lelo. Fai pouco tempo era importante que así fose, pois non había conexións a internet veloces que puidesen descargar rapidamente arquivos maiores. Hoxe en día as fotos que subas poden ter máis peso, de feito, as miñas soen roldar os 200K. Cando eu falaba de imaxes de 2 megas, quería dicir de 2 megapíxeles, é dicir, dun tamaño de 1600x1200 aproximadamente. Se comprimes esas imaxes ocupan de 150 a 400k normalmente. Se a imaxe non é boa, procuro subila máis pequena

Ó indicáresme que es ti o autor desas imaxes, eu mesmo podería poñer os datos; pero é conveniente que aprendas a facelo ti. Non te preocupes que é fácil, antes ou despois has facelo. Explícoche o proceso:

  1. Accedes á imaxe facendo click aquí: Image:Ciclo Born-Haber para NaCl.jpg.
  2. Na parte superior da ventá hai unha pestana que pon editar. Fas click nela
  3. Aparece outra ventá en que hai unha caixa en que podes escribir. Nesa caixa está a licenza {{Cc-by-sa-2.5-es}}. Pos o cursor despois da licenza, creas unha nova liña e escribes, por exemplo, autor da imaxe: [[User:Taboada]]
  4. Para rematar, fas click en Gardar a páxina e xa está.

O ideal á hora de subir fotos é engadir esta táboa cumprimentada (se non dás, non te preocupes)

  - http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:substituír_polo_nome_da_imaxe.png
Orixe/Source: Feita por User:Taboada
Autor/Author: User:Taboada
Copyright: Cc-by-sa-2.5-es
Publicada por/Publish by: User:Taboada
Data/Date: Data en que se subiu


Para ver como traspasar a táboa á foto, tes que editar esta páxina que agora estás lendo, copiar ó portapapeis a información que produce que se vexa a táboa, e despois pegala na caixa da que che falo no punto 3.

Normalmente, cando subas unha foto, podes pegar a táboa na caixa de resumo e, dese xeito, xa a incorporas.

Non te preocupes por que algo non che saia ben. Son máis importantes as túas aportacións cós erros que poidas cometer. Os erros sempre se poden corrixir e, ademais, confundíndonos aprendemos.

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:07, 8 xullo 2006 (UTC)

  • Esquecía unha cousa, despois da táboa debe aparecer a licenza, así que debes escribir {{Cc-by-sa-2.5-es}} --Lmbuga Commons - Galipedia 21:10, 8 xullo 2006 (UTC)

Caixa de datosEditar

Ola Taboada. Para que non teñas dificultades á hora de subir imaxes, á imaxe Image:Ciclo Born-Haber para NaCl.jpg creeille unha táboa de datos cos que ti indicaches. Indícoche agora unha posibilidade que axuda a simplificar a subida de imaxes

En http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Image:Ciclo_Born-Haber_para_NaCl.jpg&action=edit podes ver como se escribe dita táboa. Se copias o aí presente podes engadilo (pegalo na caixa que pon resumo) cando subas outra imaxe. Logo de pegado, só tes que variar a data e na terceira liña o nome da imaxe (fíxate que os espazos se substitúen por _ ).

Fíxeno así e indícocho así, porque así é como aprendín eu e creo que é a solución máis doada e menos traballosa para ti. Desde logo, éo para min. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:28, 10 xullo 2006 (UTC)

Agradecemento e nova preguntaEditar

Saúdos Lmbuga, e ante todo grazas polas axudes que me vas dando. Unha nova pregunta: Máis adiante, dende un ordenador con ADSL, (vivo no medio rural e a miña conexión soamente me permite navegar a un máximo duns 32 Kbps, neste momento a 31,2) penso subir algunhas fotografías. ¿Podo dende un ordenador distinto deste acceder a miña páxina de usuario? ¿Como?

——> Quizais vaia ser conveniente que comprimas un pouco as imaxes á hora de subilas, para que non che tarden demasiado en subir (non perden case calidade). Polo demais, se escribes o enderezo da Galipedia (http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Special:Userlogin&returnto=Portada), podes rexistrarte desde calquera ordenador, sen problema ningún. Só fai falta que lembres o contrasinal.

Hai moitos programas gratuítos que comprimen doadamente as imaxes. A primeira vez terás que comprobar se queda ben a imaxe. En caso de que non teñas ningún, búscoche eu algún ou solicítamo por correo (Na miña páxina de discusión, na columna da esquerda, ó final, verás que pon Enviar un correo-e a este usuario, preme aí).

Por certo, para me poderes enviar un correo tes que ter (estou case seguro) activo na Galipedia o teu correo. Para activalo, tes que ir a preferencias (está arriba de todo, ó lado do teu nome de usuario), e escribir o teu correo. Logo enviaráseche unha mensaxe de confirmación ó teu correo á cal terás que responder. Só con responder esa mensaxe abonda para que o teu correo estea activo. Se posteriormente envías unha mensaxe a un usuario, desde a Galipedia, o usuario non ve a denominación do teu correo. O teu anonimato é seguro (nin os administradores o vemos).

Agrádame que me preguntes. Continúa preguntando todo o que se che ocorra, non importa que sexa máis ou menos importantes. O realmente importante é que esteas cómodo traballando connosco. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:39, 15 xullo 2006 (UTC)

O meu correoEditar

Creo que non puideches enviarme un correo porque non o tiña ben activado, eu epnsaba que si estaba. Agora seguro que xa podes (se non podes volverei intentar activalo). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:23, 16 xullo 2006 (UTC)

  • Acabo de agardecerlle agora a un usuario o seu traballo na Galipedia, e nada máis facelo pensei en ti. Cando menos dicirche que estou encantado de que esteas presente neste proxecto. Que as túas aportacións son sempre excelentes. E que non dubides en contar comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:47, 16 xullo 2006 (UTC)

Cloruro de litioEditar

In cluín o arquivo do título en Category:Substancias químicas, pero é unha materia, a química, que descoñezo. Dentro desa categoría hai dúas subcategorías en que podería cadrar e eu non son quen se saber se cadra ou non. Se tal bótalle ti unha ollada. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:57, 19 xullo 2006 (UTC)

  • O índice de cloruro de sodio aparecerá se creas un cuarto apartado. A aparición é automática se hai 4 apartados. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:52, 25 xullo 2006 (UTC)

Imaxes de en.wikiEditar

As imaxes que se poden usar directamente na Galipedia son as subidas á Galipedia e as subidas a Commons. Se unha imaxe da wikip. inglesa (en.wiki) funciona na Galipedia é por estar cargada tamén e co mesmo nome en Commons ou na Galipedia.

A imaxe de en.wiki http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Rubidium_chloride.jpg ten unha licenza que nós non posuímos. Hai que falar para ver se a podemos subir á Galipedia. Creo que si poderiamos, pero non estou seguro.

Hai imaxes de en.wiki que non se poden subir. Teñen unha lexistación en EEUU máis aberta cá nosa.

Vou preguntar polo caso desa imaxe. Non sei cal é a outra. Se me dis o nome, miro se se pode subir e xa o fago eu, así podes ver como se enche a táboa de datos se pillas unha imaxe doutra wikipedia.

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:00, 26 xullo 2006 (UTC)

Saúdo de BenvidaEditar

Benvido á Galipedia Taboada. Aínda que xa pasou certo tempo desde que comezaches a colaborar non quería deixar de darche a benvida. Grazas por colaborar connosco, é moi valioso para o proxecto a axuda especializada en certos campos do saber para que a enciclopedia consiga un nivel de calidade aceptable. Polo que a túa axuda é especialmente importante, outra vez grazas. A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:38, 26 xullo 2006 (UTC)

Re: A outra imaxe con problemasEditar

Estiven mirando a imaxe. Esta non ten dificultades, pódese subir. O que hai que facer ó subila (pois é GFDL) é poñer os datos da imaxe que copias na imaxe nova e, ademais, poñer ó un enlace á imaxe orixinal en Orixe/Source:.

Polo que respecta ó das liñas sobre as táboas. Xa o estiven mirando sen dicirche nada, pero teño pouca experiencia con ese tipo de táboas e non dei coa solución. Hai outros usuarios con moitísimo máis coñecemento ca min de cuestións técnicas. O malo é están de vacacións ou pasan pouco estes días. Quizais o ideal é que pidas axuda escribindo unha mensaxe ó final da páxina Wikipedia:A Taberna (axuda). Os administradores soen mirala con frecuencia, dese xeito o primeiro que se achegue responderá. Ten ollo, porque podería responder nesa mesma páxina e non na túa páxina de discusión.

Vou subir agora mesmo a imaxe que me dixeches, xa a localicei. Un saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:23, 27 xullo 2006 (UTC)

RedirecciónsEditar

  • Si se pode con buscas diferentes acceder ó mesmo artigo. Hai que crear unha redirección. Faise do seguinte xeito. Se queres que buscando NaCl se vaia á páxina de Cloruro de sodio, tes que crear a páxina NaCl e nela escribir:

#Redirect [[Cloruro de sodio]]. Fai a proba. Para as demais, segue a mesma estrutura.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:50, 27 xullo 2006 (UTC)

TáboasEditar

  • Boas compañeiro, vin o que expuxeches na taberna. Comentarche que as táboas (neste caso, as templates) das plantas sóen estar prefixadas nun deseño previo e no cal, despois asignase en por común a todas elas. Con respeito as raias que pasan por enriba das táboas; tratarei de mirarlle algunha solicuón este fin de semana, pero non che prometo nada. Un saudo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:20, 28 xullo 2006 (UTC)
  • Acabo de ver a redirección. En pouco tempo has saber máis ca min. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:17, 28 xullo 2006 (UTC)

Incorporoche o texto no lugar correspondente xa que por erro estaba na túa páxina de usuario:

  • Si se pode con buscas diferentes acceder ó mesmo artigo. Hai que crear unha redirección. Faise do seguinte xeito. Se queres que buscando NaCl se vaia á páxina de Cloruro de sodio, tes que crear a páxina NaCl e nela escribir:

#Redirect [[Cloruro de sodio]]. Fai a proba. Para as demais, segue a mesma estrutura.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:50, 27 xullo 2006 (UTC)

  • Acabo de retocar a mensaxe anterior, en concreto o que tes que escribir na redirección--Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 27 xullo 2006 (UTC)

BorradoEditar

Borrado o artigo que me solicitaches. Non me dás a lata, son un segundos facelo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:55, 28 xullo 2006 (UTC)

Caixa de datos da imaxeEditar

Creei a caixa de datos da foto Image:Herba salgueira.jpg respectando os datos que ti puxeras.

A continuación, entre dúas raias horizontais, colócoche o que debes escribir para crear a caixa se sobes unha foto realizada por ti mesmo e con esa mesma licenza ca esa (Só tes que copialo texto e substituír o que está en verde):


{| id="toc" style="margin: 0em 0em 0em 0em; "

|[[Image:Copyleft symbol.png|20px]] - '''http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Nome_da_imaxe (os espazos escríbense con _ )'''

:Orixe/''Source'':Elaboración propia (''self made'')

:Autor/''Author'':http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Taboada

:Copyright: '''Cc-by-sa-2.5-es'''

:Publicada por/''Publish by'':http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Taboada

:Data/''Date'':Escribe a data

|}

{{Cc-by-sa-2.5-es}}


Espero que che sexa de axuda para simplificares a subida de fotos, ás veces tediosa. Saúdos--Lmbuga Commons - Galipedia 09:08, 1 agosto 2006 (UTC)

Wikipedia:Xornal da GalipediaEditar

Ola Taboada!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Benvida tardíaEditar

Pasaron case tres meses desde a túa primeira contribución e non quería deixar de darche a benvida ao proxecto. É unha sorte para nós contar con un colaborador coma ti. A Galipedia está medrando pero para mellorar en calidade necesita editores que contribúan en campo especializados e o traballo que estás a facer cos artigos relacionados coa Química beneficia enormemente a este proxecto. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:58, 3 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Taboada. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

HClEditar

Puxen o marcador {{enuso}} no artigo HCl que creaches hoxe. Adiviño que era o que pretendias ao escribir "EN PREPARACIÓN (Luns 22 xaneiro 2007)": que non se cree este artigo porque o estás a preparar ti, non? Existen máis marcadores deste tipo en Wikipedia:Mensaxes_predefinidas. --Xosé (✉) 14:03, 22 xaneiro 2007 (UTC)

AniversarioEditar

Ola Taboada. O pasado 5 de xullo cumpríuse un ano desque estás connosco. Quero dicir que seguín con atención a túa contribución, demostra que non é preciso que as edicións sexan moi numerosas para que sexan valiosas para o proxecto. Parabéns pola túa contribución e grazas pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:09, 10 xullo 2007 (UTC)

Datos dos ficheirosEditar

Ola Taboada, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2015 ás 19:26 (UTC)

Posible conflito de interesesEditar

Ola Taboada. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2020 ás 22:58 (UTC)

Ánxela LoureiroEditar

Ola, subín a Commons a imaxe que subiras ti na Galipedia de Ánxela Loureiro. Por favor, revisa por se non estás conforme con algo. Unha vez que xa está en Commons e WD non é necesario manter o ficheiro na Galipedia, por iso escribo para consultar a túa opinión sobre este borrado. Xa me contas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 27 de maio de 2020 ás 10:12 (UTC)