Lonicera

xénero de plantas

Lonicera é un xénero de plantas con flores pertencente á familia Caprifoliaceae. As especies incluídas dentro deste xénero normalmente son coñecidas polo nome popular de madreselvas[1] ou chuchameles[2] (ademais dos múltiplos nomes vulgares en galego das diferentes especies).

Son arbustos arqueados ou parras sarmentosas, a maioría con doces fragrancias, flores con forma de campá. Hai unhas 180 especies de madreselvas.

Etimoloxía

editar

Sábese que o termo madreselva se usou durante moito tempo para designar as especies integrantes do xénero Lonicera, aínda que este apelativo deberíase aplicar só para designar a especie Lonicera caprifolium L., planta sarmentosa que se encontra nos bosques europeos, e chamar todas as demais simplemente como loniceras.[Cómpre referencia]

O termo "Lonicera" foi usado por primeira vez por Linné en 1753 adaptando ao latín o apelido "Lonitzer", en honra ao botánico Adam Lonitzer (1528-1586), médico que exerceu en Frankfurt.[3]

Outros nomes vulgares

editar

En galego existen multitude de nomes para as diferentes especies de Lonicera, ás veces uns mestúranse con outros. Entre eles: madreselva (var. madresilva), cabrifollo (var. cadrifollo), herba salgueira, bigorda, chuchamel (zugameles, sugamés, zugos), altasebes, garnicela etc.

Descrición

editar

As follas son opostas, ovais simples, e de 1–10 cm de lonxitude. A maioría son caducifolias e algunhas son perennifolias. Moitas das especies presentan flores que presentan un olor perfumado, producindo un doce néctar comestible. A froita é unha baga de coloración roxa, azul ou negra contendo varias sementes; na maioría das especies as bagas son levemente tóxicas, porén algunhas (como a Lonicera caerulea) teñen bagas comestibles. Estas plantas son a base de alimentación das larvas dalgunhas especies de Lepidoptera.

A madreselva xaponesa e a madreselva de Amur (Lonicera maackii) están consideradas como plantas invasoras en EUA e Nova Zelandia. As madreselvas poden ser controladas: cortándoas, queimándoas, ou queimando as raíces e repetindo a operación ás dúas semanas até que as reservas das raíces se esgoten.

A Lonicera xylosteum é unha planta usada en homeopatía para tratamento de asmas, dificultades respiratorias e sífilis. A Lonicera periclymenum é usada como remedio homeopático para o tratamento da irritabilidade con explosións violentas.

A Lonicera caprifolium é moi apreciada como planta ornamental, debido ás súas bonitas e aromáticas flores.

Especies

editar

Especies máis comúns en Galiza

editar

Listaxe xeral de especies

editar
Flora americana
Flora asiática
Flora europea

Híbridos naturais

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Harry Garms: Pflanzen und Tiere Europas, Taschenbuchausgabe, München (dtv) 1969, ISBN 3-423-03013-5
  • Rubina Akhter: Lonicera in der Flora of Pakistan: En liña.
  • Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  • Werner Rothmaler: Exkursionsflora für die Gebiete der DDR und der BRD, Gefäßpflanzen. 1. Aufl., Volk und Wissen Volkseigener Verlag Berlin 1972

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar