Saralopezschez
Benvido(a) á Galipedia, Saralopezschez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 17 de xullo de 2018 ás 17:47 (UTC)
Formato editar
Ola, Sara. Observa os cambios feitos a partir da túa primeira versión e así aprendes para próximas edicións. Se tes algunha dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de xullo de 2018 ás 17:47 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar
Ola Saralopezschez.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 17 de xullo de 2018 ás 18:23 (UTC)
#MdeMuller editar
Ola, Saralopezschez!
Vexo que creaches os artigos sobre Kathrine Switzer e Elisa Leonida Zamfirescu. Imaxino que foi no marco da actividade #MdeMuller organizada en Marineda City.
Moitas grazas! Os artigos teñen agora varios marcadores de atención para que sexan adaptados ao formato habitual dos artigos enciclopédicos (revisión de referencias, inclusión de categorías, ligazóns internas, revisión ortográfica etc.) Anímote a seguir editando para contribuír a reducir a fenda de xénero. Se tes calquera dúbida podes preguntarlle a calquera membro da comunidade deixándolle unha mensaxe na súa páxina de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xullo de 2018 ás 08:50 (UTC)
- Parabéns polo traballo, se tes calquera dúbida podes preguntar en Wikipedia:A Taberna (axuda) e alí axudarémosche co que sexa :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 09:39 (UTC)