Elisa Leonida Zamfirescu

enxeñeira romanesa

Elisa Leonida Zamfirescu, nada en Galați o 10 de novembro de 1887 e finada en Bucarest o 25 de novembro de 1973[1], foi unha enxeñeira romanesa e unha das primeiras mulleres do mundo en obter un grao.[2][3][4] Naceu en Romanía mais obtivo o título en Berlín. Durante a primeira guerra mundial dirixiu un hospital en Romanía.

Elisa Leonida Zamfirescu
Elisa Leonida Zamfirescu.jpg
Nome completoElisa Leonida Zamfirescu
Nacemento10 de novembro de 1887
Lugar de nacementoGalați
Falecemento25 de novembro de 1973
Lugar de falecementoBucarest
NacionalidadeRomanía
Alma máterUniversidade de Copenhague e Universidade Técnica de Berlín
Ocupaciónenxeñeira, mestra e inventora
IrmánsGheorghe Leonida, Dimitrie Leonida, Natalia Leonida e Adela Leonida-Paul
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Elisa Zamfirescu naceu en Galați, Romanía o 10 de novembro de 1887. O seu pai, Atanase Leonida, era un oficial, mentres que a súa nai , Matilda Gill, era a filla dun enxeñeiro de ascendencia francesa.[3] O seu irmán, Dimitrie Leonida, tamén foi enxeñeiro.

Despois de acabar o instituto tentou inscribirse no Escola de Pontes e Camiños de Bucarest,[5] pero foi rexeitada debido aos prexuízos sexistas[4]. Marchou a Berlín, e en 1909 inscribiuse na Universidade Técnica de Berlín, en Charlottemburg, onde se graduou en 1912.[3] Tras ser rexeitada, o decano tratou de convencela de que renunciase, citando «os tres K» -kirche, kinder, küche (igrexa, nenos, cociña)- que definían o perfil da muller naquela época. Considerouse que Zamfirescu era a primeira muller enxeñeira do mundo,[5] pero a irlandesa Alice Perry graduouse seis anos antes que Zamfirescu, en 1906.[6]

CarreiraEditar

De regreso a Romanía, Zamfirescu traballou como asistente no Instituto Xeolóxico de Romanía.[5] Durante a primeira guerra mundial, uniuse á Cruz Vermella[7] e dirixiu un hospital en Mărășești, Romanía. En 1917, o seu hospital recibiu os feridos da batalla de Mărășești entre os exércitos alemán e romanés.[4] Foi unha vitoria para Romanía durante 28 días durante os cales arredor de 12 000 romaneses e máis de 10 000 alemáns resultaron feridos.[8] Durante ese tempo, coñeceu e casou co químico Constantin Zamfirescu, irmán do político e escritor Duiliu Zamfirescu.[2]

Durante a guerra, Zamfirescu regresou ó Instituto Xeolóxico. Liderou diversos laboratorios xeolóxicos e participou en estudos de campo, incluíndo algúns nos que se identificaron novas fontes de carbón, gas natural, cromio, bauxita e cobre. Zamfirescu tamén ensinou física e química.[2]

NotasEditar

  1. "Enciclopedia Romaniei". 
  2. 2,0 2,1 2,2 True Romania (ed.). "The first woman-engineer in Europe". Consultado o 10 de xuño de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Marcu, George. "ROMÂNCE CARE NE FAC CINSTE: ELIZA LEONIDA-ZAMFIRESCU". Reteauakiterara.ning.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Michallon, Clémence (10 de novembro de 2018) Elisa Leonida Zamfirescu: 5 things you need to know about one of the world's first female engineers. Independent.co.uk
  5. 5,0 5,1 5,2 Cociuban, Anca. "Elisa Leonida Zamfirescu – First female engineer in the world". Amazing Romanians. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  6. Irish Architectural Archive. "PERRY, ALICE JACQUELINE". Dictionary of Irish Architects 1720–1940. Irish Architectural Archive. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  7. Michallon, Clémence (9 de novembro de 2018). The Independent, ed. "Elisa Leonida Zamfirescu: 5 things you should know about one of the world's first female engineers". Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  8. "Bătălia de la Mărăşeşti, pe unde nu se trece!". Historia.ro. Consultado o 10 de novembro de 2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Marcu, George; Ilinca, Rodica (2009). Dicţionarul personalităţilor feminine din România (en romanés). Bucarest: Meronia. pp. 147–148. ISBN 9789737839558. OCLC 729981912. 
  • Năstase, Gabriel I; Olteneanu, Mihai; Dudea, Paul (2002). Personalităţi ale ştiinţei şi culturii româneşti: Familia Leonida (en romanés). Bucarest: Editura Ion Basgan. pp. 65–127. ISBN 973968159X. OCLC 678524137.