Sabela elena maria
Benvido(a) á Galipedia, Sabela elena maria!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]() Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. ---RubenWGA (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 22:32 (UTC)
Biblioteca Gallega / Andrés Martínez Salazar
editarOla Sabela.
Engadiches, no artigo Biblioteca Gallega, contidos que deberían ir no artigo Andrés Martínez Salazar. Poderías retiralos do primeiro, e, si o estimas oportuno, engadilos ao segundo?
Graciñas, un saúdo e a seguir? --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2017 ás 21:13 (UTC)
Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. ☣Banjo tell me 20 de abril de 2017 ás 11:37 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
editarOla, Sabela elena maria. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 11:57 (UTC)
- Por exemplo, nas túas edicións do artigo Biblioteca Gallega. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 11:57 (UTC).
Axudas ortográficas
editarOla Sabela elena maria. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Biblioteca Gallega".
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 11:58 (UTC)
Boas tardes Sabela elena maria. Aconséllolle botar unha ollada ao libro de estilo para informarse un pouco máis de como editar na Galipedia. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 12:00 (UTC).
"Contar con"
editarOla Sabela.
Desfixen a túa edición. A expresión "contar con" non ten ese significado segundo o Dicionario da RAG [1]
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2017 ás 10:42 (UTC)