Dámosche a benvida á Galipedia, Omerlobranco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2023 ás 20:47 (UTC)Responder

Fotos Celeiros editar

Ola!

Que ben que subises a Commons as fotos de Celeiros. Sería fantástico se lles engadises as coordenadas, para poder xeolocalizalas. Sería cuestión de engadirlles o modelo {{Location|42,11111|-8,11111}} (coas coordenadas de cada lugar, claro!). Isto é bastante útil para xeolocalizar algúns elementos.
En relación con isto, está a ferramenta WikiShootMe, que che permite navegar por un mapa vendo os elementos existentes nas diversas Wikipedias (en realidade, existentes en Wikidata) e ver se teñen ou non foto.

Por outra banda, anímote a editar tamén na Galipedia coa conta esta. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2023 ás 20:49 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Omerlobranco. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xuño de 2023 ás 12:37 (UTC)Responder

ligazón externa editar

Ola, Omerlobranco; no artigo de Celeiros, Ponteareas pasei o enlace que puxeches en "Ligazóns externas" a referencia na sección onde se fala dos piñeiros. Aproveitei para darlle formato. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2023 ás 10:06 (UTC)Responder

Ok Omerlobranco (conversa) 19 de xuño de 2023 ás 14:54 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Omerlobranco. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2023 ás 20:27 (UTC)Responder

Referencias editar

Ola Omerlobranco.

Por favor, inclúe referencias ás fontes dos contidos que achegas (WP:NON, WP:CITE, WP:FF, WP:V ...).

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xuño de 2023 ás 20:54 (UTC)Responder